Continuando co capítulo dos orzamentos que o concello presentara para o 2008, hoxe vou colgar o investimento previsto para NAUTA SL xa que destinaban a cifra nada desprezable de case 10 millóns de euros, repartidos da seguinte forma:
Investimento | ||
Lector Dixital Matrículas Aparcadoiro | 65.000,00 | |
Remodelación Praza do Mar | 3.000.000,00 | |
Ampliación Porto | 6.586.996,85 | |
Parasoles, tumbonas | 60.000,00 | |
VHF Mariño | 65.000,00 | |
Compras de Material | 50.000,00 | |
Total | 9.826.996,85 | |
A espera de ver o orzamento liquidado, o que esta máis claro é que nin houbo remodelación da Praza do Mar, nin ampliación do Porto.
Pero claro que entendo que non fixeran a ampliación do Porto pois como ben se di hoxe na prensa en relación a solicitude de paralizar a ampliación do porto de Portonovo a alcaldesa di: “El Concello de Sanxenxo solicitará a Portos de Galicia que paralice el proceso de licitación de la ampliación y reforma del edificio de servicios náutico-deportivo de Portonovo, al considerar que con esta importante inversión sólo se solventarían los problemas que presenta el Náutico ” (Diario de Arousa)
Agora que en Portonovo Portos de Galicia ía investir 822.000 euros e Nauta Sl na ampliación do de Sanxenxo tiña previsto investir máis de 6 millóns e medio de euros.
As cifras están ahí é o orzamentado para o ano 2008 tamén o que non estan feitas son as obras.
Pero que ninguén se preocupe que para eso a nosa alcaldesa vaille conceder a Raia de Ouro a Rosa Quintana, a gran favorita nas apostas para ser a nova conselleíra de Pesca e que según a alcaldesa "la alcaldesa recalcó el importante trabajo desempeñado por Rosa Quintana al frente de la delegación territorial de la Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Pontevedra, así como en su etapa como directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, “na que fixo unha inmensa labor, especialmente no sector da baixura”. Catalina González recordó la actitud abierta y receptiva hacia los problemas de los marineros mostrada en todo momento por Rosa Quintana “manténdose sempre a carón deles e dando resposta a súas necesidades”. Prueba de ello son “as melloras acadadas nesa época en Portonovo, como foi a consecución da fábrica de xeo que supuxo un grande empuxe para o porto desta vila”."