A maioría dos problemas que temos no concello é a causa do urbanismo e logo séguenlle a carencia de servizos seguida do incremento da inseguridade que se ven producindo nos últimos meses.
Unha vez me topo na prensa con declaracións do concelleiro de urbanismo: “estamos velando pola legalidade urbanística e defendendo os intereses municipais” si velar pola legalidade primeiro e dar licenzas e logo retiralas, si velar pola legalidade é omitir informes, si velar pola legalidade é non ter presente o Pxom a hora de aprobar os plans parciais, si velar pola legalidade é poñer recursos que logo se perden,.... entonces si velan pola legalidade.
A miña pregunta é a seguinte ¿de que nos vale ter unha xerencia de urbanismo?¿estamos mellor agora coa xerencia ou antes de tela? E así un sin fin de preguntas porque quen pagamos as consecuencias somos os veciños e non os responsables que as cometeron, quizais por iso este órgano debería estar máis controlado porque non podemos permitir que cada semana nos topemos cun novo escándalo e inda os que estan por vir e que nas próximas semanas nos iremos enterando. Se facemos unha quiniela anunciando cal vai ser o novo escándalo seguro que a maioría de nos acertamos pois ata a cousa máis sinxela parece que se lles resiste.
¿Como controlan as infraccións urbanísticas? Temos unha persoa encargada de disciplina urbanística, uns policías locais de urbanismo, un xerente, un arquitecto, técnicos,.... e case sempre se dan conta polas queixas dos veciños ou porque unha administración superior os chama a filas ¿que falla? ¿pasarían unha auditoría de rendemento? Todos sabemos que non porque en ningunha empresa privada permitirían cometer tantos erros en tan pouco tempo e menos perder tantos cartos en procesos xudiciais pero no caso que nos ocupa como xogan cos cartos dos veciños non pasa nada e sobretodo cando algúns viven fora do concello e non teñen que pagar impostos.
¿Canto máis podemos aguantar? E non quero pensar como van a controlar as novas normas da Lei do Hábitat Galego onde é obrigatorio a instalación de paneis solares así como o aproveitamento da auga da choiva ¿está a xerencia preparada para controlar estas novas normas?
So fai falta poñer un pouco de sentido común que tan olvidado teñen e como ben di Jorge Bucay “O verdadeiro buscador crece e aprende, e descubre que sempre é o principal responsable do que sucede” por elo antes de varrer as casa alleas deberíanse varrer as propias porque mirar a palla no ollo do outro é moi fácil.