viernes, 18 de abril de 2008

Xuro por Deus que xa non volverei a pasar fame voume autoabastecer

As veces tópome con ideas moi interesantes e ata novidosas senón fora pola contradición coas que son presentadas e tendo en conta a particularidade na que esta envolta Sanxenxo. Reenvíanme un correo da OMIX que lle foi enviado a un usuario e que sen pensalo dúas veces mo enviou e no que aparece o seguinte:

Sabiades que, segundo un estudo realizado pola Escola Médica de Tokio con maiores, quenes viven en zonas con árbores e vexetación, amplos espazos verdes e casas con abundante luz natural, viven ata cinco anos máis, que os/as residentes en núcleos urbanos conxestionados ou en zonas có entorno moi degradado??

É dicir, que se queremos desfrutar máis plenamente da vida e vivir máis anos, temos que contemplar verde e vivir en áreas con vexetación, de xeito cotiá!!

Se xa vivides nun lugar destas características estupendo, pero se non dispoñedes dun entorno así, podedes crealo, se contades cun pequeno balcón ou unhas desaproveitadas ventás, terraza ou patio, a semellanza do que se están a crear nalgunhas cidades norteamericanas coma Nova Iork, Chicago, San Francisco ou noutras moitas centroeuropeas e incluso asiáticas.”

Pois si, tratase do Taller de Horta Ecolóxica que van facer no concello a idea é boa senón fora que en Sanxenxo non hai espazos con protección agrícola e aparece o seguinte: “Dita iniciativa vai dirixida, tanto aos/ás mozos/as de 14 a 35 anos, que sexades afeccionados/as e esteades interesados/as nun manexo ecolóxico do voso xardín, balcón, etc., así como aos/ás novos/as profesionais do medio agrario, que queirades achegarvos a modelos produtivos máis sustentables e mellor valorados que os convencionais. “ ¿novos profesionais do medio agrario? Sera para os mozos do concello de Meaño ou Ribadumia, ah non, será para o dono que está acondicionando o terreo na Granxa e así en vez de eucaliptos vai plantar leitugas ou mellor chales baseados na bioconstrución que estan moi demandados.

Pero bueno por recomendárvolo que non sexa:Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Sanxenxo propoñémosvos por vez primeira e a través dun OBRADOIRO DE HORTA ECOLÓXICA, converter estes espazos domésticos, en lugares saudables e de recuperación do contacto coa natureza, cultivando hortalizas, plantas aromáticas ou condimentarias, que vos permitirá, por unha banda, proveeros de produtos sans e de máxima calidade para o voso autoconsumo e por outra, colaborar nun desenvolvemento sostible do noso medio. e sobretodo cando nos invitan a colaborar nun desenvolvemento sostible do noso medio xa que parece que eles non son capaces fagamolo nos, enchamos os balcóns de leitugas, as ventanas de testos con plantas de pementos, as rotondas de Sanxenxo con cebolas para que a festa non desaparezca, e como non usar a Telleira como invernadero para semilleros de tomates, alloporros, cenouras, ....., e inda nos queda un espazo na guantera do coche no que en vez de por o típico San Pancracio coa moeda e a rama de perexil que mellor que poñer unha macetiña chea de perexil así de paso tamén temos nos serve de ambientador. Así que sexamos modernos e preparémonos para autoabastecernos e nunca se vos ocorra plantar na horta nada non vos vaia caer unha multa por plantación ilegal nun espazo clasificado como espazo rústico ou urbanizable.


Rabindranath Tagore dicía que: "Convertide unha árbore en leña e podrá arder para vos; pero xa non producirá frores nin froitos".