miércoles, 28 de marzo de 2012

Plan de axuste


O venres haberá pleno extraordinario para aprobar o Plan de Axuste para poder optar aos créditos que Facenda ten habilitado para facer fronte as deudas que teñen o concello. Este pleno vaise facer o último día do prazo permitido.

Cando a oposición solicitou un pleno extraordinario para tratar o tema de urbanismo a alcaldesa dixo que con un pleno ordinario tan cerca deberíase o pleno extraordinario incluilo na orde do día do ordinario porque así se aforraban os custes dese pleno. Ao menos eso foi a escusa que daba para evitar ese pleno.

Ahora vense de celebrar un pleno ordinario o luns e na mesma semana convoca outro pleno extraordinario:

1. Será que ahora xa hai cartos e non fai falla aforrar?
2. Será que empezaron a saír facturas e non lles dou tempo a recopilalas todas?
3. Porque sempre esperan ao último día? acaso non teñen tempo ou estan moi ocupados para facer as cousas cun marxe de tempo razoable por si pasa algo?