miércoles, 27 de octubre de 2010

As facturas claras

Hoxe podemos falar sobre o pleno que esta convocado para o venres, do Revel ou da nova lei que obriga a dar conta das facturas. E polo tanto vamos empezar polo  último punto.

Máis vale tarde que nunca, como ben di o dito, por iso a aprobación da lei 15/2010 do 7 de xullo  era necesaria hai moito tempo, lei que fai por fin se poida controlar os gastos e os pagos que se fan por parte das administracións públicas.

Claro esta que lendo a nota de prensa do concello parece que todo é maravilloso e tratando de ser máis papistas co papa din que van ser os primeiros en aplicar esta lei: " “En estrito cumprimento da lexislación vixente presentaremos á Corporación este primeiro informe, amosando o noso afán de desenvolver unha xestión transparente baseada no rigor e na seriedade”, señaló la regidora, quien añadió que “estou segura que o Concello de Sanxenxo tamén é pioneiro no cumprimento desta norma”." Claro esta que so se trata das facturas dos últimos tres meses. So espero que nesa transparencia de xestión da que presuman incluan un resume das facturas que estan sin pagar anteriormente e dos posibles prazos a pagar.

Porque se olvidaron de mencionar o seguinte artigo: «Artículo 8. Indemnización por costes de cobro.
1. Cuando el deudor incurra en mora, el acreedor tendrá derecho a reclamar al deudor una indemnización por todos los costes de cobro debidamente acreditados que haya sufrido a causa de la mora de éste. En la determinación de estos costes de cobro se aplicarán los principios de transparencia y proporcionalidad respecto a la deuda principal. La indemnización no podrá superar, en ningún caso, el 15 por ciento de la cuantía de la deuda, excepto en los casos en que la deuda no supere los 30.000 euros en los que el límite de la indemnización estará constituido por el importe de la deuda de que se trate.
2. El deudor no estará obligado a pagar la indemnización establecida en el apartado anterior cuando no sea responsable del retraso en el pago.»

E por outra banda na mesma nota tamén nos din o seguinte: "El listado ofrece, pues, datos sobre 296 facturas presentadas en la Entidad Local, 120 en la Xerencia de Urbanismo y otras 523 correspondientes al O.A. Terra de Sanxenxo, que aglutina las concejalías de Cultura y Educación, Juventud y Deportes, Benestar Social y Turismo."

Con este de método de control ó goberno  os veciños teremolo máis fácil para coñecer esas facturas xa que a relación se debe incluir na acta do pleno.  

Ao final o grifo non sei si deixará de chorrear euros ou pola contra de vez en cando solta unas pingueiras de euros para amansar a sequía das feras.