lunes, 31 de agosto de 2009

Centro de día

Empezamos hoxe facendome eco dunha información que teño contrastada de forma oral, xa que esta sendo investigada polas autoridades pertinentes, si, algo así como que hai medidas cautelares ou secreto de sumario; cada quen que escolla a mellor denominación.

A quen lle corresponde dirimir a realidade ou a falsedade das acusacións corresponde é a fiscalía e ao xuíz. E vos preguntaredes ¿de que estou a falar? Pois que o Centro de Día foi denunciado no Xulgado hai uns días.

Este feito xa é coñecido polas familias dos usuarios do Centro de Día, pola dirección do centro, pola Alcaldesa, pola asistenta social e por algún colectivo máis.

Sei que no momento que moitos lean isto non se enteraran e a outros se lle aclarara moitas cousas, normalmente cando dou unha noticia teño os datos na man por escrito pero neste caso os teño de palabras dadas por persoas implicadas por eso vou dicir que todo esto e “supostamente” ou “presuntamente” a min non me corresponde xulgar, para iso xa esta o sistema xudicial deste país inda que funcione con retraso pero si creo que é o meu deber comentalo e dentro dun tempo poder contar todo con datos, pero tamén quero deixar claro que o tema empeza a circular na rúa e os veciños temos dereito a información que cada día é máis escasa.

Dada a gravedade dos feitos denunciados esperemos que esto se aclare canto antes coas consecuencias que marca a lei sexa cal sexa a sentenza.

sábado, 29 de agosto de 2009

Comenza un novo curso

Logo dun tempo desconectada do mundo por obrigación volvo a rutina diaria o luns.
E necesario facer un balance deste verán pero tamén nos agarda un novo curso político moi movido. Setembro vainos dar moitas sorpresas e coñeceremos máis dunha noticia interesante.
Este inverno moitas cousas caeran polo seu propio peso pois cando non hai unha base todo acaba por derrumbarse, coñeceremos sentencias dos contenciosos, acabarei de colgar as cifras do orzamento e agardaremos que nos amosen a liquidación do 2008.

Agardemos que a información sexa brindada os veciños e non se agochen informes en caixóns ou que para ocultar a incapacidade de xestión se adiquen a emporcallar o adversario.

Comenzamos,,,

lunes, 10 de agosto de 2009

O que nos custa INSULA

Vamos a desglosar os orzamentos deste ano 2009 según as empresas municipais que o conforman:




ORZAMENTO 2009



Entidade local
30.470.027,17



O. A. Terra Sanxenxo
5.222.000,00



O.A. Xerencia de Urbanismo
2.753.631,31



Previsión Sociedade
12.275.536,30
Mercantil Nauta

Previsión Sociedade
10.994.901,74
Mercantil Insula


Sumatorio Provisional 61.716.096,52

Eliminacións internas -6.468.631,31

TOTAL ORZAMENTO 55.247.465,21



INSULA SANXENXO SL, 2009
Persoal 86.500,00
Alugueiro 8.500,00
Luz 600,00
Telefono+internet 3.100,00
Outros gastos 1.000,00
Traballos feitos por outras empresas 25.300,00
Inversión novas en infraestructuras 3.179.550,00
Inversións novas 7.690.351,74
TOTAL 10.994.901,74

En total Insula ten uns gastos de 125.000€ para poder funcionar, algo moi irónico porque ata o día de hoxe que se saiba non se fixo nada máis ca un listado de demandantes e cobrarlles polo padrón.
Dos 10.869.901,74€ restantes son "seica" para poder empezar a funcionar a empresa, con dúas promocións, poder dar sentido a empresa. E así poder dispoñer vivendas en aluguer ou poder mercalas para "os máis necesitados" (como sexan os mesmos ratios de acceso que hai un par de anos, poucos necesitados accederan).
Asi que temos case 11 millóns de euros para ter algunha vivenda VP pero a estas alturas en Insula inda non se fixo nada, todo queda en cifras moi bonitas escritas en papel e nas notas de prensa que tanto venden na web pero a realidade é outra ben distinta: INSULA so da gastos, porque vivendas nada de nada.

viernes, 7 de agosto de 2009

Investimentos 2009

Estamos en agosto e para elo vamos recordar os investimentos que teñen previsto facer este ano 2009.

Os que están en vermello son os 32 proxectos do Fondo de Investimento Local, máis coñecido como plan ZP que ascenden a 3.022.429€

1 Subvención Igrexa Noalla 36.000,00
2 Casa Concello 542.670,29
3 Interruptores diferenciais 631,06
4 Plan Director 50.000,00
5 Investimentos varios 5.500,00
6 Gardería Revel 300.000,00
7 Plan Director 50.000,00
8 Estudo Xeotécnico gardería 5.966,09
9 Centro sociocultural Revel 200.000,00
10 Estudo Xeotécnico centro sociocultural 3.673,77
11 Terrenos PEI 17 429.280,62
12 Liñas de baixa tensión e alumeado Carabuxeira 58.302,06
13 Instalación alumeado público parroquia de Nantes 201.224,47
14 Praza da Adina 4.930,83
15 Plan Director 50.000,00
16 Mellora de áreas infantis 280.013,13
17 Plan Director abastecemento e saneamento 2.357.722,00
18 Aportación concello plan director 870.000,00
19 Colector de pluviais en Salgueira – Vilalonga 32.050,03
20 Recollida de pluviais en Carabuxeira – Padriñan 19.871,80
21 Colector Pluviais en Vilar – Vilalonga 6.062,23
22 Contenedores soterrados 299.132,05
23 32nichos funerarios cemiterio de Dorrón 43.885,68
24 Mellora edificio sociocultural Vilalonga 34.606,27
25 Rehabilitación casa cultura Bordóns 109.094,10
26 Cidade deportiva 500.000,00
27 Campo fútbol Noalla 510.246,88
28 Campo fútbol Vilalonga 209.263,36
29 Reforma pavillón Baltar 16.818,29
30 Arranxos pazo de Quintáns 10.250,35
31 Pavimentación de vial en Contumil 55.331,93
32 Pavimentación da rúa Coruña 8.489,46
33 Reposición firme e servizos rúa Rosalía de Castro/Vigo 22.618,21
34 Humanización Portonovo 1.685.247,34
35 Plan Director 50.000,00
36 Pavimentación vial en Piñeiros – Vilalonga 36.616,00
37 Pavimentación vial en Gondar- Vilalonga 20.987,64
38 Pavimentación vial en Dadín – Vilalonga 51.617,54
39 Pavimentación vial en Seixal – Padriñan 33.597,56
40 Ensanche de vial en Lagarei – Vilalonga 38.971,35
41 Pavimentación vial en Sear – Bordoóns 26.237,51
42 Limpeza cunetas Nantes 22.013,00
43 Plan Director 22.013,00
44 Pavimentación Catadoiro – Paxariña e outros 7.139,65
45 Colector pluviais e pavimentación en Lagarei 28.367,10
46 Auga e pavimentación en Dadín- Nantes 28.719,72
47 Pavimentación viais en A Granxa – Dorrón 121.607,83
48 Pavimentación viais en Costa e Magaláns – Dorrón 137.384,56
49 Acondicionamento acceso núcleo Nantes 119.663,05
50 Pavimentación e canalización servizos núcleo Bordóns 159.728,83
51 Paso de peóns elevados 124.236,00
52 Ensanche e pavimentación vial en Barreiro – Dorrón 69.413,41
53 Saneamento e pavimentación en Miraflores 144.270,26
54 Acondicionamento estrada as canteiras – igrexa – Noalla 417.551,20
55 Servizos urbanos e pavimentación en Baltar – Adina 439.546,04
56 Diferencia enlace vía rápida 92.588,79
57 Mellora estrada Bordóns – Nanín 486.101,66
58 Marquesiñas para bus 46.980,03
59 Reforma mercado abastos Vilalonga 51.304,89
60
Abastecemento de auga e pavimentación en Aldariz – Bordons 54.078,77

T O T A I S . . . . . . . . . . . 11.785.538,92

Si descontamos os 32 proxectos do dito plan ¿que tanto % do investimentos se levan executado?

jueves, 6 de agosto de 2009

Informe Consello de contas. Ano 2006

Unha vez lido o informe do Consello de Contas sobre as contas do concello de Sanxenxo referentes ao ano 2006 aparecen as seguintes cifras:

A liquidez da que dispuxo o concello foi de 1,20%

O Endebedamento por habitante é de 865,42 €/h, sendo un dos máis altos da comarca do Salnés.

O gasto por habitante foi de 1.377 €

O investimento por habitante foi de 500,66 €

Os ingresos por habitante foron de 2.270,64€

Tributos propios e outros ingresos por habitante foi de 729,20€

O gasto de persoal por habitante foi de 242,22€;

O consumo público por habitante foi de 575,36€

No ano 2006 eramos 16.914 habitantes


Como podemos observar o investimento por habitante foi menos da cuarta parte dos ingresos xerados por habitante.

Sen embargo cada habitante xera un ingreso por tributos de 729,20 €, cun indice de 225,85 de presión fiscal, o indice maior dos concellos de entre 10.000 a 20.000 habitantes. No ano 2005 os ingresos por tributos eran de 682,42€ cun índice de 221,38. Para que logo digan que os impostos non suben.
(datos obtidos en : http://www.ccontasgalicia.es/pdf/INFORMES/ADMINISTRACION_LOCAL/2006/Informe_Xeral_I_2006_G.pdf)

Estes datos so son da Entidade Local, sen contar a Xerencia de Urbanismo, Nauta, Terra de Sanxenxo nin Insula.


Para consultar o resto de datos:

http://www.ccontasgalicia.es/pdf/INFORMES/ADMINISTRACION_LOCAL/2006/Informe_Xeral_I_2006_G.pdf

(Páxina 255 e seguintes)