jueves, 23 de abril de 2009

Unha senadora de Sanxenxo


A partires da semana que ven temos senadora por Sanxenxo, Paz Lago, polo que hai que felicitala polo novo posto que accede a el por ser a substituta do alcalde de Cambados no Senado. Según declara hoxe no Diario de Pontevedra “que defendera os intereses de Sanxenxo e o resto da comarca do Salnés a nivel estatal” desexando que cumpra coa sua palabra pois o ata agora senador de todas as intervencións e preguntas que fixo no Senado ningunha é relativa o Salnés pois a maioría son preguntas polos orzamentos que lle corresponden a provincia de Pontevedra e polo prezo do leite.

Pero centrándonos en Sanxenxo e tendo en conta o tan laureado plan de austeridade de Feijoo e a non duplicidade de cargos inda que Paz compatibilice senado e ser concelleira de Sanxenxo ¿vai seguir tendo dedicación exclusiva?¿vaille poder adicar as 24h o concello de Sanxenxo? Pois si esta en Madrid non pode estar en Sanxenxo co cal o máis normal sería que a dedicación fose parcial. Un senador ten un soldo mínimo de 3.126€ máis 1.823€ por dietas por ser de fora de Madrid. ¿Austeridade? ¿Onde? O final temos unha concelleira que vai gañar máis que a alcaldesa, así xa ninguén pode dicir que a alcaldesa de Sanxenxo é a mellor pagada, haberá que dicir que é a mellor pagada despois da súa concelleira de cultura.
Tamén a dicir verdade que tempo para ir o Senado ten de sobra pois moita iniciativa cultural en Sanxenxo non hai, e a que hai xa se encargan as asociacións e o resto e o mesmo que hai varios anos co cal xa esta todo programado pois traballo feito en Sanxenxo. Así que unha vez que anda polo madriles podía mirar un chisco polos Ministerios para ver si podía traer algo para arranxar a Telleira, que como ben dixen hai tempo sufría inundacións, pero deste tema vou falar nos próximos días, porque ela ten dito moitas veces que a súa mellor fazaña como política foi conseguir que se fixera a Telleira, pois agora ten a oportunidade de superarse, adiante.

Pero a pesar disto en Sanxenxo parecen que as cousas volven a funcionar: “Mañana comenzarán los trabajos de asfaltado de la travesía de Rouxique previo a su humanización” porque despois de ler este anuncio na web do concello vexo como as cousas van volvendo a realidade e a facerse como sempre se fixeron: primeiro asfaltase e logo humanizase. Todos sabemos que primeiro se asfalta e logo furamos para por a tubería do gas, o soterrado do cableado,..., e logo botase unha franxa de chapapote por onde se fixo a aberta e carreteira nova e os veciños dotados de tódolos servizos. Ía sendo hora. Pero xa o di Tino “esto é provisional que logo ancheamos, poñemos aceras e gastamos 1,6 millóns de euros” pero alma de Deus ti non ves que así gastase o dobre que logo hai que volver a chapapotear, pero claro como agora non hai cartiños pois remendamos que logo como esta asfaltada xa os veciños non protestan,

viernes, 17 de abril de 2009

Os números de Nauta SL

Continuando co capítulo dos orzamentos que o concello presentara para o 2008, hoxe vou colgar o investimento previsto para NAUTA SL xa que destinaban a cifra nada desprezable de case 10 millóns de euros, repartidos da seguinte forma:


Investimento




Lector Dixital Matrículas Aparcadoiro
65.000,00
Remodelación Praza do Mar
3.000.000,00
Ampliación Porto
6.586.996,85
Parasoles, tumbonas
60.000,00
VHF Mariño
65.000,00
Compras de Material
50.000,00




Total
9.826.996,85



A espera de ver o orzamento liquidado, o que esta máis claro é que nin houbo remodelación da Praza do Mar, nin ampliación do Porto.

Pero claro que entendo que non fixeran a ampliación do Porto pois como ben se di hoxe na prensa en relación a solicitude de paralizar a ampliación do porto de Portonovo a alcaldesa di: “El Concello de Sanxenxo solicitará a Portos de Galicia que paralice el proceso de licitación de la ampliación y reforma del edificio de servicios náutico-deportivo de Portonovo, al considerar que con esta importante inversión sólo se solventarían los problemas que presenta el Náutico ” (Diario de Arousa)

Agora que en Portonovo Portos de Galicia ía investir 822.000 euros e Nauta Sl na ampliación do de Sanxenxo tiña previsto investir máis de 6 millóns e medio de euros.

As cifras están ahí é o orzamentado para o ano 2008 tamén o que non estan feitas son as obras.

Pero que ninguén se preocupe que para eso a nosa alcaldesa vaille conceder a Raia de Ouro a Rosa Quintana, a gran favorita nas apostas para ser a nova conselleíra de Pesca e que según a alcaldesa "la alcaldesa recalcó el importante trabajo desempeñado por Rosa Quintana al frente de la delegación territorial de la Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Pontevedra, así como en su etapa como directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, “na que fixo unha inmensa labor, especialmente no sector da baixura”. Catalina González recordó la actitud abierta y receptiva hacia los problemas de los marineros mostrada en todo momento por Rosa Quintana “manténdose sempre a carón deles e dando resposta a súas necesidades”. Prueba de ello son “as melloras acadadas nesa época en Portonovo, como foi a consecución da fábrica de xeo que supuxo un grande empuxe para o porto desta vila."

lunes, 13 de abril de 2009

Gastos do persoal. Parte II

Como continuación ao post anterior, agora detallarei canto lles custa aos veciños e veciñas de Sanxenxo a corporación municipal, desde o grupo de goberno (incluíndo cargos de confianza e asesores externos) ata a oposición.

Estes datos corresponden á liquidación do ano 2.007, porque da liquidación do 2.008 inda non se sabe nada e estamos case que a mediados de abril de 2.009.

A cifra total de gastos polos conceptos que relacionei antes ascende a: 716.996 euros.

Deste importe, 360.000 euros corresponden a gastos directos da alcaldía. Os máis importantes son:

  • Gabinetes externos ………………… 166.377 €

  • Persoal de confianza ……………….. 71.430 €

  • Atencións protocolarias ………….. 40.147 €

  • Varios apartados …………………….. 82.208 €

A seguinte partida en importancia é a dos gastos do grupo de goberno que suma 329.518 euros, distribuídos en:

  • Salarios ……………………………………. 278.152 €

  • Outras indemnizacións ……………. 40.117 €

  • Atencións protocolarias …………... 11.249 €

Estes dous apartados suman a escandalosa cifra de 689.518 euros!

Os 27.315 euros que restan, ata acadar o total dos 716.996 euros, corresponden ao que perciben os concelleiros da oposición pola asistencia ás comisións e plenos, distribuídos do seguinte xeito:

  • Asistencia a Comisións ……………… 17.579 €

  • Asistencia a Plenos …………………… 9.736 €

Os concelleiros e concelleiras da oposición mais ben parecen unha ONG, porque o que perciben por facer o seu traballo correspóndese exactamente co 0,07% da liquidación de gastos total do concello.

A verdade é que ser concelleiro na oposición non resulta nada doado porque ¿cantos poden deixar de asistir o traballo cando lle convocan os plenos as 10 da maña? as comisións tamén son pola maña polo que eu no meu caso non podería estar pedindo maña tras maña para ir o concello e menos para asistir a comisións ou plenos extraordinarios postos pola maña por capricho da alcaldesa, non.

O que falta neste goberno é coherencia, respeto polos demáis integrantes da corporación e sobretodo mirarse o espello antes de facer as cousas.

domingo, 12 de abril de 2009

Xa temos inmobiliaria municipal

Hai moito tempo que moitos sospeitabamos da dobre intención da empresa municipal INSULA é esta semana parece que se confirmou dita sospeita: INSULA pasa a ser unha INMOBILIARIA, si, eu tamén o defino así.

Esta semana no consello de empresa cambiáronse os estatutos de Insula para que esta empresa puidese vender pisos que actualmente se encontran baleiros en Sanxenxo porque moitos promotores inflaron os prezos dos mesmos e así de paso facemos amigos e pagamos favores a construtores con cartos municipais, porque eu me pregunto ¿os promotores van a renunciar a gañar cartos en favor de que o concello venda os pisos baleiros?

No 2008 os orzamentos do concello destinaban unha partida de 10.569.901,74 € para Insula Sanxenxo SL, repartidos da seguinte forma:

Compra Terreos Promoción "Vichona".... 3.179.550,00

Obra Civil "Vichona"................................... 5.483.062,16

Obra Civil "Vimbieiro" ............................... 1.907.289,58


Total Investimento Insula ........................10.569.901,74 €

Estamos en abril do 2009 e nin houbo compra, nin nada polo estilo, so unha empresa que ocasiona gastos as arcas municipais pagando un alugueiro e soldos de empregados, no que algunha empregada contratada por INSULA esta traballando en Servizos sociais, claro é normal xa que INSULA carece de traballo.

Por iso hoxe cando leo a denuncia que fai o BNG o respecto estou totalmente dacordo cando din: “o PP enganou á xente de Sanxenxo, sobre todo á xente moza, cando lles prometeu 318 vivendas de 80 metros cadrados, e agora o que queren é convertir Ínsula nunha axencia inmobiliaria para vender vivendas baldeiras”. David Otero recordó al nuevo gobierno de la Xunta que “non esquenza as 405 vivendas que a Conselleria de Vivenda tiña proxectadas para o municipio de Sanxenxo. Vivendas a construir nos contornos dos núcleos urbanos que, dotadas de servizos, axudarán ao asentamento da poboación e a reflotar o comercio local

O que esta claro é que non vai custar o mesmo unha vivenda feita por unha empresa municipal que unha vivenda feita por unha promotora, ¿onde estan as vivendas con protección? O PP moito se encargou de vender que as vivendas ían ser a prezo taxado e incluso se falou de cando ían custar ¿e agora que? ¿van a ser a prezo taxado ou a prezo que o promotor queira? O que tiñan que facer e empezar a reclamar o goberno de Feijoo que se comprometa a facer as vivendas VPO que Sanxenxo necesita e os promotores que vaian baixando os prezos e que se deixen de especular cos terreos, coas vivendas e agora coa oferta municipal e sobretodo que se adapten os tempos que corren porque en vez de gañar 30.000 euros por piso que gañen 6.000 euros e seguro que algún piso máis venderan.

sábado, 11 de abril de 2009

Antes de que pase.

Sempre dixen que o goberno de Sanxenxo é un goberno mediatico, so actua cara a galería pero sen darse conta dos perxuizos que pode causar.

O outro día leo como a Xerencia de Urbanismo vai pechar 3 locais que non cumpren as regras, a laboura da xerencia é velar porque se cumpran as leis pero todo o ano, e non sacar o anuncio de peche 2 días antes da campaña de Semana Santa, pois eses locais levan traballando moitos meses, pero claro publicar esa nova en Semana Santa ten máis repercusión que facelo no mes de xaneiro. Claro pero iso non vende tanto e mentres tantos os donos quedan coa mercancía comprada e os pobres camareiros que pensaban quitar unhas calderillas nesta semana pois xa nada. Si é que o deixamos todo para a última hora.

Pero a explicación esta no seguinte titular: "El gobierno promoverá la reconversión del ocio en Portonovo para recuperar el tradicional tapeo" Como idea mala non é pero xa o di a propia alcaldesa "El Gobierno municipal estudia distintas fórmulas para que los interesados en sumarse a esta actuación puedan acceder a ayudas y subvenciones “que deberían articularse a través de Industria e Traballo.” inda non falaron con nadie pero xa botan as vacas diante do carro. Hai tempo que se cargaron zona dos viños de Portonovo, hai tempo que se cargaron a movida de Portonovo, a xente marchou para outros sitios e danse conta agora, nunca é tarde si a dita é boa pero creo que esto e outro foguete de fume para que os veciños o abrir o xornal poidan ler algunha nova por parte do concello de Sanxenxo.


E outra cousa que non quero deixar pasar por alto é o ESAXERADO DISPOSITIVO da Poli Local de onte en Sanxenxo, porque dende Paxariñas a rotonda de Arnelas levoume cruzar Sanxenxo as 7 da tarde MEDIA HORA. Un poli en cada cruce e 4 locais na rotonda de arnelas producíndose unhas colas enormes, porque en vez de arranxar creo que inda atascaban máis Sanxenxo pero claro logo saíra Almudena dicindo que o número de turistas en Semana Santa foi moi elevado e así o demostra as caravanas que se produciron nas entradas e saídas de Sanxenxo, esta ben que a Poli Local se gañe o soldo pero tamén estaría ben que se deran unha volta polo resto de Parroquias e que non estiveran todos na Rúa Progreso.

Pero volvendo o tema de Almudena estes días fixéronme a seguinte pregunta ¿que sentido ten ter unha concelleira de turismo con dedicación exclusiva si se creou Terra Sanxenxo SL? A miña resposta foi clara: COBRAR 43,400 euros/ano SEN FACER NADA, porque senón se fixo política en turismo menos a van a facer agora que xa hai un ente creado para elo, porque o único que se fixo ata agora foi ir a feiras e a comilonas e ceas-espectáculo. A moitos tamén nos chocou moito que non estivera na presentación da Festa da Raia pois moito vender que se fai o 1 de Maio para así atraer visitantes esa ponte a Sanxenxo pero a responsable de Turismo non se asoma na foto ¿realmente esta concelleira existe? ¿cal é o seu cometido para cobrar 43.400 euros/ano?

miércoles, 8 de abril de 2009

Gastos do persoal. Parte I

Hai algún tempo alguén pedía saber de canto era a partida que se destinaba a Gastos de Persoal, pois ben vou dar algúns datos que obran no meu poder é que fun obtendo estes últimos anos onde se pode ver o incremento de custes:

Empezarei por recordar o que cobra cada concelleiro e o persoal de confianza:

(NOTA: a día de hoxe inda non se coñece a liquidación do ano 2008 polo tanto os datos máis actuais son do 2007, en canto o soldo a alcadesa dixo que no 2008 non subirían.)


2004

2005

2006

2007

Alcaldesa

37.393,00 €

38.140,86 €

38.140,86 €

64.400,00 €

C. urbanismo

24.446,64 €

24.935,57 €

24.935,57 €

47.600,00 €

C. cultura

24.446,64 €

24.935,57 €

24.935,57 €

47.600,00 €

C. Turismo




43.400,00 €

C. Deportes




44.100,00 €

C. Persoal




28.800,00 €

C. Obras




28.800,00 €

C. Facenda




28.800,00 €

C. Servizos

11.826,00 €

12.062,52 €

12.062,52 €

28.800,00 €

TOTAL: 362.300,00 €

O custo do persoal de confianza composto por: 1 xerente de Urbanismo, 1 Secretario, 1 Secretaría adxunta e 1 Prensa no 2007 ascendeu a: 136.842,98€.

Polo tanto o Goberno de Sanxenxo cústanos un total de: 499.142,98€


Agora vamos ver os gastos totais de Persoal tanto do concello como das distintas empresas municipais:


2004

2005

2006

2007

CONCELLO

5.050.799,16

5.489.816,32

4.094.471,10

4.784.273,66

O.A. TERRA



1.277.753,50

1.685.683,05

X. URBAN



830.318,90

875.200,74

NAUTA SL



602.594,81

924.319,84

INSULA SL




83.052,27

TOTAL

5.050.799,16

5.489.816,32

6.805.138,31

8.352.529,56


Hai que ter en conta que cando se creou O.A. Terra de Sanxenxo, Nauta SL e a Xerencia de Urbanismo parte do persoal que se foi a estes organismo pertencían xa o concello co cal non significa que no ano 2006 o concello tivese menos gastos de persoal senón que parte dese persoal que antes cobraba con nómina do concello pasou a cobrar con nómina dalgunha das entidades creadas

Agardo que esto vaia clarexando un pouco máis os datos económicos do concello e a medida que vaia tendo máis os irei colgando.

jueves, 2 de abril de 2009

Sanxenxo triplica la deuda media gallega

El ayuntamiento pontevedrés tiene un endeudamiento bancario de casi 800 euros por habitante. Tras los siete grandes municipios gallegos, figuran los de Vilagarcía de Arousa y Sanxenxo, además de Boiro, Poio, Culleredo, Narón y O Grove, todos endeudados por más de 6 millones de euros. Entre ellos, destaca el caso de Sanxenxo, cuya media por habitante más que triplica el índice a nivel autonómico. Este ayuntamiento pontevedrés cerró 2008 con una deuda de 13,7 millones, lo que supone 796 euros por cada ciudadano.”


Días atras comentaba que este ano o orzamento roldaría os 50 millóns de euros, agora sabemos que a deuda aproximadamente é de case 14 millóns de euros, logo hai que ter en conta que o liquidado ano tras ano rolda os 30 millóns de euros, así que este ano, para non variar, os orzamentos serán para pagar deudas, para pagar soldos, para pagar gastos e punto.

Veremos as mesmas obras que anos anteriores, iso si, sacaran as que lograron facer con cartos de ZP, pero o resto serán as mesmas.

Logo haberá que añadir o gasto que vai a ocasionar o erro da Xerencia de Urbanismo no tema do cemiterio de Dorrón, porque a saber o importe que lle van a dar para que o promotor non os denuncie. Angel ¿onde andas metido?¿non tes nada que dicir? Ti es o concelleiro de Urbanismo e non se che escoitou nada, claro mellor que fale a alcaldesa non vai ser que fales de máis.

Tamén hai que ter en conta que non apareza ningunha sanción nin contencioso máis, porque a larga todo suma e o final os veciños teremos que traballar un mes para doarllo o concello para saír da crise a que nos estan levando pola mala xestión dos recursos.

O que pasa é que están esperando a que o Salvador Feijoo lle inxecte unha cantidade para así ir tirando para adiante. O ano pasado presentaron os orzamentos en xuño é este ano vai ser igual porque custar custa cadralos e logo hai que facerlles eliminacións internas, axustar o debe e o haber, e claro logo hai que subir as tasas nos programas sociais como o PAIFILLONAI ou mesmo os impostos como a recollida do lixo, recadar para tapar buracos, como din os vellos, pero por moito que unha man tape a outra e se fagan trasvase de capital a deuda permanece e cun pouco de sorte esperemos que non a incrementen.

As matemáticas non minten, o que hai é moitos matemáticos mentireiros” xa o dicía D. Thoreau, pero tamén hai moito economista-administrador que eu para a levar a miña casa non chos quería nin pagándome por elo.