Con esta frase remata a nota de prensa o grupo de goberno e o alctual concelleiro de economía sobre a liquidación das contas do ano 2009, liquidación da que falarei en breve.
Pero hoxe quero comentar a BURRADA que nos acaban de contar, si, o defino como BURRADA porque xa non sei que calificativo poñerlle a afirmación de que a Xunta recolle investimentos para Sanxenxo.
Os orzamentos da Xunta podense consultar no seguinte enlace: ORZAMENTOS 2011, e na que para Sanxenxo contempla o seguinte:
CEIP Cruceiro de Vilalonga .............................. 50.000 euros
Ampliación vía rapida Sanxenxo - O Grove....... 100.000 euros.
E nada máis, co cal que me diga que gracias a Xunta se van facer investimentos non o cre nin o meu cán que demostra máis intelixencia que os que redactaron a nota de prensa.
A quen pretenden enganar a estas alturas? a eles mesmos únicos que logo de presumir que paseaban a canto cargo había resulta que so fixeron eso PASEAR.
E para nota xa é o tema dos colexios, onde a Senadora e a alcaldesa se enchian o peito falando dos novos coles e resulta que o de Dorrón desaparece e si pretenden empezar as obras do de Vilalonga con 50.000 euros eu volvo crer en Deus. E agora con que cara se van a plantar diante dos mesmos que o fixeron a outra vez para anunciar as obras? E inda por riba presumir do convenio que firmaron que a cambio da construcción dos novos colexios o concello de Sanxenxo asumía parte do mantemento e reparacións do resto de colexios, si inda por riba de tontos apaleados, as reparacións xa se fixeron e os colexios novos cun chisco de sorte os disfrutaran os meus bisnetos.
E logo inda fala dos orzamentos do Estado, onde hai unha partida de 350.000 euros para invertir na zona da Rede Natura na Revolta.
Esta ben que se enganen a si mesmos e que falen de aforro positivo pero non se deron conta que o único aforro positivo que fixeron estes últimos anos de goberno foi nas súas propias contas privadas porque nas do concello vamolas ver cando presenten a liquidación do 2009, que por certo, presentada para non variar fora de prazo.
Eu penso que esta mentira ten unha explicación que é que como son tan aficcionados aos premios seguro que se presentaron ao premio PINOCHO 2010 e claro están facendo meritos para acadalo por ampla marioria respeto o segundo. Porque sinón eu na miña casa non os quero nin para xestionar as pagas que teñen os nenos para comprar chucherías.
Investimentos? jajajajajaja, cada vez que o penso é que me destornillo de risa, claro que si así pensaban que con mandar esta nota de prensa ían ocultar a realidade que se están contando estes días pois saiulles o tiro polo culata xa que o titular é : A XUNTA PASA DE SANXENXO NOS ORZAMENTOS DO 2011. Supoño que agora teñen unha escusa máis para ocultar a súa incapacidade: la Xunta no nos da dinero, jajaja, menos mal que era una xunta amiga, vamos que desta nin a Cangas poderan ir chorar.
En conclusión este ano o teñen sinxelo para facer o orzamento do 2011 po concello: INVESTIMENTOS = 0 E inda por riba rematouse o plan E.
Agora vamos esperar a ver como xustifican, si teñen cara a facelo, o desprezo que lle fixo a Xunta a Sanxenxo.