miércoles, 9 de marzo de 2011

Choqueiradas

Pasei media tarde de martes de entroido poñendome o día do último que aconteceu en Sanxenxo e das últimas entrevistas que se publicaron, que máis que entrevistas se poden denominar "choqueiradas" xa que teñen máis de subrealistas que de veracidade.

Faime gracia ler como Louzán di que confirman a Catalina como candidata do PP pero seguen a negociar cos críticos, inda que según os últimos datos estes últimos confirmaran o xoves o alcaldable, que despois de moitas presións e visitas a Vilalonga parecer ser que o final aceptou e mesmo o Paco Villaverde e G.P. de Vilalonga, moi coñecido en Vilalonga polos televisores, que tan ben fixo de intermediario e se poñen a súa disposición para ir na lista si fai falta.
No número 3 vai un ex-xogador de fútbol do Pontevedra, que percorreu España dandolle o balón pero que agora que voltou para a casa o seu nome soa con moita forza, ten a vantaxe de ter un irmán na xerencia de urbanismo que o poña o día. Catalina lembraste de certo despido na gardería con xuízo incluido? Creo que cho van lembrar durante a campaña.
Curisosos son as veces os desaiunos que se fan no Carlos I  como o do candidato co ex-presidente dun clube de fútbol, ex-propietario dun pub  hai un par de días, este último xa sonou forte para ser integrante na famosa lista de consenso que Louzán tanto soña con ela, será que busca candidato por Dorrón? Interesante ver o número 1 dos críticos compartindo café co número 3 de Catalina.
Agora so falta coñecer o de Noalla.

Triste comenzo na política da man dos resentidos, e tendo como precedente que son os mesmos que puxeron a Catalina no governo e cando Catalina non accedeu as pretensión privadas enseguida ameazaron co novo partido, vale a pena estar suxeito a este lastre? Cabe destacar que coa xestión que esta facendo Catalina tampouco é moi complicado facelo peor pois as únicas pretensións que se estan vendo son as particulares porque as dos veciños levan máis de 4 anos sin verse.

Pero máis irónico me parece o de Paz, mentras Catalina di que por ela non hai problema que vaia na lista, home claro, porque si o partido llo manda habera que metela inda que sexa a golpes, a pesares de que Paz proclamase os catro ventos que nunca volveria ir nunha lista con Catalina, e agora que? interese o preocupación polos veciños?

Sobretodo despois de ver a inauguración que fixeron os meniños de Vilalonga reclamando o novo colexio e claridade na información.

Non sei si estos días andaran con careta ou xa non lles fai falta, pero é curioso mirar como se pisotean uns a os outros e logo apareceran todos xuntos na mesma foto e si me descoido ata agarraditos da man, non vaia ser que o "negocio" peche por falta de ingresos. Din que a hábito non fai o monxe, pero en Sanxenxo o hábito do PP adquire distintos tonos pero non deixa de ser o mesmo hábito.

Presentase época de anuncios, de promesas populares e como non aforraron para obras faraónicas lembranse de limpar as silveiras e levaban tempo criandose polo concello adiante. Sempre lle quedara volver ir a comer camaróns a Soutomaior.