Esperei a hoxe para escribir porque a parte de ser o 1 de Maio é o “Día do Traballador” e nos tempos de crise que estamos a sufrir ter que ler semellante declaración: “el Gobierno local reorganizará los turnos de limpieza de playas de tal forma que esta temporada se ofertará casi el doble de plazas que el año pasado. Si en 2008 fueron 24 los trabajadores contratados para llevar a cabo estas tareas, este verano serán 40 las personas que se empleen para reforzar esta área en julio y agosto. Eso sí, tendrán jornadas más reducidas “de xeito que poderán compatibilizar este traballo con outros empregos ou conciliar a vida familiar e laboral”, ” paréceme unha burla os parados, os traballadores e aos veciños de Sanxenxo.
É que cada vez que Salvador Duran fala sube o pan porque xa non sei si nos toma por parbos ou eles viven nun mundo superior o resto. Xa é difícil topar un emprego cos dereitos garantidos como inda por riba poder compatibilizalo con outros. Claro é que seguro que cando pensou nisto estaba pensando na sua situación: Cobra 399.326 ptas/mes (28.800 €/ano) pola dedicación parcial o concello e así de paso pode seguir atendendo o seu negocio. E agora presentase como o salvador do desemprego en Sanxenxo aumentando as prazas ofertadas, iso si reducimos as horas pagamos menos e así máis xente a debernos o favor por haber traballado un verán no concello.
Porque o que esta claro e que si se pode compatibilizar con outros traballos non fai falta estar no paro para acceder a eses postos, si eu teño un contrato a tempo parcial pódome presentar a eses postos.
Pero o que máis vergonza é co cachondeo que se toma a política de emprego fomentando a precariedade laboral, esto recórdame cando antes as mulleres que traballaban mariscando no verán compatibilizaban este traballo co traballo nos hoteis e nas casas sen seguro e sen contrato para sacarse uns cartos a máis e contribuír a economía familiar. E agora volta o pasado poden traballar 4 horas no concello e logo ir traballar sabe deus en que condicións a outro lado para poder sacarse un soldo decente.
Por iso nestes día boto en falta unha declaración o respecto dos representantes sindicais do concello porque moito protestar polo tema das oposicións e de que os interinos pasen a ser funcionarios pero nada de velar polos dereitos dos novos empregados. Porque non é o mesmo cotizar 8 horas que 4 horas, adeus a posibles prestacións de desemprego, a axudas familiares,.., por iso en Sanxenxo máis que nunca teño que dicir: NORABOA POLOS EMPREGOS PRECARIOS , iso si nada comparable a súa dedicación parcial ou ¿é que pensa que todos van gozar da mesma economía ca el?
De verdade que cada día que vexo unha nova que empeza mencionando a dito concelleiro levo as mans a cabeza e que Deus me colla confesada porque me espero calquera cousa.