lunes 31 de agosto de 2009

Centro de día

Empezamos hoxe facendome eco dunha información que teño contrastada de forma oral, xa que esta sendo investigada polas autoridades pertinentes, si, algo así como que hai medidas cautelares ou secreto de sumario; cada quen que escolla a mellor denominación.

A quen lle corresponde dirimir a realidade ou a falsedade das acusacións corresponde é a fiscalía e ao xuíz. E vos preguntaredes ¿de que estou a falar? Pois que o Centro de Día foi denunciado no Xulgado hai uns días.

Este feito xa é coñecido polas familias dos usuarios do Centro de Día, pola dirección do centro, pola Alcaldesa, pola asistenta social e por algún colectivo máis.

Sei que no momento que moitos lean isto non se enteraran e a outros se lle aclarara moitas cousas, normalmente cando dou unha noticia teño os datos na man por escrito pero neste caso os teño de palabras dadas por persoas implicadas por eso vou dicir que todo esto e “supostamente” ou “presuntamente” a min non me corresponde xulgar, para iso xa esta o sistema xudicial deste país inda que funcione con retraso pero si creo que é o meu deber comentalo e dentro dun tempo poder contar todo con datos, pero tamén quero deixar claro que o tema empeza a circular na rúa e os veciños temos dereito a información que cada día é máis escasa.

Dada a gravedade dos feitos denunciados esperemos que esto se aclare canto antes coas consecuencias que marca a lei sexa cal sexa a sentenza.

54 comentarios:

  1. si que se vai presentar movido este inverno. Tema delicado

    ResponderSuprimir
  2. Probablemente a única cousa que funciona ben en este concello.

    Iris non sei que buscas, Si que tedes temas candentes e preocupantes pero non vos enteraides, e asi vos vai.

    Donde estivo o Bng en todo veran?

    O goberno, a verdade e que da pena, pero vos dades noxo.

    Menosmal que cada día queda menos po goberno, é pos da oposición, aquí non se salva ninguén.

    Todos pa casa.

    ResponderSuprimir
  3. esta noticia non e nova, a min contaronme o tema hai 15 días e asegurovos que IRIS esta sendo moi comedida, non sei cal e o motivo pero no que estou dacordo e que o que vai dicir que funciona ben ou non vai ser un xuiz si se admite a denuncia a tramite que todo e problable que si.
    Ademais calquer información que se dea do que pasa no concello a min pareceme interesante é esta é unha máis
    o centro de día é necesario e útil, e si hai deficencias habera que denuncialas. Pero asi como digo que é bo tamén digo que a utilización politica que se esta facendo por parte do PP cada vez que levan a un politico para a foto é penoso.

    Temos dereito a información

    ResponderSuprimir
  4. polo que eu sei o que me contaron de esta noticia, o BNG non ten nadiña que ver. Nadiña, polo que me contaron, a cousa pode vir de outro partido.

    ResponderSuprimir
  5. tocajuevos, ti si que es tocajuevos!. Falas sen saber, e así che vai.

    ResponderSuprimir
  6. Porque dis que falo sin saber? debes saber ti moito, eu sei o que sei, e sei que é a denunciata, e con iso sobrame.

    AH e tamen conozco a varios que teñen alí algún familiar e ben contentos que están.

    ResponderSuprimir
  7. TOCAJUEVOS confirmas que la denuncia existe como dice IRIS???

    Si es asi, cuando haya una sentencia se aclarara todo, y por lo que a mi respeta IRIS en este caso solo informa de que hai esa denuncia non cuenta nada más porque creo que en ciertos circulos esa denuncia es VOX POPULI

    ResponderSuprimir
  8. Arreconcho eso saleu nos medios.

    ResponderSuprimir
  9. Todo que se esta decindo aqui, todo son patrañas e mentiras, ganas de liar o palangre, a Iris vaiselle a olla, que se dedique a prensa rosa.

    ResponderSuprimir
  10. Si, iris cantos artigos van con éste referente o Centro de Día, e cada vez éte recibe todolos certificados de calidade que se poden obter, ou tamen están amañados, o que teríades que disculparbos coa empresa concesinaria, traballadores e todo que conleva,
    Non ten o consorcio de Quin un igual, e xa non digamos un concello con goberno Naci-onalista

    ResponderSuprimir
  11. ajajajj esto é de coña. IRIS di que hai unha denuncia e sae Tocajuevos a confirmalo, enton xa son dous a afirmalo.

    Tamén recordo cando dixo que houbera reducción de xornada e o día seguinte saiu o da empresa concesionaria na prensa confirmando o dato.

    Pero claro a moitos parece que lles fastidia que as cousas salga a luz pero espero que IRIS as siga publicando e non so que nos enteremos un grupo de "afortunados"

    E que o centro de día pase a formar parte do consorcio non falta tanto.

    ResponderSuprimir
  12. Bos días:

    Aqui non se pretende nada máis que informar, son consciente que esta nova non interesa que se extenda. tamén sei que esta nova xa esta sendo investigada nalgún xornal polo tanto cando salga na prensa escrita tamén ¿pretenden algo?

    Sei que molestou moito que contase esto pero moitos tamén saben que calo máis do 90% da información para non prexuzgar pois nin afirmo nin nego os feitos, a min eso non me corresponde.

    E sigo mantendo que a idea do centro de día é boa, que a finalidade coa que naceu é boa pero si algo pasa temos o mesmo dereito a saber o que pasa igual que as cousas que acontencen na piscina ou no concello, que para eso ese centro de día é municipal.


    Claro que hai máis temas neste concello que comentar e máis que habera estes próximos meses pois algúns inda estan xermolando. E como sempre digo tempo o tempo

    ResponderSuprimir
  13. A toda a esta información que acabades de escribir, faltavos un punto moi importante, e é que quen ten unha denuncia por parte da empresa que xestiona o centro de día é unha persoa que estuvo en prácticas no centro de día e que fixo unha serie de acusacións moi graves, calumnias e intromisión na vida de usuarios, o cal tera que demostrar ante un Xuíz.
    E si digo isto e porque teño probas de elo, e non por faladurias ou díxomes... E podovos dicir que xa fai uns bos días que ten a denuncia interposta.
    Pero creo que para mais información tamén se lle pode preguntar a Xosé Luis Rodríguez, que ten información de primeira man...

    ResponderSuprimir
  14. non ten nada que ver esta denuncia coa vertida no seu día polo BNG. Eu son pariente directa de unha traballadora, e sei de boa man, que o publicado daquela era todo certo e que houvo esa reunion das traballadoras co BNG, e corroboraron todo o escrito, así que non creoque teñan que pedir desculpas a ninguen.
    Pero tamén digo que nesta denuncia non ten nada que ver o BNG, senon o VIPS ("supuestamente"), e é máis, falando con unha amiga miña do BNG, nin ela da crédito de que o que pon esa denuncia sexa certo.

    Non ten nada que ver unha cousa coa outra. O único que teñen en común é que se trata do centro de día. Nada máis.
    Agora terá que ser un xuíz o ten que facer o seu traballo. A cousa en cuestión é grave.

    ResponderSuprimir
  15. a alcaldesa dedicalle casi unha paxina enteira o foro popular, qué pouca intelixencia politica,dixo fai uns meses que nunca lles contestaría. parece que está moi nerviosa, inquieta.non é parva e sabe que chega o seu final político.NON SON PARVOS OS DO FORO!

    ResponderSuprimir
  16. Dame que máis dun quedou mudo, antes moito criticar e agora que se empezan a coñecer datos cala.

    Pois eu quero saber todo o que ali acontence e cheirame no fuciño que aquí faltan datos

    ResponderSuprimir
  17. Iris, mira que diver está o blog de Atalaya ja ja ja, como se tiran os trastos os do PP jajaja.
    Moito de falar de Roberto e mira ajhora.

    ResponderSuprimir
  18. (contrastada de forma oral),“supostamente” ou “presuntamente” esto no es información veraz, esto son simples chismes, para esto ya existen programas basura . Parece mentira que se hable por hablar, cuando se esta tratando un tema tan serio. Iris con esto no se gana lectores. Se mas sensata

    ResponderSuprimir
  19. Vamos a aclarar un par de conceptos:

    1º) contrastada de forma oral= pois porque mo contaron as persoas implicadas e non tiven a denuncia escrita na man.

    2ª supostamente: porque eu non sei si os feitos que denuncian son reais ou non, simplemente relato o que me fixeron saber.

    Eu non pretendo gañar lectores, a estas alturas que me crea quen queira e o que non que non o faga. Simplemente eu soio opinaba de algo que me contaron persoas implicadas.

    Con relación o tema do foro popular o que pensaba que no PP ia todo de maravilla estaba equivocado e agora que Catalina entrou o trapo con unha entrevista a guerra acaba de comenzar.

    Sigo dicindo que a información e vital e poder expresarse libremente é un dereito que temos recoñecido, cada quen é libre de pensar si mintes ou dis a verdade.

    un saúdo

    ResponderSuprimir
  20. E curioso que se de a información de que existe unha denuncia o centro de día, e non se faga en ningún momento mención nin de quen e a persoa que a interpuxo nin o motivo de tales feitos. O único que existe e palabrería barata, e penso que estades a falar de un tema moi serio como para tomalo ca "chacabanería" que o estades a facer.
    Por outro lado, hai un comentario no que se di que quen presentou unha denuncia foi a empresa que xestiona o centro de día a unha persoa que estivo en prácticas, e a este comentario non lle facedes nin a máis mínima mención. Parece como si este apartado non vos importase e soamente vos importase o dar informacións que poidan destruir e facer dano.
    Hai que ser más serios e cando se da unha información debe de ser contrastada e saber do que se fala. Pero claro, iso non vende, nin da morbo... Pero xa que tanto presumides de dar información, facedeu con conocimiento de causa e con datos fundamentados, que e a base de unha boa información... O resto e todo palabrería...

    ResponderSuprimir
  21. Si existe unha denuncia da concesionaria contra a denunciante primeira, pero tamén se deron máis pasos:
    - ambos demandantes xa se puxeron en contacto coas familias e estan sabedoras de todo, por iso o que decidira sera un xuíz
    A segunda noticia foi feita unha semana despois da primeira e cando se empezaba a correr este feito.

    E si non se conta máis é para non enlodar máis este proceso pero si que a noticia da demanda o centro do día sigo pensando que debia contala, e ractificome en todo o dito.

    ResponderSuprimir
  22. Creo que tes informacións erróneas, e deberías de enterarte mellor... Porque non son certo cousas que estas relatando...

    ResponderSuprimir
  23. MOITO DICIR QUE HAI INFORMACIÓNS ERRONEAS PERO NON ACLARADES NADA, SIMPLEMENTE QUEREDES DESVIAR O TEMA E QUE A XENTE QUE LEE O BLOG CREA QUE OS DATOS SON FALSOS CANDO ESO NON E ASI.

    VAIA MANEIRA DE DESVIAR, ATA QUE IRIS COMENTOU O TEMA AQUI NADIE DIXO NADA E E UN DOS POUCOS SITIOS ONDE PODES TOPAR DATOS PORQUE SI QUERES SABER INFORMACIÓN DO CONCELLO A PAXINA WEB DEIXA MOITO DE DESEXAR XA QUE PARECE A WEB DO PP PORQUE SE OBVIA MOITA INFORMACIÓN.

    POLO TANTO EU QUERO DATOS E INFORMACIÓNS E POR MOITOS INTENTOS DE DESVIAR O TEMA ATA QUE SE DEMOSTRE O CONTRARIO EU ESTOU DACORDO CO QUE DI IRIS NESTE TEMA

    ResponderSuprimir
  24. De acordo ou non, dado o tema penso que debemos olvidarnos do mesmo hasta que os xuices aclaren as cousas, o tema e moi seri (de ser verdade, eu creo tanto a uns como os outros), por mor dos internados, das suas familias, dos traballadores, do denunciante so o hai, etc, seamos cauto pois a verdade non e a que queira cada parte, simplemente e a que resolvan os xuices, repito que non teño idea de si é verdade. Pero mil temas temos para que especulemos con cousas tan serias, e que por outro lado ¿quen tería interese en que as cousas se fixesen mal no c entro?.

    ResponderSuprimir
  25. o xuicio xa se celebrou iris,¿NON ESTAS INFORMADA IRIS DO QUE PASOU?.

    ResponderSuprimir
  26. o xuicio xa se celebrou iris,¿NON ESTAS INFORMADA IRIS DO QUE PASOU?.

    ResponderSuprimir
  27. que pouca vergoña teñen os politicos, o malo e que a cabeza de turco caeuñe unha boa e eles lavan as mans. Quen lle dera a moitos vellos estar coidadados como os k van o centro.

    ResponderSuprimir
  28. Dame a impresión de que neste blog solo se conta o que vos interesa, porque según as miñas fontes de información, o xuizo celebrouse o día 21 deste mes, e a denunciada, non se presentou. Así como si que se presentou a parte demandante, o centro de día, o os correspondentes testigos. Porque non contades as cousas coma son, e non a medias. Parece que vos gusta meter a palla no ollo, e solo facer crónicas de desprestixio. Eu teño un familiar no centro, e sei coma se funciona porque vou a moi diferentes horas e sin avisar, e do que esta persoa dí non hai unha soa verdade. E si así fora, que se dexei de ir con difamias e que acuda os xuizos e que o poña en coñecemento das autoridades competentes. Vasta xa de facer mal... Porque tamen teño entendido que detrás de todo esto está o Sr. Rodríguez de VIPS. E Iris cando des información procura saber as versións das partes implicadas. E moi fácil escribir nun blog sin dar a cara. Pero os que temos alí as nosas familias, si que sabemos o que ocurre.

    ResponderSuprimir
  29. Ola

    Eu informei de que habia unha denuncia posta por unha persoa que fixo ali as prácticas.

    Como ben dixen eu non ia entrar a valorar a veracidade dos feitos denunciados xa que a min non me corresponde, para iso xa estan os xuices.

    O Xuicio do día 21 era do centro de día contra a demandante e esta se presentou tarde polo que o xuíz a dou como incomparecente.

    A miña opinión dareina cando teña a sentencia, non me posicionei neste tema nin penso facelo de momento e quen ten que demostrar os feitos é a demandante non eu.

    Por outra banda este tema non esta pechado e si informar de que hai unha denuncia pode molestar o sinto, pero o vou seguir facendo.

    Podería contar máis do que conto pero non o fago por respeto aos usuarios e guste ou non vou seguir na mesma liña.

    ResponderSuprimir
  30. Tamén quero aclarar que o xuicio do día 21 foi un xuicio de faltas, onde a dirección do centro de día era o demandante.

    Inda falta por celebrar o xuício por vía penal qué o xuicio da qu denunciou contra o centro de día.

    Polo tanto cando teñamos o resultado dos dous xuicios poderemos valorar,mentras eu non penso facelo xa que nunca dixen cales foron os motivos das denuncias feitas polos dous bandos.

    ResponderSuprimir
  31. Que fagas coñecemento de unha denuncia non molesta en absoluto. Creo que se debe de facer, pero sempre ca verdade por diante, e precisamente non e algo que che caracterize. E creo que estas nun erro, porque polo que me contaron e polo que me informei porque como familiar interesame e moito, a denuncia non era da dirección senon da empresa que leva o centro. E que foron de testigos familias de usuarios e usuarios. E que tamén teño entendido que non so lle puxeron esta denuncia, senon que ten outra pola via penal. Confiemos en que cando se sepa das sentencias, sexan a favor de quen sexa, as publiques. Porque me da impresión de que a túa balanza tira só cara un lado. Polo tanto a túa información, queda en entredito...

    ResponderSuprimir
  32. Estas a especular sobre algo que non sabes si vai pasar ou non. En ningún momento nas declaracións de Iris eu percibo un favoritismo por ningunha das dúas partes.
    É máis, ela non é xuíz, fai ben en non opinar ao respecto. Da a noticia de que hai unha 1ª denuncia de esa persona. A min tamén me chegaron informacións de que a denuncia penal (a 1ª) é de esa señora a tres traballadoras do Centro de día. E logo elas posteriormente denunciaron (elas ou a empresa).
    Terá que esta señora demostrar o que está insinuando. Repito, eu non vexo posicionarse a Iris a este respecto. Vexoa moi correcta, coma sempre.
    E eso de que mente.... máis mentira da que se fixo no centro de día non hai.
    Eu desta señora poñoo en tela de xuízo, agora ben, o denunciado hai un ano, CREEOMO a pes xuntillas. Teño moitas informacións ao respecto, incluso de acreedores. Eso creomo, e se o negades, quenes mentides sodes bos.
    Por ceerto, deixa de decir e repetir que es un familiar. Xa que non cola... Pero bueno, tes todo o dereito a defendete anónimamente.
    Repito, non creo na denuncia de esta muller (personalmente), pero ti sabes que as cousas non son de color de rosa alí dentro...ooutra cousa, e que ti non poidas decir nadiña, normal, vaiche no soldo...

    ResponderSuprimir
  33. a denunciante fixo o que lle mandaron os seus amigos os politicos, e no xuicio, a parte de chegar tarde non pudo demostrar o que denunciou.
    O problema vai a ser quen vai pagar a multa por calumnias e difamacions, x k decir dicense moitas cousas, o caso e cumplilas.

    ResponderSuprimir
  34. Ola

    cando se produzcan as sentencias e as teña na man si falarei.

    eu tamén teño os datos de primeira man e si quixera polemizar podería contar a versión das duas partes, porque si a teño.

    poderia contar os pasos que deron ambas partes pero non o vou facer, eu so informei da denuncia e informarei cando haixa sentenza, sin máis.

    por outra banda si eres familiar deberías esperar tamén a que haixa unha sentencia ao respeto.

    quen di a verdade ou mente vaise saber co tempo, eu podo ter un punto de vista distinto pero a denuncia é real co cal non hai mentira.

    e máis si queres dar o teu punto de vista mandame un mail que non terei problema en publicalo sempre e cando se respeten as normas e si se dan datos sexan contrastables.

    ResponderSuprimir
  35. eu tamen teño os datos de primeira man e conozco as duas partes implicadas. e tamen sei o x k de todo estoasi k.............

    ResponderSuprimir
  36. esta vez non foi o BNG, quen será, a min dixeronme que son os VIPS, ti k dis iris

    ResponderSuprimir
  37. O BNG non ten nada que ver.

    O máis curioso deste caso é o seguinte: uns días antes da denuncia o VIPS saia na prensa felicitando o centro de día, xa que fixeron unha visita e logo uns días despois ponse esta denuncia, polo que sei algúns membros de VIPS foron coñecedores de dito feito xa que a demandante é militante ou simpatizante desta agrupación, xa que foi interventora na campaña municipal e acude a tódolos seus actos, ademáis a relación entre eles é moi fluida, co cal o sabían.

    Por iso supostamente nunca se pronunciaron o respeto xa que o tema é moi contradictorio.

    ResponderSuprimir
  38. Tes razón Iris, o BNG non ten nada no asunto, pero vips SÍ, e ti mesma o reconoces que a demandante e militante, e ademais non sabe en que problemon se meteu por k quere demostrar algo que non e verdade nin entende nada do tema relaccionado co trato acertas persoas dependentes e cunha enfermedade determinada, o sea k para ela todo e malos tratos.

    ResponderSuprimir
  39. k calada estas IRIS, seica non saliron as cousas como ti esperabas.Vese k os feitos denunciados non son tan graves como se di. Por eso o xuiz non opinou coma ti e outros opinades.

    ResponderSuprimir
  40. En que te basas para decir que Iris esperaba que saíse de unha maneira ou outra?. Foi superaseptica(non sei si sabes o que significa). Eu creo que os feitos que a "susodicha" denunciou son graves, moi graves, eso si, se fosen certos. Xa que persoalmente creo que non son certos.
    Deixade de acusar a Iris ou ao BNG de algo que non teñen nada que ver.

    Hai unha denuncia, esperemos a sentecia.
    E si tes a sentencia, di cal foi e que nos enteremos todos. E xa está.

    Solo se nformou de unha denuncia. Aquí non se xuzgou a ninguén.
    Que quede claro.

    ResponderSuprimir
  41. Vamos a ver si entendemos o tema.

    Falta inda algún xuicio o respeto co cal non me penso pronunciar ainda.
    Xa dixen que cando estivese todo resolto o faria.

    Por outra banda dicir que eu quero que as cousas salgan mal, estas moi equivocada, xa que eu so informei da denuncia nada máis. E sobra dicir que o centro de día é necesario pero o seu funcionamento debe ser o axeitado. E si para iso hai que estar encima pois habera que estalo, xa que eso non é o coto de votos do PP e como ben di un técnico de urbanismo con respeto a Mirador de Sanxenxo: en boa técnica forense mellor que estea caladiña non vaia ser que se remenxa de máis.

    E nunca ninguén ata o de agora me vai quitar o dereito a informar.
    E ante todo quen tera que dar explicacións ser a persoa que levantou a lebre e puxo a primeira denuncia. Non eu.

    Porque o de intentar matar a paloma mensaxeira vai ser que non resulta.

    ResponderSuprimir
  42. Eu non xuzgo a ninguen, so digo que os feitos denunciados, non son certos.A denunciante non pudo demostralo no 1º xuizo,e no 2º non creo k o faga

    ResponderSuprimir
  43. Eu non xuzgo a ninguen, so digo que os feitos denunciados, non son certos.A denunciante non pudo demostralo no 1º xuizo,e no 2º non creo k o faga

    ResponderSuprimir
  44. Non xuzgas a ninguén pero non estas dacordo con que se dixera que había posta unha denuncia.

    O que sentenciara sera un xuíz por moito que a demandante e a directora do centro digan, opinen e falen.

    Agora como son moi mal pensada, so espero que a celebración dos 5 anos do centro de día non a enmascaren cunha celebración da primeira sentencia, que polo que estou averiguando inda non é firme, cando a teña xa o comprobarei.

    As casualidades neste concello non son tan casuais.

    ResponderSuprimir
  45. Iris ti averiguas moito, pero do que averiguas a verdade hai moita diferencia. E si que podes informar, pero coma sempre fas, das informacións con intencións movidas por os teus amigos do BNG, que seguramente algunha cousa che daran a cambio.

    Ainda que agora xa tamén lle fas favores informativos a José Luis Rodríguez...

    ResponderSuprimir
  46. JAJJAJA Iris aplicalle o dito aquel de: pensa o ladrón que todos son da súa condición.

    Vamos hai xente tan acostumada a ler o catecismo que lle poñen diante que non ven máis alo do que teñen en fronte.

    Si eles superan o que ti sabes, jaajajja.

    ResponderSuprimir
  47. Estas equivocada Iris, eu nunca dixen k non estuvera dacordo con k se dixera que habia posta unha denuncia contra o centro, cando eu sei quen e a denunciante, os testigos e o contido da denuncia.
    Eu solo digo que os feitos denunciados non son verdade, que os VIPS, segun rumores estan de
    por medio en todo esto (por detras), e que no 1º xuicio todo saleu en contra da denunciante. ¿Que son para ti Iris malos tratos?

    ResponderSuprimir
  48. O que son malos tratos, eso deberá decidilo un xuiz. De que culpas a Iris? Nunca dixo que esos malos tratos existiran. Solo dixo que había unha denuncia. PUNTO.
    Podes volver ao mesmo, e acusala do que ti queiras, que ti soliña te pos en evidencia. Xa que todos sabemos quen es. E respetamos a tua opinión, e tes dereito a falar. Agora non acuses a ninguén de esta denuncia, máis que a denunciante.
    E non poñas en boca de ninguén, sexa blogueira ou partido político oque lle gustaría que salise de esa denuncia, porque non tes nin puta idea.
    Fai o teu traballo. E espera á decisión do xuiz. Eso é o que hai que facer.

    ResponderSuprimir
  49. Que equivocada estas, eu non culpo a Iris de nada, solo opino e digo o que sei.Son familiar dun usuario,non son quen ti dis e pensas, e conozco o centro como a palma da miña man,o seu funcionamento o todolo demais.
    E CLARO QUE ESPERO A DECISIÒN DO XUIZ, SINON TEMPO O TEMPO E DESPOIS FALAMOS CARA A CARA SI TI QUERES.

    ResponderSuprimir
  50. Cara a cara fala coa demandante. Que manía colleches agora. Unha cousa..... ti non estarás enamorada de Iris? Outra explicación non ten a paranoia esta que estou a ler.
    QUE NON DENUNCIOU ELA! vaite a por quen tes que ir. PESADA.

    ResponderSuprimir
  51. Perdoa pero ti vai a escola e aprende a LER que non sabes ou non entendes

    ResponderSuprimir
  52. Iris, por qué non fas mención a sentencia do xuizo que se celebrou na que o centro de día denunciou a esa persoa a que te estás refirindo no artículo. Teño entendido que xa hai sentencia

    ResponderSuprimir
  53. Iris, si xa saleu a sentencia, como e que non a publicas. Por que segun ti hasta que saira a sentencia, non decias nada. E a sentencia xa saleu fai moitos dias e ti segues calada, ou e porque non saleu como ti e outros pensabades.

    ResponderSuprimir