jueves, 30 de octubre de 2008

Menos portugueses nas praias galegas

Mirando a páxina web do CETS topeime cunha noticia realmente curiosa que fala da ocupación hoteleira dos visitantes portugueses en Sanxenxo: ”Sanxenxo, um destino que virou moda entre os lusos nos anos 90 por causa das suas praias, gastronomia e movida nocturna, ressentiu-se de tal forma da acentuada quebra, que os hoteleiros, acreditando que o Norte de Portugal está mergulhado numa profunda crise, desinvestiram por completo na promoção turística do lado de cá da fronteira. Nos hotéis, parques de campismo, restaurantes, lojas, ruas e praias, ainda se nota a presença portuguesa, mas a realidade é só uma: nas praias galegas, já não se ouve falar Português com a mesma frequência. ” nesa noticia recoñecese que na actualidade non é asi: “"Há uns anos, nos finais dos anos 90, inícios de 2000, eram tantos os portugueses, principalmente na segunda quinzena de Agosto, que não sabíamos onde estávamos, se em Sanxenxo ou se num local qualquer de Portugal. Era normal a avalanche. Hoje não há", desabafa Francisco Gonzalez, líder do Consórcio de Empresários Turísticos de Sanxenxo (CETS), referindo que, para o período de maior afluência deste ano, a expectativa permanece baixa.

Polo tanto me pregunto eu ¿porque non promocionan Sanxenxo en Portugal? Este verán foi o verán que menos portugueses se viron por Sanxenxo ¿a concellalía de Turismo douse conta? Claro logo asistimos a feiras que repercuten un 0,18% nas estadísticas de ocupación.

miércoles, 29 de octubre de 2008

Outra Ollada


Hoxe quero facerme eco desta actividade que me achegaron por mail onte “Outra Ollada” pois é unha actividade con vistas a potenciar a oferta turística en outono coñecendo as posibilidades que oferta o noso concello é de forma gratuíta. Na web da asociación aparece toda a información www.arelasdeaquelar.com


O que se pode observar é que é unha actividade gratuíta, cousa de agradecer nos tempos de crisis que corren e unha oferta formativa para todolas idades.

Hoxe no diario de Arousa aparece o seguinte: “desde el Gobierno de Sanxenxo “facemos un traballo serio e responsable cuxa remuneración é a necesaria para desempeñar os cargos que se ostentan”, concluyeron. “ As veces non fai falla ir a feiras nin facer grandes inversións primeiro comecemos coñecendo o que pusuimos para poder venderllo o que nos visitan. As veces as pequenas accións gratuítas surten máis efecto cas grandes ceremonias que so conlevan gastos as arcas do concello.



martes, 28 de octubre de 2008

Ceminterio SI

Parece que as cousas se van aclarando o menos o que respecta o cemiterio de Dorrón pois o xuíz anulou as licenzas dos chalés próximos a dito camposanto. Agora Sanidade procederá a conceder o permiso de ocupación sempre tendo en conta que cabe recurso de apelación contra dita sentencia.

Agora falta ver os pasos que van dar as promotoras dos chalés e de si vai a haber novos contenciosos. Ai, foi vir Farruco saír na Galega e sentencia na man.


Agora o tema dos mortos parece que esta solventado pero o dos médicos ¿para cando?

viernes, 24 de octubre de 2008

INDIGNANTE

Hoxe quero falar dun tema que me preocupa e bastante: A SITUACION DA ATENCION PRIMARIA EN BALTAR.

En Baltar hai 13 médicos dos cales 7 de baixa e de folga, ¿FOLGA? Ti pides a túa cita para receitas ou por enfermidade e cha dan sen problema e logo chegas alí e topas un cartel na porta da consulta que pon: ESTOU DE FOLGA E SO ATENDO AS CONSULTAS QUE CREO QUE SON URXENCIAS, e podes pasarte alí toda a maña e nin un médico se digna a preguntar e claro logo fan campañas polo BO TRATO.

Haber non somos un número nunha lista de consultas diarias, nin un número nunha lista de espera, SOMOS PERSOAS non gando, as enfermidades non teñen unha data de aparición nin nada polo estilo, hai persoas que toman medicamentos vitais para a súa saúde: problemas de corazón, de circulación, alerxias, asma,...., e che din que volvas outro día que iso non é urxente. E non vaias por urxencias que che din: ¿NON PUDO IR O SEU MEDICO DE CABECEIRA? E danche gañas de dicirlle: si ir fun pero estar non estaba, e que de verdade xa non sabes si te están vacilando ou cho din como eu digo bos días por costume o cruzarme cunha persoa.

Dende aquí quero saber ¿que medidas se estan tomando o respecto? tanta baixa xunta non é normal, e logo a folga ¿que reclaman? O menos poñédevos na porta a explicar o que demandades que para vervos sentados na consulta xa o estades moi a miúdo.
O concello tamén debería estar mirando polo tema, ¿quen é o responsable desta area ?, que mova o cu dunha vez que médicos non hai e logo saíran na foto cos da deputación dicindo que Montecelo esta saturado, normal, que somos veciños e pagamos impostos e si hai que ir a Santiago a petarlle na porta a conselleira de Sanidade vaise. Logo o PSOE local ¿onde están? Esta é unha competencia socialista, moito sintrom moita leria e levamos unha semana de baixas e de folgas e pola pinta deus sabe cando acabara. E por último a consellería de Sanidade e o delegado provincial tomen cartas no asunto porque os usuarios de Baltar tamén MERECEMOS UN BO TRATO, que así como temos obrigas tamén temos dereitos.

Así que amigos e amigas en Sanxenxo non podemos nin enfermar nin morrer: nin médicos nin cemiterio, viviremos eternamente, pero eternamente indignados.

martes, 21 de octubre de 2008

Desgoberno no goberno

El Ayuntamiento ha decidido realizar una investigación para conocer el índice de representación política de las mujeres en la institución municipal, especialmente a nivel de concejalías, entidades y órganos autónomos. “ Este parrafo esta sacado hoxe da Voz de Galicia.

Todo isto deriva porque o concello saca o II Plan de Igualdade de oportunidades, vamos que xa houbo un primer plan de igualdade que quedou la mar de bonito no papel porque non se viron resultados, agora aparecen cun segundo plan e din que fan facer unha investigación ¿acaso non coñecen os empregados que hai no concello? Pero claro a min dáme que todo isto deciden facelo a raíz da denuncia feita por Sandra Fdez Agraso a concelleira do BNG pero ¿que medidas inclúe este plan?¿máis garderías, aulas de espera, comedores escolares, ...?

Pero si todo esto sirve para que no próximo tribunal de contratación estea unha funcionaria para cumprir a lei de paridade e non hai máis cambios seguirei pensando o mesmo: QUE BONITOS QUEDAN ALGUNS PLAN NO PAPEL.

Por outro lado temos a antena de telefonía de Arra na que a alcaldesa parece que descubriu as Américas ó dicir que non dara licenza porque non esta incluída no Plan de Implantación e danse conta 3 meses despois de que existe un plan que eles mesmos fixeron vamos que cada día deixan máis claro que descoñecen o PXOM que eles mesmos redactaron nin o concelleiro de Urbanismo ten idea do que ten entre mans e menos o xerente porque senón se pode dar licenza iso deberianno saber dende que se presenta a solicitude de licenza pero claro SI COLA COLA. Se miramos os pasos dados:

04/07/08. Solicitude de licencia de actividade.

28/07/08. Resolución que admite a trámite la solicitude.

11/08/08. Certificación catastral de los colindantes.

Desde este momento xa deberían saber que a antena non estaba incluída no Plan de Implantación ¿entón para que seguiron co expediente? Ou ¿ descoñecían ese plan? Vamos que estamos gobernados por un desgoberno no que os veciños debemos ter os ollos ven abertos.


miércoles, 15 de octubre de 2008

¿Merecemos tanto?

Maña parece que o fin comenzase a dar as licenzas para o polígono pois o concello xa non se pode permitir a perda de máis empresas e o mesmo tempo esas licenzas son unha entrada de cartiños nas arcas, pero tamén deberían apurar a empresa urbanizadora a que corrixa as deficiencias que existen no polígono e non deixar que os meses pasen e pasen sen máis.

Pero eu so sei que estamos a 15 de Outubro é do prometido para este ano so esta Punta Vicaño e a praza da Adina

* ¿onde estan as garderías de Baltar e Vilalonga?

* ¿onde esta a estrada do polígono a Vilalonga? (e para iso que se presumiu de convenio coa deputación)

* ¿onde esta recuperación do litoral?

* ¿onde estan as beirarrúas de Noalla ata o Telleiro?

* ¿onde esta o arranxo do Pazo de Quintáns, do Priorato ou da casa de San Fernando?

* ¿onde estan as instalacións solares nos edificios públicos?

* E a gran incógnita INSULA ¿para que se pagan 3 soldos e un local senón hai movemento?

E así podería seguir preguntando pero a verdade que obteño a mesma resposta que si lle preguntase a unha parede pero o 15 de Outubro do 2009 fareime as mesmas dúbidas, pero os parvos de sempre seguiremos pagando ata por ir buscar o certificado de empadroamento.




miércoles, 8 de octubre de 2008

Todo por unha placa

Onte recibín unhas fotos por mail para que as publicase no blog cunha pequena descrición da situación.

As veces parece que os que gobernan teñen que facer algunha obra solo para alimentar o seu ego e cando miren atrás poidan dicir: ESO TEMOLO GRACIAS A MIN. En Sanxenxo temos unha obra que foi inaugurada e so usada para un par de actos, a impulsora desta obra foi a concelleira de Cultura que tanto se encarga de recordar tratase da Telleira en Vilalonga pero inda que queda preto da súa casa non debe ir por alí nunca porque o estado no que se atopa é lamentable. Hai uns indicadores que nos indican que hai un Centro de Interpretación da Natureza e como se pode comprobar si que hai natureza abondo: as herbas empezan a cubrir a cheminea, a porta de servizo, o entorno, hai unha arqueta cun buraco o que calquera neno pode sacar a tapa,.., pero a obra esta feita.

Si hai cartos neste concello para facer obras faraónicas pero non para o seu mantemento pero o importante é poder dicir: FIXOSE GRAZAS A MIÑA XESTION, pero non hai cartos para por un monitor para as Aulas de Despertar nos coles, as actividades extraescolares son de pago incluso a tan laureada ludoteca que costa sobre uns 17€/ano por neno (na meirande parte dos colexios da comarca do Salnés son gratuítos), e agora me diredes que é un cantidade irrisoria a que hai que pagar pois o mellor cantidades irrisorias poderían permitirnos ter plan madruga e comedores escolares nos colexios, pero claro quen se vai a recordar que no 2008 unha mocion do BNG para que os colexios teñan comedor e aulas de espera foi rexeitada de maneira taxante polo PP, pero claro, é normal, xa se sabe que eses servizos non levan placa conmemorativa , pero a Telleira vende máis inda que estea abandoada.

Esperemos que pasen os operarios de servizos a segar a herba e lle dean uso a Telleira inda que so sexa para deixar de pagar alquileres polo concello adiante.




lunes, 6 de octubre de 2008

Sentimonos observados

Teño a manía de comezar a ler os periódicos sempre pola páxina de Sanxenxo e logo xa continua co resto e sempre procuro facelo a primeira hora por iso ter que ler certos titulares ou mesmo o que se di nalgunhas entrevistas conseguen que o desaiuno se che trabe.

En Sanxenxo necesitase unha depuradora porque co incremento de vivendas que se estan a facer en Dorrón, as que temos actualmente no Concello son insuficientes, non me vale a escusa de que os de Poio nos queren mandar as fecais para Sanxenxo pois temos que recordar que Sanxenxo tamén manda as fecais a Meaño. Pero o que si me molesta que meses despois de que se comprometeron a buscarlle unha solución o tema seguimos igual: “En Sanxenxo se garda silencio, quizás porque discrepan de la ubicación de la depuradora. ””El titular de Medio Ambiente reprocha a los alcaldes el no haber puesto a disposición de la Xunta ni un metro cuadrado de terrenos para el paseo ni tampoco avanzado nada en la disponibilidad de las parcelas de las depuradoras. ” Pero logo pagaremos multas por verter a ría e por contaminación. Claro logo queixámonos de que os proxectos van lentos porque a Xunta os mira con lupa, agora que tamén se pide entrevista co conselleiro de Medio Ambiente e non a recibe ben se pode espabilar dito conselleiro e recibila porque sen falar e debater os proxectos non se avanzar. Fala sobre o Revel e sorprendeunos coa nova de que quere facer un pequeno desvio dun regato, sinceramente espero que Augas de Galicia llo denegue, xa esta ben de canalizar regatos, de desvialos, de obrar en humedais, ..., XA ESTA BEN DE MALTRATAR OS ESPAZOS NATURAIS logo co tempo chegaran as enchentes, a auga buscará o seu cauce natural e levara por diante o que atope o seu paso. Todo esto sucede por facer os proxectos sen antes estudar o terreo logo topámonos que onde pensaban facer un centro-sociocultural case mellor facer unha piscina e onde pensaban facer pisos de VP Municipal hai problemas de humidades tamén.
Logo lemos que segun a axencia europea de Medio Ambiente a nosa costa é das máis vulnerábeis ante o cambio climático pero que máis da mentres poidamos abrir as fiestras e contemplar a ría de Pontevedra dende Os Cotos ou dende Festiñanzo, e que esas vistas non teñen prezo.
Da igual, en Sanxenxo VAI TODO BEN: “Realmente no se notó casi nada este verano. Notamos muy poquito, un punto por debajo la ocupación hotelera y en los consumos. Y en el sector del comercio se mantuvo todo muy bien, puesto que el mal tiempo hizo que los turistas y vecinos realizaran más compras. Varios visitantes incluso se llevaron de aquí chándales para sus niños y otro material para el curso escolar. El verano nos vino como agua de mayo, ya que la empresas estaban empezando a notar la crisis a fondo. Julio y Agosto supuso una inyección importante para la economía local. ” Eu non sei o que notou a alcaldesa pero a maioira dos hoteis non o notaron un “poquito” sinon un “muchito” no que estou dacordo é que o comercio se mantivo so había que ver as colas dos supermercados e a cantidade de fiambre e pan que se mercaba.

Mentres non teñamos que preocuparnos pola factura trimestral do cole dos nenos, en Sanxenxo todo segue igual.

sábado, 4 de octubre de 2008

¿Preocupación? En Sanxenxo non temos ese sentimento

Levo dende onte preocupada, atopámonos en crise, chegar a fin de mes cada vez nos custa máis e sobre todo nas familias que so traballa un membro, se temos fillos que criar, se estamos coa hipoteca as costas,...., e así unha numerosa lista de penalidades.

E que dos malos tempos non se libra ninguén nin tampouco Mariano Rajoy que recibiu o recibo trimestral do colexio dos seus fillos esta PREOCUPADO.






Menos mal que ten un bo soldo, a súa muller tamén traballa, poder pagar unha niñera para que me levase os nenos o cole, poder pagar un colexio privado con programas de “aulas de espera”, comedor e ata un programa de tarde con actividades extraescolares ata que os pais rematen a xornada laboral para ir recollelos, non estar pendente da hipoteca, ter residencia habitual e outra segunda vivenda vacacional (ou máis). Claro que ter que renunciar a todo esto si que é para preocuparse ter que levar os nenos a coles públicos onde non hai comedores, nin programas madruga, depender de aboas e de que no traballo che permitan adecuar o horario co horario escolar, ¿a que en Sanxenxo esto non pasa?.

Vivir nun concello que aposta pola industria, que xenera traballo, que se preocupa de que as empresas non se vaian para outros concellos e para as de nova instalación lle facilita solo industrial, un concello no que a oferta cultural, educativa e de ocio fose pioneira e diversa, EU SI QUE NON ESTARIA PREOCUPADA.

Que inxusta é a vida cos ricos, cos que teñen posibles, cos que mandan, o pobo non debería permitir que sufran, que estean preocupados, deberíamos apretar máis o cinturón, pagar máis impostos e ata porque non facer como se facia antigamente ir traballar as leiras dos ricos, dos curas GRATIS para que non se preocupen por nada, para que poidan alimentar os herdeiros de fortuna familiar e así seguir coa estirpe.


viernes, 3 de octubre de 2008

VIPS e a impugnación.

O pleno do martes segue dando que falar e o seguira facendo durante unha boa tempada e eu hoxe quero falar dun punto que me chamou moito a atención.

Nese pleno levábase a aprobación da comisión xestora do SU17, o famoso SU da diferenza de metros e que tantas noticias xenera ultimamente.
Pero o que máis me choca neste asunto é a intención do VIPS de impugnar o acordo porque a alcaldesa lle negou o turno de replica durante o pleno pero ¿este é o motivo real? ¿é so unha escusa?

Todos sabemos que o grupo VIPS sempre vota a favor de calquera SU, si o PP vota a favor el tamén inda que non estea de acordo, recordemos o caso do incremento de custes do concello e da humanización de Portonovo non esta dacordo pero vota a favor, logo di que vota en contra da moción do BNG sobre as aulas de espera porque non a leeu (votando o mesmo co PP) e así unha serie de incongruencias cada vez máis estrafalarias, ¿como se pode non estar dacordo en algo e logo apoialo?, Acaso a línea política a seguir é a de apoiar o PP ¿por si acaso nas próximas eleccións somos chave para gobernar?

Seguir a estratexia de “o que fai a man dereita que non se entere a esquerda” a veces pode levar a contradicións cando hai que pagar custes políticos. Critica o informe realizado pola asesoría xudírica feito para o SU17 porque segun el non sería a primeira vez que un informe non é correcto pero ¿Por que o deste SU17 o quere impugnar e o resto de informes incorrectos o final acaba por aprobalos xunto co PP nos plenos? Explique os motivos, saquenos de dúbidas, todos os días sae na prensa opinando de todo aproveite e diganos porque quere impugnar este acordo pois seguramente que os veciños nos interesa máis saber o porque que leer a opinión que ten sobre o poste de tensión de Vilalonga.

Non quixera ser mal pensada pero si contemplo as alegacións que tivo dito SU e sobre todo por quen as firman venme a memoria as eleccións municipais e a campaña que fixo o VIPS, lembro como se posicionan cada promotor ata lembro os comentarios de financiamento da campaña e sumo 1+1= X e o final obteño un resultado un mesmo nome, un mesmo promotor. Claro agora saldran dicindo que difamo, que especulo, ..., pero este é un concello pequeno que case todos nos coñecemos e as unións por interese tarde ou cedo acaban por pasar factura, pero a pregunta é ¿vale gobernar a calquera prezo? O goberno de Sanxenxo basease no ladrillo pero se queremos crer nunha oposición veraz ¿non se debería aplicar o mesmo raseiro para todas as urbanizacións?

miércoles, 1 de octubre de 2008

O PP na prensa aproba, no pleno denega

Si hai uns días foi o Diario de Arousa agora topámonos coas noticias erradas do Diario de Pontevedra iso pasa por escribir adiantándose os feitos ou mesmo por facerlle caso as declaracións do grupo de goberno.

Segun dito periódico onte o PP apoiou a moción do BNG de crear un aula de espera nos colexios para así as nais e pais poidan conciliar vida laboral e vida familiar, iso si cunha condición que se incluíse un estudo para que no caso dunha aportación económica corra con ela a Consellería de Educación. Isto parece ser que era o que tiñan pensado facer a tarde pero durante o pleno rexeitaron dita moción porque non están dispostos a negociar con ningunha Consellería, total que máis da que moitas nais teñan que facer números para chegar axustar horarios e moitas veces recurrir as aboas para que lle leven os nenos o cole, pero claro a idea non é deles é por iso non gusta pero moitas nais estarían moi agradecidas.¿Por que a rexeitaron realmente? Pero sen embargo hai cartos para pagar erros en medicións, cartos para ir a Madrid a comer o Ritz (que xa falarei deste tema), cartos para todo menos para potenciar o emprego das mulleres, porque por unha ou dúas monitoras nos colexios un par de horas iso o final de ano non chegaría ó 0.15% do presuposto que ten o concello.

Hai Paz, ti como muller ben poderías entender certas necesidades e non por ter que ir falar coa Xunta rexeitamos un bo servizo, si agora intentar conseguir axudas e subvencións para servizos resulta unha incomodidade xa me dirás que sentido ten a túa labor como concellería de Educación: ¿asistir os consellos escolares (cando vas), mandar as monitoras facer actividades extraescolares e o programa Pai-fillo-nai?.E resaltar o voto en contra de VIPS porque segun el non lera a moción, pero logo non esta dacordo coa suba das obras pero vota a favor e nesta que supón un beneficio vota en contra, a min que mo expliquen. A non ser que o VIPS non teña política social e nin se molesta a ler. Hai mocións que sexan do partido que sexan deberían ser aprobadas por tódolos grupos porque son beneficiosas para os veciños e non estar pensando nas siglas e sinon que miren o que sae na Voz de Galicia, o que o PP fai na comarca en Sanxenxo fan todo o contrario.

Logo falan dunha moción do PP que como xa eran as 12:30 non se leu nin se votou, pero segun o Diario aprobouse cos votos do PP. Dame que así quedaban ben cos veciños que leran a prensa pero esta vez erraron no tiro pois os veciños cada día demandamos máis información veraz e espero que colguen pronto a acta do pleno para que a poidamos ler con calma.

E non podo deixar atrás o golpe de efecto do PSOE anunciando que van levar a aprobación do incremento do importe das obras da casa do concello e da humanización de Portonovo ante o fiscal anticorrupción ¿ameaza ou realidade?¿fume ou brasas?