sábado, 30 de octubre de 2010

Todos por igual?

A crónica da demolición dunha casa en Pragueria.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Que pasa co edificio de Constucuatro?
Co chale de Villaverde?
Co edificio Herpi?
Co chale de Curbera?
Cos chales de Pragueira e outros en Bascuas e Faxilde?

Numerosas son as obras que invaden o deslinde de costas e estan en terreos de protección de costas e maís obras que invadiran a nosa costa co beneplácito do goberno do PP como son os SU a escasos metros da praia e do mar.

Para todos igual?  Permitanme empezar a dúbidar.

viernes, 29 de octubre de 2010

Non se dan aclarado.

A mellor maneira de ocultar o que non queres que os veciños poidan escoitar é facer un pleno as 10 da maña, así asegurase que non poida acudir case ninguén. Os puntos tratados hoxe eran de bastante calado co cal nada mellor que evitar dar a cara antes os veciños e así sempre se pode decir: xa o dixen no pleno, pero poucos testigos hai.

Agora que para irrisorio o tema da escola/obradoiro de hostelería que con tanto meneo de aquí para ala non lles vai facer falta coctelera para os meneos.

Primerio anuncian que a escola ven para Noalla cando se rehabilite o pazo e se faga a pousada na Lanzada.

Pero agora dende a diputación din que unha vez acaben as obras no sanatorio a escola volve para ali.

"El Concello de Sanxenxo restaba ayer importancia al hecho de que la Diputación tenga intención de que el Obradoiro de Hostelería que se desarrolla en el centro vacacional, vuelva a esta misma ubicación una vez concluidas las obras de reforma de la Pousada.
Y es que desde el grupo de gobierno mantienen que el Pazo de Quintáns acogerá una Escuela de Hostelería propia, y que este apartado forma parte del acuerdo alcanzado con la Diputación para la reforma del inmueble y que así aparecerá recogido en el convenio que firmarán próximamente.
No opinan lo mismo desde la Diputación. En la tarde de ayer confirmaban, desde el ente provincial, que el convenio a suscribir se ceñirá exclusivamente a las obras de reforma del inmueble. Insistieron en que será la sede provisional del Obradoiro de Hostelería y que éste retornará a A Lanzada una vez que los trabajos en la Pousada estén terminados." (Foto e texto do Diario de Arousa)

A mi que mo expliquen?

A realidade é que mentras marean a pérdiz  o tempo pasa e o final terán a quen votarlle as culpas Catalina a Louzán e Louzán a Catalina, tempo ao tempo.

Será desta?

Onte na TVG saíron as queixas pola colocación dos novos contedores do lixo, como hai días que aquí comentamos.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

jueves, 28 de octubre de 2010

Dorrón temos un problema: Falta unha finca

Hoxe na prensa podemos ler o que tantas veces se dixo e moitos intentaron desmintir sin éxito e que agora ante a falta de orzamento da Xunta para o colexio de Dorrón non queda máis remedio que afirmar:

" La Administración autonómica precisó que el proyecto contemplado sigue en los planes de Educación, pero que «todavía faltan los terrenos adecuados» para llevar a cabo la obra. Desde la consellería se explicó, además, que sí se consignaron, por otro lado, 50.000 euros para el nuevo colegio de Vilalonga -dinero para la redacción del proyecto - se debidó a que en este caso, «tenemos los terrenos a disposición de la Xunta».Fuentes del Ayuntamiento de Sanxenxo explicaron que los técnicos autonómicos ya analizaron in situ el espacio para acometer la ampliación del colegio de Dorrón y que no se anticipaban problemas. Sin embargo, las citadas fuentes apuntaron que falta adquirir una finca de un particular, actuación que no se realizará «hasta tener el anteproyecto» de ampliación para determinarse si finalmente es necesario o no comprar el terreno." ( a Voz).

Que faltaba unha finca por mercar moitos xa o sabiamos e agora a "esa gran fonte do concello" non lle queda máis remedio que confirmar.

Agora que é moi pavero ler o de que a Consellería de Educación faille falta coñecer os terreos que hai a disposición para facer o proxecto e o concello esta esperando o anteproxecto para saber si esa finca fai falta. A mi que mo expliquen?
De momento a realidade é unha: o concello non ten capacidade inversora como ven dixeron hai uns días co cal o de mercar a finca díficil o vexo e a Consellería non ten partida orzamentaria para ese colexio.

Agora so falta ver si comenzan as movilizacións que tanto se anunciaban ou siguen crendo nas visitas relámpago visionarias prometendo arreo e logo como di o refrán: Unha vez metido olvidase o prometido.

miércoles, 27 de octubre de 2010

As facturas claras

Hoxe podemos falar sobre o pleno que esta convocado para o venres, do Revel ou da nova lei que obriga a dar conta das facturas. E polo tanto vamos empezar polo  último punto.

Máis vale tarde que nunca, como ben di o dito, por iso a aprobación da lei 15/2010 do 7 de xullo  era necesaria hai moito tempo, lei que fai por fin se poida controlar os gastos e os pagos que se fan por parte das administracións públicas.

Claro esta que lendo a nota de prensa do concello parece que todo é maravilloso e tratando de ser máis papistas co papa din que van ser os primeiros en aplicar esta lei: " “En estrito cumprimento da lexislación vixente presentaremos á Corporación este primeiro informe, amosando o noso afán de desenvolver unha xestión transparente baseada no rigor e na seriedade”, señaló la regidora, quien añadió que “estou segura que o Concello de Sanxenxo tamén é pioneiro no cumprimento desta norma”." Claro esta que so se trata das facturas dos últimos tres meses. So espero que nesa transparencia de xestión da que presuman incluan un resume das facturas que estan sin pagar anteriormente e dos posibles prazos a pagar.

Porque se olvidaron de mencionar o seguinte artigo: «Artículo 8. Indemnización por costes de cobro.
1. Cuando el deudor incurra en mora, el acreedor tendrá derecho a reclamar al deudor una indemnización por todos los costes de cobro debidamente acreditados que haya sufrido a causa de la mora de éste. En la determinación de estos costes de cobro se aplicarán los principios de transparencia y proporcionalidad respecto a la deuda principal. La indemnización no podrá superar, en ningún caso, el 15 por ciento de la cuantía de la deuda, excepto en los casos en que la deuda no supere los 30.000 euros en los que el límite de la indemnización estará constituido por el importe de la deuda de que se trate.
2. El deudor no estará obligado a pagar la indemnización establecida en el apartado anterior cuando no sea responsable del retraso en el pago.»

E por outra banda na mesma nota tamén nos din o seguinte: "El listado ofrece, pues, datos sobre 296 facturas presentadas en la Entidad Local, 120 en la Xerencia de Urbanismo y otras 523 correspondientes al O.A. Terra de Sanxenxo, que aglutina las concejalías de Cultura y Educación, Juventud y Deportes, Benestar Social y Turismo."

Con este de método de control ó goberno  os veciños teremolo máis fácil para coñecer esas facturas xa que a relación se debe incluir na acta do pleno.  

Ao final o grifo non sei si deixará de chorrear euros ou pola contra de vez en cando solta unas pingueiras de euros para amansar a sequía das feras.


lunes, 25 de octubre de 2010

Dique si, dique non

Esta claro que os meses siguen pasando e nada cambia, mentras lle dan voltas e voltas o mesmo.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Que pasou cos proxectos das plaias que incluian emisarios, drenaxes e recuperación? estes proxectos foron expostos no perfil do contratante da páxina web do concello e actualemnte podense ver no apartado de Procedimiento negociado. 

sábado, 23 de octubre de 2010

Sanxenxo vapuleada outra vez por Feijoó

Todos os investimentos deste ano terán que realizarse con outras Administracións, algúns dos cales están xa recollidos tanto nos orzamentos que ven de presentar a Xunta de Galicia coma nos do Estado”, añadieron desde el Gobierno sanxenxino." ( web concello)

Con esta frase remata a nota de prensa o grupo de goberno e o alctual concelleiro de economía sobre a liquidación das contas do ano 2009, liquidación da que falarei en breve.

Pero hoxe quero comentar a BURRADA que nos acaban de contar, si, o defino como BURRADA porque xa non sei que calificativo poñerlle a afirmación de que a Xunta recolle investimentos para Sanxenxo.

Os orzamentos da Xunta podense consultar no seguinte enlace: ORZAMENTOS 2011, e na que para Sanxenxo contempla o seguinte:

CEIP Cruceiro de Vilalonga .............................. 50.000 euros
Ampliación vía rapida Sanxenxo - O Grove....... 100.000 euros.

E nada máis, co cal que me diga que gracias a Xunta se van facer investimentos non o cre nin o meu cán que demostra máis intelixencia que os que redactaron a nota de prensa.

A quen pretenden enganar a estas alturas? a eles mesmos únicos que logo de presumir que paseaban a canto cargo había resulta que so fixeron eso PASEAR.

E para nota xa é o tema dos colexios, onde a Senadora e a alcaldesa se enchian o peito falando dos novos coles e resulta que o de Dorrón desaparece e si pretenden empezar as obras do de Vilalonga con 50.000 euros eu volvo crer en Deus. E agora con que cara se van a plantar diante dos mesmos que o fixeron a outra vez para anunciar as obras? E inda por riba presumir do convenio que firmaron que a cambio da construcción dos novos colexios o concello de Sanxenxo asumía parte do mantemento e reparacións do resto de colexios, si inda por riba de tontos apaleados, as reparacións xa se fixeron e os colexios novos cun chisco de sorte os disfrutaran os meus bisnetos.

E logo inda fala dos orzamentos do Estado, onde hai unha partida de 350.000 euros para invertir na zona da Rede Natura na Revolta.

Esta ben que se enganen a si mesmos e que falen de aforro positivo pero non se deron conta que o único aforro positivo que fixeron estes últimos anos de goberno foi nas súas propias contas privadas porque nas do concello vamolas ver cando presenten a liquidación do 2009, que por certo, presentada para non variar fora de prazo.

Eu penso que esta mentira ten unha explicación que é que como son tan aficcionados aos premios seguro que se presentaron ao premio PINOCHO 2010 e claro están facendo meritos para acadalo por ampla marioria respeto o segundo. Porque sinón eu na miña casa non os quero nin para xestionar as pagas que teñen os nenos para comprar chucherías.

Investimentos? jajajajajaja, cada vez que o penso é que me destornillo de risa, claro que si así pensaban que con mandar esta nota de prensa ían ocultar a realidade que se están contando estes días pois saiulles o tiro polo culata xa que o titular é : A XUNTA PASA DE SANXENXO NOS ORZAMENTOS DO 2011. Supoño que agora teñen unha escusa máis para ocultar a súa incapacidade: la Xunta no nos da dinero, jajaja, menos mal que era una xunta amiga, vamos que desta nin a Cangas poderan ir chorar.

En conclusión este ano o teñen sinxelo para facer o orzamento do 2011 po concello: INVESTIMENTOS = 0 E inda por riba rematouse o plan E.

Agora vamos esperar a ver como xustifican, si teñen cara a facelo, o desprezo que lle fixo a Xunta a Sanxenxo.

viernes, 22 de octubre de 2010

Incumplimento do deber?

Repasando o correo para porme o día atopome con un correo onde me relatan o que acontenceu en Vilalonga co "exhibicionista" que andaba por Vilalonga, e inda que isto sucedeu hai algúns días pareceme interesante o que me contan e por iso vou contalo.

Contanme no correo os feitos que pasaron e que se poideron ler na prensa, pero este pai dime que pola maña llo comentaron a un policía local que estaba ocorrendo eso e que si pola tarde se podían pasar polo parque.

E a contestación do poli local foi, presuntamente, que estaban moi ocupados e que non tiñan tempo para ir.

Si os feitos foron así pareceme moi grave que non acudan a un sitio a comprabar uns feitos que lles estan narrando e sobretodo porque acontecen nun espazo público lugar de reunión de moitos veciños.

Ademáis suponse que calquer poli local ten que dar parte do que acontece na súa xornada e avisar dos problemas que os veciños lles remiten, e logo o xefe de turno xa decidirá si os manda a un sitio ou a outro pero que agora se diga que teñen moito traballo pola tarde pareceme actuar de moi mala maneira e con abuso.

So espero que si esto é certo se tomen as medidas oportunas e se lle recorde as obrigas e deberes ao polícia local de turno.



jueves, 21 de octubre de 2010

Algunas queixas máis.

Antes de meterme en temas de maior calado e que estou preparando quero subir dúas fotos que e enviaron cun par de observacións:


1. Os contenedores os pegan tanto as aceras que cando lle das a palanca so chega a metade co cal impide a apertura total da tapa e si o lixo a tirar ten moito volumen é imposible facendo.

2. Algúns contenedores os colocan nas curvas ( exemplo en Nanín) e dificultan a visibilidade dos coches.

Que vos parecen os novos contenedores do lixo?

miércoles, 20 de octubre de 2010

Para que son?

Logo dunha tempada de descanso internáutico por causas alleas que non veñen a conto, prometo porme o día en poucos días e ir subindo os correos que me enviachedes.

Hoxe quero empezar por este, xa que hoxe na prensa os protagonistas son os novos contenedores de carga lateral e o veciño que me envia estas fotos preguntase si agora o rural vai ter contenedores novos xa que el vendo este contenedor non sabe si reciclar ou non, e sobretodo si guiarse pola tapa verde ou pola contra fiarse polo cubo amarelo e depositar o que ali corresponde?

Pero tamén se pregunta si deposita os residuos que pertence o contenedor amarelo e pasa o camión da basura dos orgánicos e vacia ese contenedor de que lle vale separar para reclicar?



Eu supoño que os que retiran para colocar os novos e estan novos os repartiran polo rural para sustituir os vellos, pero claro o rural sigue sendo o perxudicado pero a hora de pagar non hai distincións.

lunes, 4 de octubre de 2010

Choiva nos Cotos = accidente

Onte a altura dos Cotos en Dorrón de novo houbo un accidente, cousa nada díficil de entender porque é chegar a choiva a accidente garantizado.

Os veciños dese lugar siguen preguntandose si cando haxa outra morte tomaran medidas?

sábado, 2 de octubre de 2010

Un día en Sanxenxo

Un veciño pideme que colgue este vídeo que un reporteiro fixo para unha canle local



Xulgade por vos mesmos.

viernes, 1 de octubre de 2010

Última hora: accidente múltiple


Acaba de producirse un accidente múltiple en Sanxenxo, aproximadamente a altura de Naútica Paco.

Neste accidente hai varios coches implicados e tanto os bombeiros como as ambulancias estan no lugar do accidente.