“El Ayuntamiento de Sanxenxo pretende coronar Monte Faro con un campo de golf de 18 hoyos y 2.710 chalés de lujo, una actuación que ha recibido un nuevo revés de la Consellería de Medio Ambiente. El Diario Oficial de Galicia recogía ayer la memoria ambiental (emitida el 30 de marzo) que deja al descubierto la falta de respeto por los valores naturales y paisajísticos de dos planes parciales que suman el 5% de superficie global de la villa y presuponen 8.211 habitantes más (el padrón recoge apenas 17.000 en 2007).” (El País)
Esta é a realidade do noso concello a falta de respeto polos valores naturais e paisaxísticos do concello en prol da especulación, do moles de formigón e dunha economía urbanística que non se sustenta.
Pero o que máis gracia me fixo o ler a noticia foi que a memoria ambiental data do 30 de marzo e que se esperou a que cambiase o goberno para ver si así colaba o informe e seguir pa diante. Pero desta vez parece que primou o sentidiño común e se rechaza ditos plans.
Xa é tarde para os SU dos Cotos e da Granxa pero agardo que non sexa tarde para os restantes, porque o que sobra en Sanxenxo son vivendas baldeiras e o que fai falta son infraestruturas e ordenación do territorio pero de forma lóxica e non primando intereses inmobiliarios. Porque Sanxenxo non ten capacidade para semellante bomm urbanístico: esta sen desenvolver o Plan Director de Agua e Saneamento, non esta asegurado o abastecemento de auga para tanta vivenda, non hai unha rede de saneamento suficiente, falta construír unha EDAR,..., e así unha boa lista. Pero aquí o importante parecía que era cobrar os cartos das licenzas para facer non sei o que a parte de pagar soldos pero agora nin para iso hai, e senón tempo o tempo.