Como continuación ao post anterior, agora detallarei canto lles custa aos veciños e veciñas de Sanxenxo a corporación municipal, desde o grupo de goberno (incluíndo cargos de confianza e asesores externos) ata a oposición.
Estes datos corresponden á liquidación do ano 2.007, porque da liquidación do 2.008 inda non se sabe nada e estamos case que a mediados de abril de 2.009.
A cifra total de gastos polos conceptos que relacionei antes ascende a: 716.996 euros.
Deste importe, 360.000 euros corresponden a gastos directos da alcaldía. Os máis importantes son:
Gabinetes externos ………………… 166.377 €
Persoal de confianza ……………….. 71.430 €
Atencións protocolarias ………….. 40.147 €
Varios apartados …………………….. 82.208 €
A seguinte partida en importancia é a dos gastos do grupo de goberno que suma 329.518 euros, distribuídos en:
Salarios ……………………………………. 278.152 €
Outras indemnizacións ……………. 40.117 €
Atencións protocolarias …………... 11.249 €
Estes dous apartados suman a escandalosa cifra de 689.518 euros!
Os 27.315 euros que restan, ata acadar o total dos 716.996 euros, corresponden ao que perciben os concelleiros da oposición pola asistencia ás comisións e plenos, distribuídos do seguinte xeito:
Asistencia a Comisións ……………… 17.579 €
Asistencia a Plenos …………………… 9.736 €
Os concelleiros e concelleiras da oposición mais ben parecen unha ONG, porque o que perciben por facer o seu traballo correspóndese exactamente co 0,07% da liquidación de gastos total do concello.
A verdade é que ser concelleiro na oposición non resulta nada doado porque ¿cantos poden deixar de asistir o traballo cando lle convocan os plenos as 10 da maña? as comisións tamén son pola maña polo que eu no meu caso non podería estar pedindo maña tras maña para ir o concello e menos para asistir a comisións ou plenos extraordinarios postos pola maña por capricho da alcaldesa, non.
O que falta neste goberno é coherencia, respeto polos demáis integrantes da corporación e sobretodo mirarse o espello antes de facer as cousas.