domingo, 12 de abril de 2009

Xa temos inmobiliaria municipal

Hai moito tempo que moitos sospeitabamos da dobre intención da empresa municipal INSULA é esta semana parece que se confirmou dita sospeita: INSULA pasa a ser unha INMOBILIARIA, si, eu tamén o defino así.

Esta semana no consello de empresa cambiáronse os estatutos de Insula para que esta empresa puidese vender pisos que actualmente se encontran baleiros en Sanxenxo porque moitos promotores inflaron os prezos dos mesmos e así de paso facemos amigos e pagamos favores a construtores con cartos municipais, porque eu me pregunto ¿os promotores van a renunciar a gañar cartos en favor de que o concello venda os pisos baleiros?

No 2008 os orzamentos do concello destinaban unha partida de 10.569.901,74 € para Insula Sanxenxo SL, repartidos da seguinte forma:

Compra Terreos Promoción "Vichona".... 3.179.550,00

Obra Civil "Vichona"................................... 5.483.062,16

Obra Civil "Vimbieiro" ............................... 1.907.289,58


Total Investimento Insula ........................10.569.901,74 €

Estamos en abril do 2009 e nin houbo compra, nin nada polo estilo, so unha empresa que ocasiona gastos as arcas municipais pagando un alugueiro e soldos de empregados, no que algunha empregada contratada por INSULA esta traballando en Servizos sociais, claro é normal xa que INSULA carece de traballo.

Por iso hoxe cando leo a denuncia que fai o BNG o respecto estou totalmente dacordo cando din: “o PP enganou á xente de Sanxenxo, sobre todo á xente moza, cando lles prometeu 318 vivendas de 80 metros cadrados, e agora o que queren é convertir Ínsula nunha axencia inmobiliaria para vender vivendas baldeiras”. David Otero recordó al nuevo gobierno de la Xunta que “non esquenza as 405 vivendas que a Conselleria de Vivenda tiña proxectadas para o municipio de Sanxenxo. Vivendas a construir nos contornos dos núcleos urbanos que, dotadas de servizos, axudarán ao asentamento da poboación e a reflotar o comercio local

O que esta claro é que non vai custar o mesmo unha vivenda feita por unha empresa municipal que unha vivenda feita por unha promotora, ¿onde estan as vivendas con protección? O PP moito se encargou de vender que as vivendas ían ser a prezo taxado e incluso se falou de cando ían custar ¿e agora que? ¿van a ser a prezo taxado ou a prezo que o promotor queira? O que tiñan que facer e empezar a reclamar o goberno de Feijoo que se comprometa a facer as vivendas VPO que Sanxenxo necesita e os promotores que vaian baixando os prezos e que se deixen de especular cos terreos, coas vivendas e agora coa oferta municipal e sobretodo que se adapten os tempos que corren porque en vez de gañar 30.000 euros por piso que gañen 6.000 euros e seguro que algún piso máis venderan.