martes, 30 de septiembre de 2008

Que mal se mide no concello

Levo uns días dándolle voltas o tema da obra da Casa Consistorial, o incremento do importe vaise levar hoxe o pleno, nada máis nin nada menos que 278.323,76 € ( é despois non hai cartos para obras). Na web do concello di o seguinte: “Esta corrección ha sido motivo de un pormenorizado estudio por parte de los técnicos municipais y el director de obra, dada la complejidad de la ejecución de la planta subterránea, que acoge el Archivo Municipal, así como la premura que se exigió a la empresa constructora ante la necesidad de que Sanxenxo contara con las instalaciones municipales actuales cuanto antes. “ entón as preguntas son as seguintes ¿primeiro adxudican a obra e logo fan o estudo da mesma?¿que técnicos municipais temos que cando presentan o proxecto non o fan con todos os estudos? ¿”premura”? Ah, claro a obra tiña que ser inaugurada por Telmo antes de marchar, pois si tiña presa que houbese pagado el a diferenza.

Pero quizais o máis raro nisto é que esa diferenza é coñecida a lo menos dende o 2006 que é cando foi feita a obra e nos presupostos do 2007 e 2008 non aparece dito incremento ¿o construtor inda esta sen cobrar?¿porque ocultaron este incremento? Esto chéirame mal, os erros deben pagalos os que os cometen e non os veciños porque con eses cartiños ben podían facer algo máis útil e non andar a facer obras e logo andar a pagar alquileres.

Pero de que me vou estranar se logo vexo que a obra de humanización de Portonovo se incrementa en 581.096,97€ porque segun a web do concello “permitirá que las 33 calles previstas inicialmente sean rematadas en su totalidad corrigiendo las deficiencias de mediciones en pavimentos y canalizaciones de alcantarillado y suministro de agua detectadas durante el desarrollo de la obra y sin las cuales no sería posible poner fin a la actuación en condiciones óptimas ” se eles mesmos o din CORREXIR AS DEFICENCIAS DE MEDICIÓNS, ou miden cun metro de menos centímetros ou a min que mo expliquen porque si tódalas obras se van a medir mal ¿para que se miden?¿para que se fan presupostos? E o máis grave é que se adxudican obras sen ter coñecemento do que estan adxudicando, o que hai é que facer máis traballo de campo e menos traballo de despacho, máis mover o cu e estudar as características do solo, a realidade do lugar, ter claro o que se quere facer, ter un bo plan de necesidades e non coller un mapa e dar unha volta polo sitio e tirar millas para adiante co proxecto, porque con eses 581.096,97 € poderíase construír a gardería de Baltar ou cubrir calquera outra necesidade.

E menos mal que non hai mala intención nin mala fe, segun o interventor, que se chega a habela deus nos colla confesados, pero tampouco hai tramitación previa do modificado nin se dou contas ao Consello de Contas de Galicia. Cada día vamos de mal en peor, so pensar no concello e cada día me recorda máis aquel cómic chamado 13 Rue del Percebe de Ibañez porque visto o visto calquera cousa pode pasar, eso si os RESPONSABLES SEMPRE SAEN DE ROSITAS.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Con tanto fume, afumaremos os chorizos

O fin unha boa nova na que os 3 partidos, que conforman o parlamento galego, chegan a un acordo: “PSOE, PP y BNG exigen que los concellos que no brindan cuentas sean excluidos de las subvenciones"

O deputado do PP di que “ninguén dúbida de que os concellos deben explicar os gastos porque é un elemento fundamental na credibilidade democrática e que os que incumpren este tramite e por vontade política” entón por iso esperemos que Sanxenxo presente o informe do ano 2006 no prazo legal e así que poida ser auditado e saber si hai erros.

Con esta medida pretendese que aqueles que non cumpran con este tramite non se lles concedan subvención autonómicas, cousa coa que estou totalmente dacordo, pero xa estou vendo a Catalina poñendo o grito no ceo si se lle pasa o prazo de presentación dicindo que a Xunta esta en contra de Sanxenxo, que isto solo é para prexudicar o concello pero seguro que non dará as explicacións de porque eses informes están sen entregar, ¿acaso quedara gardado nun caixón como o informe ISA do Rebel? Pero hai que recordarlle que a iniciativa é apoiada polo seu propio partido.

Mentres teñamos axuda da deputación vamos ben pero maña na prensa Jose Manuel Figueroa sae dicindo que 62 concellos da provincia lle deben cartos a deputación por obras por valor de 3 millóns de euros por obras ¿Sanxenxo débelle cartos a deputación? Non sei porque pero creo que o do aparcamento de Luis Rocafort é fume electoral, poñerán o cartel como o da gardería de Vilalonga, e que dende que o chapapote xa non recada votos inventaron os carteis anunciadores de obras pero as obras nunca se ven a avenida Luis Rocafort leva máis de 8 anos sen arranxar producíndose diversos incidentes nela e sen que a deputación tomase medidas ¿teñen medo a perda de votos? e claro toman medidas anunciadoras pero isto inda será para longo porque entre adxudicacións, estudos, permisos, expropiacións, etc , temos obra para longo.


martes, 16 de septiembre de 2008

O concello gañou unha batalla pero non a guerra

Hoxe temos novo capítulo do TSXG no que rechaza as medidas cautelares que a Consellería de Medio Ambiente interpuxo contra o SU de Major, isto significa que o contencioso segue adiante pero as empresas que xestión o SU poden seguir adiante coa urbanización.

Curiosamente o Plan Parcial deste SU foi aprobado nun pleno extraordinario horas antes de que entrase en vigor a Lei do Litoral.

Pero faime gracia ler como o concello a pesar de non ter inda esta sentenza fala dela na prensa pero sobre a sentenza da Granxa como non é favorable din que ata que a teñan na man non emitiran opinión sobre a mesma ¿toca o gaiteiro segun lle paguen?

A suspensión das medidas cautelares non significa que o concello gañara a guerra senón que gañou unha batalla pero inda queda o resto do proceso e saber que resolve definitivamente o tribunal.

Os veciños que puideron ler o diario de Arousa poden interpretar que o tribunal sentenciou a favor do concello pero a noticia esta mal redactada pero tamén o comprendo porque seguro que inda estan baixo os efectos de ver cos seus propios ollos os fogos de artificios o día de Santa Rosalía porque deberon ser os únicos que os viron pois así o narraban no periódico o día seguinte.

A destrución do noso litoral tarde ou cedo ímolo pagar e porque a natureza é sabia.


viernes, 12 de septiembre de 2008

Outra sentenza máis para a saca

As cousas feitas a presa sempre acaban por estar mal, esto sabémolo todos menos os que mandan no concello de Sanxenxo. Antes de Telmo deixar a alcaldía apurouse a facer un pleno no que se aprobaban 24 plans parciais de SU e hoxe podemos ler na prensa as consecuencias destas presas, é que "inda non ensillamos e xa cabalgamos"

Temos outra sentenza do TSXG anulando o plan parcial do SU 1 da Granxa por facer as cousas as presas o final seguro que o concello recurrirá porque a sentenza non é firme e a desfeita seguira para adiante. ¿Porque esas presas para aprobar dito plan?

Cada día o goberno de Sanxenxo queda coas vergoñas o aire pois xa non estamos falando de 4 chales xunto un cemiterio senón de que grazas o seu magnifico PXOM estannos a cambiar o litoral, a sentenza afecta a un SU pero o lado hai outro que non esta afectado e a depuradora segue sen ter terreos como total a posible multa solo podería ser de uns 450.000 míseros euros, que máis da. Total a fin de contas a culpa de todo é da Xunta e da Oposición que non lles deixan desenvolver os seus proxectos de destrución máis que de construción.

E que pensándoo ben ¿quen inventaría o TSXG? Seguro que nesta campaña electoral o PP dirá que si goberna eliminara dito órgano porque non fai máis que prexudicar os intereses de Sanxenxo.

Agardemos a resposta do concello que seguro sera algo así “nos fixémolo todo ben pero téñennos manía, jopelines”.

Pero hai un punto disto que me chama a atención e é que as prazas e parques que se van facer XA TEÑEN NOME: Praza Kenny Rogers, Praza Angel Nieto e Praza Alex Crivillé e eu pensando que o circuíto de velocidade era o polígono de Nantes (aparte de un criadeiro de malvas) e resulta que é en Dorrón, unha cousa hai que recoñecerlla: Orixinais son un rato, eu poñeríalle nomes máis acorde coa ubicación, con Dorrón pero nunca se me ocurrería poñerlle nomes de motociclistas. (os nomes saen no Diario de Arousa)


O final de todo como sempre os que acabamos pagando os erros somos os veciños pero a min non me vale a escusa de que daquela quen mandaba era Telmo porque Catalina, Angel, Paz e Manuel eran concelleiros. Si é que sumamos unha tras outra debemos ser o faime-rir dos xulgados porque seguro que farán apostas para ver cal é a seguinte paralización, non me estraña que logo estean os xulgados colapsados. Pero a min o que máis me interesa é saber ¿que consecuencias vai traer esto? ¿quen se fai responsable? ¿sempre vamos a pagar os veciños os fallos dos que nos gobernan? E logo ves como o ex-alcalde pide transparencia cando en Sanxenxo quedou todo embarrado e os sucesores cada día embarran máis a Sanxenxo, si é que xa o dicía Benjamín Franklin “Daquel que opina que os cartos o poden facer todo, cabe sospeitar con fundamento que será capaz de facer todo por cartos ”.


jueves, 11 de septiembre de 2008

Seguimos esperando

O seguinte anuncio foi quitado da web da deputación: “Anuncio de la Diputación Provincial de Pontevedra por el que se convoca el procedimiento abierto para la contratación de la obra “Dotación de aceras y servicios en EP 9205 Sanxenxo-Meaño (tramo Lores-Ayuntamiento Meaño)” CPV 45230000. ” con esto so quero preguntar o seguinte:


*¿Para cando o remate das obras no tramo de Nantes?

*¿O concello pensa solicitar que se apuren as obras?

* ¿Había data de execución cando se empezou esta obra? E si é así ¿porque non se executa o aval para terminala?

* ¿Acaso o retraso esta premeditado para poder rematala en plena campaña electoral?

* ¿Tan difícil é rematar esa obra ?

*¿Preferencias entre Meaño e Sanxenxo?

A min que mo expliquen porque o da estrada de Nantes xa é de risa e a de Bordóns – Dorrón ten toda a pinta de seguir polo mesmo camiño.

domingo, 7 de septiembre de 2008

A este paso non aprobamos nin en xuño do 2009

De tanto mirar estes días libros de texto, cadernos, lápices de cores, ...., e tamén ver como a conta se queda valeira polo comezo do cole acordeime da tan laureada Señorita Rottenmeger, así me vou meter un pouco no papel da mestra mala que todos nos tocou sufrir e como aínda en Sanxenxo están pendentes os novos coles de Dorrón e de Vilalonga que mellor sitio que este para darlles o temario deste trimestre:

Hoxe vou facer o balance para o grupo A que son os que nos gobernan a mediados de semana farei o balance para o grupo B que é a oposición que non quere dicir que estean opositando.

  • Dereito: con todas as sentenzas que van caer, recursos, contenciosos, preitos, ..., aquí haberá que fincar os cóbados pois o grupo do goberno encántalle ser o protagonista nesta materia, encántalle facer uso do seu gabinete xurídico e sobre todo porque lles encanta ir escornando contra todo e así acumulan preitos: polígono, cafetería “Cetoly”, casa Villaverde, edificio Boavista, información VIPS, paralización dos SUs, cemiterio Dorrón, etc, mentres que a oposición ou ben non lle queda máis remedio que acudir a ela para obter información e que as concesións non se fagan a dedo pero e que ademais ten que velar porque as sentenzas se cumpran. E para comenzar o curso que mellor que enfrentarse a unha posible multa de 450.000€ porque según o concelleiro de Medio Ambiente: "por realizar vertidos directos al mar. "A pesar de llevar tres años pidiéndole que nos ceda un lugar para construir una depuradora, sigue construyendo urbanizaciones", apuntó Vázquez, "no hay sistema general que soporte eso". Manda truco na Habana.

  • Urbanismo: erro tras erro, un cemiterio que non se pode usar (paradoxos da vida), SUs paralizados, un polígono que cría malvas, nin obras municipais nin rehabilitacións nin nada de nada, esas vivendas para mozos. Aquí non se aproba nin con chuletas, nin con xerentes ni inda que veña o Fiscal do estado veranear as casas de Maralta ou a Festiñanzo.

  • Cultura: puff, existir o que se di existir non existe moito, pero como parece a materia máis fácil a están devalando a pasos axigantados. Pero sempre poden se poden botar foguetes o aire e acadar o 4,5, iso si seno hai temporal.

  • Turismo: Outra materia que a teñen super abandonada e que terán primeiro que abrir os ollos e ver os resultados reais de visitantes e de ocupación e a partires de hai traballar porque no curso pasado pasáronse faltando as clases e así nos foi. O único que se fixo foi crear unha empresa de Turismo pero que empezara a funcionar nos meses menos turísticos. Aquí suspenso seguro.

  • Xuventude e Deportes: Ainss, esa cidade deportiva de Sanxenxo, ese club de piragüismo, menos mal que temos un porto deportivo, ese edificio para a Xuventude e de creación de emprego, todo ten pinta que poderá acadar un suficiente alto.

  • Economía e Facenda: dende que lle contaron o conto da leiteira fan castelos no aire pero non lle deberon contar como remataba o conto porque estamos a setembro e o único que temos claro é que non hai cartos para nada excepto para pagar soldos, a este paso non aproban nin restando ou dividindo.

  • Medio-ambiente: esa multa pola conexión a Edar de Meaño sen os informes previos, esa depuradora de Dorrón, eses vertedoiros incontrolados, pero como é materia sinxela pode roldar o 5 sempre e cando non veña Al-Gore a explicarlles realmente o que pode pasar por cambiar a orografía do terreo, por tapar regatos, por talar masivamente.

  • Servizos e obras: obras, obras non se fan e as que hai algunhas son peor de acabar que o Escorial vesa-xe a estrada de Nantes, insuficiente Cum Laude.

  • Servizos Socias: estanse a facer unhas magnificas garderías en Vilalonga e Portonovo que o dixo o outro día a alcaldesa ( se alguén as ve que avise, por favor), aquí todo segue igual, nada que comentar porque falar de velliños e mulleres con problemas como que me nego. Insuficiente.

  • Persoal e seguridade cidadá: o único bo é a normativa anti-botellón pero a poñen en vigor en setembro que chega tarde, pero logo acumúlanse os ceros e os puntos negativos: Noitebus, poli local, persoal cabreado, anuncio de peches de locais en setembro con sancións veremos en que queda isto, este ano identificacións 0, control de estupefacientes 0,..., Suspenso e dereito para xuño.

Conclusión: ou se poñen as pilas ou van quedar todiños para xuño porque aquí non che hai recuperacións posibles.