lunes 10 de agosto de 2009

O que nos custa INSULA

Vamos a desglosar os orzamentos deste ano 2009 según as empresas municipais que o conforman:




ORZAMENTO 2009



Entidade local
30.470.027,17



O. A. Terra Sanxenxo
5.222.000,00



O.A. Xerencia de Urbanismo
2.753.631,31



Previsión Sociedade
12.275.536,30
Mercantil Nauta

Previsión Sociedade
10.994.901,74
Mercantil Insula


Sumatorio Provisional 61.716.096,52

Eliminacións internas -6.468.631,31

TOTAL ORZAMENTO 55.247.465,21



INSULA SANXENXO SL, 2009
Persoal 86.500,00
Alugueiro 8.500,00
Luz 600,00
Telefono+internet 3.100,00
Outros gastos 1.000,00
Traballos feitos por outras empresas 25.300,00
Inversión novas en infraestructuras 3.179.550,00
Inversións novas 7.690.351,74
TOTAL 10.994.901,74

En total Insula ten uns gastos de 125.000€ para poder funcionar, algo moi irónico porque ata o día de hoxe que se saiba non se fixo nada máis ca un listado de demandantes e cobrarlles polo padrón.
Dos 10.869.901,74€ restantes son "seica" para poder empezar a funcionar a empresa, con dúas promocións, poder dar sentido a empresa. E así poder dispoñer vivendas en aluguer ou poder mercalas para "os máis necesitados" (como sexan os mesmos ratios de acceso que hai un par de anos, poucos necesitados accederan).
Asi que temos case 11 millóns de euros para ter algunha vivenda VP pero a estas alturas en Insula inda non se fixo nada, todo queda en cifras moi bonitas escritas en papel e nas notas de prensa que tanto venden na web pero a realidade é outra ben distinta: INSULA so da gastos, porque vivendas nada de nada.

21 comentarios:

  1. ou sexa, Insula levanos custado en tres anos uns 375.000€ para nada, si Sr. eso e xestión municipal.

    Non entendo o que quere decir novas infrastructuras, alguén mo podía explicar.......... A non ser que se preparen que queiran facer o novo ZP. ou sea competencia desleal as empresas que pagan os impostos. Como viven un bo momento..... Ou será pa seguir contratando eles a xente e venderlle o favor, que coaq necesidade podeselle chamar chantaxe.

    Si e así e de xuzgado.

    ResponderSuprimir
  2. que queren xogar a empresarios agora? ke o fagan cos seus cartos, pero non cos de todos.

    ResponderSuprimir
  3. Home claro, para iso modificaron os estatutos no mes de abril, si mal non me acordo, para poder asi comprar vivenda xa feita e podela vender.

    ResponderSuprimir
  4. Para non facer nada teñen uns gastos demasiado elevados e tendo en conta que algún que outro empregao presta os seus servizos noutro departamento doutro organismo.

    ResponderSuprimir
  5. concretamente a rapaza que está contratada en insula, está a traballar en servicios sociais.
    eso é ético?, moito máis tratándose de unha empresa pública que debería dar exemplo nas contratacións.

    ResponderSuprimir
  6. o que non é de recibo é que se gasten 8.500 euros en alquiler cando esa oficina podia estar en calquer cuarto das outras instalacións xa que non ten volumen de traballo. Logo paganse 86500 euros de sueldos para facer que traballo???? 3000 euros en telefono a onde chaman?? a Arxentina.

    Pero esto é Sanxenxo

    ResponderSuprimir
  7. A miña pregunta es ¿para que temos un concelleiro de deportes si nunca entrega un premio nas regatas e si o fai Salvador? acaso o de entregar premios non entra nas suas remuneracións???

    http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/regatas-todos-gustos/idEdicion-2009-08-11/idNoticia-456929/

    e de insula mellor non falar que parece que tamen ten problemas de humidades como o porto deportivo.

    ResponderSuprimir
  8. a rapaza de insula esta na xerencia a contaxiarse dos demais porque esos son outros que tal bailan

    ResponderSuprimir
  9. E si pertence a Insula que carallo fai nos outros lados????
    si cobra por insula que traballe en insula e sinon hai traballo pois que espabilen

    ResponderSuprimir
  10. esa rapariga faría oposición pa ocupar praza en insula non? en servicios sociais ouna xerencia requeriran outra cualidades, supoño.

    En canto o de Insula parecema comas que Don Quijote lle iba a regalar a Sancho. (na de na)

    ResponderSuprimir
  11. oposicións no concello de sanxenxo??? onde????.

    ResponderSuprimir
  12. PAZ ALCALDESA XA!!!!

    ResponderSuprimir
  13. pois toda pa ti. ou parece que non ten culpa do que está a pasar?. leva cobrando de concelleira cantos cartos? moitisimossssssss. e que fixo? aproveitarse das anpas e das asociacions de festas. Que lle fagan o traballiño.

    ResponderSuprimir
  14. VAI A SER A PROXIMA ALCALDESA, POR SUERTE PARA TODOS.

    ResponderSuprimir
  15. O que non cabe a menor duvida e que está tratando de ser a cabeza de lista nas eleccions do 2011, o que pasa e que Cati e mailos seus non se entera, ata ahí podemos estar de acordo, logo que gañen as eleccions con o número suficiente de concellais para poder gobernar, é algo tan dificil como que os que están con Catalina teñan personalidade propia e polo tanto algunha iniciativa.
    E mais facil que sexa cabeza de lista por o PP. o noso amigo Lores (ahora dimitido), ca que o PP gañe as eleccións, con elo xa o digo todo.

    ResponderSuprimir
  16. lores no PP??? ummmm non o vexo. jejejej

    ResponderSuprimir
  17. Mima¡ non queimedes a Paz inda, Paz e tan responsabel do que pasa coma Cati e o resto, o soldo que se puxo por nada, Unha concelleira que xa non se acorda como entrou a formar parte das litas do PP e sempre cobrou un soldo.
    Estoume acordar dos ultimos movementos do PP, Foros, Manolitos etc.
    Pero eu creo que A Paz en Villalonga querea pouca xente tanta coma o Leiro.

    ResponderSuprimir
  18. Eso de decir "OS DE CATI" ten coña.
    Teredes que decir "O DE CATI" porque solo lle queda un: Emiliño o Cotofón. Será que inda non acabou de desplumala.Non che é un socio fiable pero ela inda non o sabe.

    ResponderSuprimir
  19. Eso de decir "OS DE CATI" ten coña.
    Teredes que decir "O DE CATI" porque solo lle queda un: Emiliño o Cotofón. Será que inda non acabou de desplumala.Non che é un socio fiable pero ela inda non o sabe.

    ResponderSuprimir
  20. por fin parece que se lle encontra un lugar o club de piraguismo.felicodades e esperemos que se cumpla porque o merecen.

    http://www.sanxenxo.es/?idMenu=66&int1=1280

    ResponderSuprimir