Unha vez lido o informe do Consello de Contas sobre as contas do concello de Sanxenxo referentes ao ano 2006 aparecen as seguintes cifras:
A liquidez da que dispuxo o concello foi de 1,20%
O Endebedamento por habitante é de 865,42 €/h, sendo un dos máis altos da comarca do Salnés.
O gasto por habitante foi de 1.377 €
O investimento por habitante foi de 500,66 €
Os ingresos por habitante foron de 2.270,64€
Tributos propios e outros ingresos por habitante foi de 729,20€
O gasto de persoal por habitante foi de 242,22€;
O consumo público por habitante foi de 575,36€
No ano 2006 eramos 16.914 habitantes
Como podemos observar o investimento por habitante foi menos da cuarta parte dos ingresos xerados por habitante.
Sen embargo cada habitante xera un ingreso por tributos de 729,20 €, cun indice de 225,85 de presión fiscal, o indice maior dos concellos de entre 10.000 a 20.000 habitantes. No ano 2005 os ingresos por tributos eran de 682,42€ cun índice de 221,38. Para que logo digan que os impostos non suben.
(datos obtidos en : http://www.ccontasgalicia.es/pdf/INFORMES/ADMINISTRACION_LOCAL/2006/Informe_Xeral_I_2006_G.pdf)
Estes datos so son da Entidade Local, sen contar a Xerencia de Urbanismo, Nauta, Terra de Sanxenxo nin Insula.
Para consultar o resto de datos:
http://www.ccontasgalicia.es/pdf/INFORMES/ADMINISTRACION_LOCAL/2006/Informe_Xeral_I_2006_G.pdf
(Páxina 255 e seguintes)