domingo, 27 de abril de 2008

Gool: Novas Xeracións 1 - Resto Poboación 0

Hoxe vou plantexar un debate o unha dúbida que onte falabamos un pequeno grupo de amigos, amigos que a maioría temos nenos que soñan con ser deportistas e por iso o noso deber como pais é axudalos no que poidamos, uns queren ser futbolistas, outros dedicarse a canastra, outros tenistas, algún decantase polos deportes naúticos, sen olvidarse dos deportes de motor .... e así un sin fin de deportes a cada cal con máis ou menos posibilidades. Os domingos aproveitamos para ir a ver como xogan os cativos, o noso equipo local, ver algún campionato que se fai na comarca ou sentarse a ver calquera retransmisión deportiva.
Todo isto ven porque o concello outorga subvencións as entidades deportivas así como a deportistas locais, ata aquí todo correcto e ademais é necesario apoiar este tipo de iniciativas pero o debate esta no criterio que se segue para conceder esas subvencións ¿que baremos se seguen? O pasado 28 de febreiro foron aprobadas e agora permanecen expostas no taboleiro de anuncios do concello. Deixando a un lado os clubs grandes como poden ser o Portonovo ou o Vilalonga centrémonos nos demais e a miña sorpresa ven dada o ver que a Asociación Cultural e Xuvenil “Os Raposos ”de Aios se lle concede 1.000€ e por exemplo o equipo de Baloncesto de Portonovo tan so 600€ e se temos en conta que Os Raposos organizan un marcha popular o día de San Antonio e ningunha outra actividade deportiva coñecida e os segundos teñen desprazamentos, gastos de material,gastos de equipamentos, pagos a federación,... ¿cal é o raseiro empregado? E este é un exemplo dos moitos que hai no listado, pois vendo entidades que teñen competicións case todo o ano e moven aficionados e teñen canteira eu non o vexo xusto a menos que se temos en conta quen son os presidentes de cada un dos clubs subvencionados e partindo de que a presidenta dos Raposos de Aios é Ana Jabois presidenta das Novas Xeracións do PP eu non quero ser mal pensada pero dáme o corpo que ou lle digo o neno que se me meta maratoniano ou en calquera outra actividade os pais seguiremos apoiando non so moralmente e fisicamente senón tamén economicamente para que os nenos non perdan a ilusión e dicirlles aquelo de “o importante non é gañar é participar”.

Por iso me pregunto: 1. ¿Debese primar o amiguismo ou o deporte? 2. ¿Débense primar os deportes con maior repercusión fora do concello ou os outros? 3. ¿Debese primar por número de participantes e continuidade ou por una evento nunha data concreta? 4.¿Debería haber unha comisión para debater a quen se lle dan as subvencións formada por políticos e por persoas relacionadas co deporte?

miércoles, 23 de abril de 2008

Vilas Mariñeiras en Barcelona ¿seguro?

Como ben todos sabemos onte celebrouse en Barcelona a presentación do Club “Vilas Mariñeiras” do cal Sanxenxo forma parte e lendo o Diario de Arousa ocorreuseme mirar na prensa catalana haber que se dicía deste evento e cal foi a miña sorpresa que o luns no Diario Montañes so nomean a Sanxenxo como integrante deste grupo e si publicitan a Cantabria e na edición de hoxe non se nomea a Sanxenxo e si as outras vilas falando dos seus productos e da gastronomía desas vilas cunha frase que define moi ben este feito "La Asociación Villas Marineras celebra dos encuentros gastronómicos: uno, anual, en Madrid, y otro, cada dos años, en Barcelona. Con ellos pretende dar a conocer, a través de su oferta culinaria, los destinos turísticos del Cantábrico" será porque Sanxenxo esta no Atlántico. Despois fixo na Vanguardia e no Periódico que non sae a noticia (o menos no edición dixital) e en 20minutos solo se fala deste evento na edición de Santander e desta vila. Pero entón díxenme si Sanxenxo foi nalgún lado ten que aparecer e fun mirar a algunha revista especializada en Turismo e na revista Viaxar apenas hai unha reseña do evento.

Co cal ¿esta é a fabulosa promoción que se fai de Sanxenxo? Porque promocionar o evento no diario de Arousa e no de Pontevedra non ten mérito pois de todos é coñecido Sanxenxo pero unha que vez que saímos fora da provincia ¿que imaxe proxectamos?¿como vendemos a oferta turística de Sanxenxo? E non olvidemos que Sanxenxo ten Excelencia Turística e xa estamos a porta do veran e seguimos sen ver os resultados de iniciativas de fomento do Turismo. O ensaista Hubbard dixo que "nadie necesita máis unhas vacacións que aquel que acaba de telas" o problema ben dado naqueles que viven de vacacións permanentemente.

lunes, 21 de abril de 2008

Equipo a espera dun campo

Hoxe vou a aproveitar e felicitar ó Sanxenxo Club de fútbol polo seu ascenso a Rexional Preferente, un ascenso que levan tempo loitando para acadalo e que esta fin de semana se acadou.

O Sanxenxo un club que espera poder disfrutar dunhas instalacións e dun campo en condicións e que lles foi prometido hai tempo, campo que ia estar situado na Cidade Deportiva de Sanxenxo sita xunta a rotonda da entrada da futura autovía no Vinquiño parada entre outras cousas por falta de liquidez. Tamén hai que dicir que aparecía previsto na AXENDA 2.015 cun orzamento de 3.000.000€ e inda estamos no 2.008 e non se fixaba data de acabado de obra.

Pero rapaces non desesperedes que un ano destes poderedes disfrutar de dito campo pero falando de campos de fútbol tamén sufriu danos o de Noalla por causa do temporal que levantou as gradas entre outros danos, gradas que nunca foron estreadas co cal espero que agora revisen ben os anclaxes e a seguridade das instalacións antes da recepción das obras as veces é mellor inauguralo 3 meses despois e non ter tantas presas en que vexamos obras que logo sufren desperfectos.

viernes, 18 de abril de 2008

Xuro por Deus que xa non volverei a pasar fame voume autoabastecer

As veces tópome con ideas moi interesantes e ata novidosas senón fora pola contradición coas que son presentadas e tendo en conta a particularidade na que esta envolta Sanxenxo. Reenvíanme un correo da OMIX que lle foi enviado a un usuario e que sen pensalo dúas veces mo enviou e no que aparece o seguinte:

Sabiades que, segundo un estudo realizado pola Escola Médica de Tokio con maiores, quenes viven en zonas con árbores e vexetación, amplos espazos verdes e casas con abundante luz natural, viven ata cinco anos máis, que os/as residentes en núcleos urbanos conxestionados ou en zonas có entorno moi degradado??

É dicir, que se queremos desfrutar máis plenamente da vida e vivir máis anos, temos que contemplar verde e vivir en áreas con vexetación, de xeito cotiá!!

Se xa vivides nun lugar destas características estupendo, pero se non dispoñedes dun entorno así, podedes crealo, se contades cun pequeno balcón ou unhas desaproveitadas ventás, terraza ou patio, a semellanza do que se están a crear nalgunhas cidades norteamericanas coma Nova Iork, Chicago, San Francisco ou noutras moitas centroeuropeas e incluso asiáticas.”

Pois si, tratase do Taller de Horta Ecolóxica que van facer no concello a idea é boa senón fora que en Sanxenxo non hai espazos con protección agrícola e aparece o seguinte: “Dita iniciativa vai dirixida, tanto aos/ás mozos/as de 14 a 35 anos, que sexades afeccionados/as e esteades interesados/as nun manexo ecolóxico do voso xardín, balcón, etc., así como aos/ás novos/as profesionais do medio agrario, que queirades achegarvos a modelos produtivos máis sustentables e mellor valorados que os convencionais. “ ¿novos profesionais do medio agrario? Sera para os mozos do concello de Meaño ou Ribadumia, ah non, será para o dono que está acondicionando o terreo na Granxa e así en vez de eucaliptos vai plantar leitugas ou mellor chales baseados na bioconstrución que estan moi demandados.

Pero bueno por recomendárvolo que non sexa:Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Sanxenxo propoñémosvos por vez primeira e a través dun OBRADOIRO DE HORTA ECOLÓXICA, converter estes espazos domésticos, en lugares saudables e de recuperación do contacto coa natureza, cultivando hortalizas, plantas aromáticas ou condimentarias, que vos permitirá, por unha banda, proveeros de produtos sans e de máxima calidade para o voso autoconsumo e por outra, colaborar nun desenvolvemento sostible do noso medio. e sobretodo cando nos invitan a colaborar nun desenvolvemento sostible do noso medio xa que parece que eles non son capaces fagamolo nos, enchamos os balcóns de leitugas, as ventanas de testos con plantas de pementos, as rotondas de Sanxenxo con cebolas para que a festa non desaparezca, e como non usar a Telleira como invernadero para semilleros de tomates, alloporros, cenouras, ....., e inda nos queda un espazo na guantera do coche no que en vez de por o típico San Pancracio coa moeda e a rama de perexil que mellor que poñer unha macetiña chea de perexil así de paso tamén temos nos serve de ambientador. Así que sexamos modernos e preparémonos para autoabastecernos e nunca se vos ocorra plantar na horta nada non vos vaia caer unha multa por plantación ilegal nun espazo clasificado como espazo rústico ou urbanizable.


Rabindranath Tagore dicía que: "Convertide unha árbore en leña e podrá arder para vos; pero xa non producirá frores nin froitos".

martes, 15 de abril de 2008

¿O novo ou o de sempre?

Cada vez que pasamos pola rotonda do Vinquiño as colas de xente na fonte de Fontoira pero poucas veces nos fixamos na fonte que esta detrás, eu recoñezo que a auga a vou a buscar a fonte orixinaria por costume, porque asi o fixen dende cativa e dame mágoa ver como esta o entorno estes días pois a herba so é cortada o redor da fonte nova do resto medra o seu antollo, logo temos un banco de ferro todo oxidado, un par de montons de terra dalgunha obra, as pedras do muiño amontonadas de calquer forma.
Esto tan so é un claro reflexo de Sanxenxo: coidase máis unhas zonas que outras, ¿hai cidadáns de primeira e segunda?, primase o novo mentres o de toda a vida agoniza.





lunes, 14 de abril de 2008

¿Salvador ou culpable da situación?

Maña martes ven a Sanxenxo o “Salvador” para os problemas que pasan en Sanxenxo ou a lo menos iso é o que pensa Catalina e cía. Pois tratase da visita de Nuñez Feijoo o concello para coñecer como gobernan os seus compañeiros de partido. ¿ A que ven? ¿Ven botarlle unha man a Catalina, a tirarlle das orellas ou botarlle as dúas o pescozo? E sobretodo se recordamos que algúns problemas son herdados da súa xestión cando foi conselleiro de Política Territorial: no Polígono Industrial olvidouse firmar o documento da cesión dos 22.000m2, inverteu cartos nunha praza privada que a día de hoxe segue sen ser pública. Pero o home esta tranquilo pois os seus compañeiros fan pifias máis grandes para ocultarlles os erros como enviar a policía local a parar as obras da Autovía, gardar os informes ISA no caixón e olvidarse de mandalos, subirse o soldo inda que dende o partido o critiquen para logo telo que baixar, dar licenzas para logo revocalas,......... Hai que bonito é poder chamar o primo de Zumosol para que veña o teu rescate sabendo que o primo de Ribadumia xa non lle pasa o brazo por riba nin rompe lanzas por ela senón miremos o estado da Avenida L. Rocafort ou a estrada de Nantes, pois haiche pistas no Castrove mellor asfaltadas.

Maña sairemos de dúbidas e saberemos as solucións que pensan aplicar ¿con que nos sorprenderá? ¿que nova gran idea sacaran da manga? ¿ quen acompañara o lider do PP Galego? Seguro que Telmo non.

viernes, 11 de abril de 2008

A utilidade da Xerencia de Urbanismo

A maioría dos problemas que temos no concello é a causa do urbanismo e logo séguenlle a carencia de servizos seguida do incremento da inseguridade que se ven producindo nos últimos meses.

Unha vez me topo na prensa con declaracións do concelleiro de urbanismo: “estamos velando pola legalidade urbanística e defendendo os intereses municipais” si velar pola legalidade primeiro e dar licenzas e logo retiralas, si velar pola legalidade é omitir informes, si velar pola legalidade é non ter presente o Pxom a hora de aprobar os plans parciais, si velar pola legalidade é poñer recursos que logo se perden,.... entonces si velan pola legalidade.

A miña pregunta é a seguinte ¿de que nos vale ter unha xerencia de urbanismo?¿estamos mellor agora coa xerencia ou antes de tela? E así un sin fin de preguntas porque quen pagamos as consecuencias somos os veciños e non os responsables que as cometeron, quizais por iso este órgano debería estar máis controlado porque non podemos permitir que cada semana nos topemos cun novo escándalo e inda os que estan por vir e que nas próximas semanas nos iremos enterando. Se facemos unha quiniela anunciando cal vai ser o novo escándalo seguro que a maioría de nos acertamos pois ata a cousa máis sinxela parece que se lles resiste.

¿Como controlan as infraccións urbanísticas? Temos unha persoa encargada de disciplina urbanística, uns policías locais de urbanismo, un xerente, un arquitecto, técnicos,.... e case sempre se dan conta polas queixas dos veciños ou porque unha administración superior os chama a filas ¿que falla? ¿pasarían unha auditoría de rendemento? Todos sabemos que non porque en ningunha empresa privada permitirían cometer tantos erros en tan pouco tempo e menos perder tantos cartos en procesos xudiciais pero no caso que nos ocupa como xogan cos cartos dos veciños non pasa nada e sobretodo cando algúns viven fora do concello e non teñen que pagar impostos.

¿Canto máis podemos aguantar? E non quero pensar como van a controlar as novas normas da Lei do Hábitat Galego onde é obrigatorio a instalación de paneis solares así como o aproveitamento da auga da choiva ¿está a xerencia preparada para controlar estas novas normas?

So fai falta poñer un pouco de sentido común que tan olvidado teñen e como ben di Jorge Bucay “O verdadeiro buscador crece e aprende, e descubre que sempre é o principal responsable do que sucede” por elo antes de varrer as casa alleas deberíanse varrer as propias porque mirar a palla no ollo do outro é moi fácil.

miércoles, 9 de abril de 2008

Poligono ¿existe?

A día de hoxe temos un SU privado no que algún día seica se van a instalar empresas pero o ritmo que vamos máis ben parece que as parcelas se van adicar o cultivo de saramagos e malas herbas e todo polo capricho duns poucos e o mal facer doutros.

A maioría das empresas que se ían instalar hai eran pequenas empresas existentes no concello pero inda que non crearan postos de traballo si pagan impostos e manteñen o tecido industrial da vila. Esta semana lemos como Costa Galicia con 180 traballadores vaise instalar no Grove porque o polígono non avanza. Temos outro caso como o de Graremi que inda que nave que fixo no polígono esta de xeito ilegal vese na obriga de pechar no Vinquiño,moi preto desta atopamos outro caso doutra empresa que vendeu o terreo onde se atopa porque contaba que nestas datas xa estaría funcionando no polígono, e así algún caso que outro máis.

O que hai que sentarse e arranxar o asunto dunha vez porque o concello tamén ten as súas parcelas e prometeron a construción dun edificio onde si ía fomentar o empleo, a formación, un espazo para a xuventude ¿acaso xa non figura nos seu plans?

No pleno do 25 de setembro a alcaldesa facía referencia a que Sanxenxo é un concello rico que pode axudar, si, pero que os seus recursos non están para pagar entronques, entón ¿porque todo sigue parado?¿porque non se executa o aval depositado pola urbanizadora?
¿Porque se retrasou a recepción do polígono?
Que máis da, logo encargamos outro informe "Garrigues" e quedamos como os máis modernos e legais. E claro obviamos o proxecto de urbanización redactado por Roberto Aya onde no apartado de viales aparecia o seguinte:

La red viaria que se proyecta conectar con el exterior en los siguientes puntos:

  • Enlace principal con la vía rápida Pontevedra-Sanxenxo, en proceso de conversión en autovía. Este enlace se proyecta a distinto nivel mediante una glorieta.
  • Enlace previsto con la futura conexión con la carretera a Vilalonga.
  • Enlace con la carretera de O Santo – A Revolta.
  • Enlace con los caminos rurales existentes."

E recordemos as declaracións da conselleira: "A Consellería reiteroulle ao Concello que non pode asumir con fondos públicos a prestación de servizos a novos desenvolvementos urbanísticos privados que, logo de xerar unhas determinadas plusvalías, non garanten servizos de carácter básico como a construción dos accesos"¿Plusvalias? haber que escusa lle poñen logo os pobres currantes do concello cando vexan incrementados os seus gastos en gasoil ou gasolina para trasladarse a outros concellos porque as súas empresas non se dan instalado no polígono.

Pero o que máis me choca de todo isto ¿onde estan os propietarios das parcelas que non se lles escoita? Todo permanece nunha calma tensa, como se nadie quixera dar o primer paso non vai ser que que a outra banda nos ataque ou descubra o que debe permanecer oculto.

So sei que estamos a abril do 2008 e Fenosa inda non instalou a subestación eléctrica, a día de hoxe o polígono non esta dotado completamente dos servizos básicos para o seu funcionamento, pedían a 280€/m2 e agora xa hai quen por 150 – 180€/m2 vende, hai un polígono en Barro-Meis sen problemas de conexións ¿así é como se tratan as empresas en Sanxenxo?¿esto era a súa idea de progreso e crecemento?¿acaso hai favores que pagar? Agora entendo cando os vellos din “que nadie da pesos por catro pesetas” ¿quen se esta quedando coa peseta que falta?

E a modo de información vos deixo o BOP do Plan Parcial e o BOP da aprobación inicial do proxecto de urbanización feito por Roberto Aya por si lle queredes ollalos.


sábado, 5 de abril de 2008

SU 17 ¿metros ou minutos?

¿Erro ou algo máis? Esta pregunta témola moitos na cabeza o ver a nova do S.U. 17 na prensa porque a sensación que causa é a que someteron o SU a aprobación inicial por si colaba inda que a diferenza de metros é moi significativa, pero isto non é de agora a diferenza de metros é coñecida pola xerencia de urbanismo hai moito tempo a non ser que non revisen a documentación:

  • No BOP do 20/03/03 aparece por parte de Fernando Lafuente Lestón a solicitude de compromiso de urbanización do SU 17 con nº de rexistro de entrada do concello 1126/2003.
  • O SU 17 ten unha superficie de 29.736 m2 dos cales 11.894m2 se destinan a construción de vivenda.

  • Nas normas urbanísticas do PXOM figura o seguinte apartado: 1.5.—Modificación

1.—As modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións que rexen para a súa tramitación e aprobación, con exclusión da formulación do avance, sen prexuízo do disposto no artigo 52 da Lei do Solo de Galicia.

2. Cando a modificación tenda a incrementa-la intensidade do uso dunha zona, requirirase par aprobala a previsión dos maiores espazos libres, dotacións e equipamentos que requira a actuación proposta.

(...)

5.—Se a modificación dos plans afectase ó uso urbanístico das zonas verdes ou espazos libres previsto non plan, deberá ser aprobada con informe previo favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

¿A máis terreo máis metros para o concello? Si e así ¿vanse adicar a zonas verdes?¿solicitouse o informe previo?¿déronse os pasos necesarios para a ampliación de metros?

  • No apartado 2.2.1 do PXOM figura o seguinte punto: 2.— Os Plans Parciais desenrolarán de forma integral os ámbitos territoriais correspondentes a sectores unitarios de solo urbanizable, sinalando a súa ordenación detallada e completa con suxeición ó establecido para cada un deles polo Plan Xeral, de modo que sexa posible a súa execución mediante os sistemas de actuación e proxectos de urbanización que procedan.

Se mal non entendo di que o plan parcial esta suxeito o que se presentou no Plan Xeral e si no plan Xeral aparecen 29.736 m2 e na aprobación do plan parcial figuran 48.264 m2 ¿cando se fixo a modificación do Plan Xeral? ¿De que forma legal se aumentaron os m2 do SU? ¿o concello correspóndelle o 10% de aproveitamento dos case 30.000m2 ou dos 48.264m2?

  • O 5 de marzo do 2008 a consellería de Medio Ambiente resolve que non é necesario someter a avaliación medioambiental estratéxica o SU 17 e faino en virtude dun escrito entregado o 20 de decembro do 2007 polo xerente de urbanismo do concello e no cal aparece o seguinte apartado: O ámbito deste Plan, de 48.264 m2 , é de reducidas dimensións á efectos estratéxicos. Comprende terreos lindantes co núcleo rural de Padriñán, entre as estradas Padriñán – Noalla e Padriñán – Sanxenxo. Ao Norte limitan con solo de protección forestal. Na actualidade están adicados maioritariamente a eucaliptal existindo áreas de uso agrícola e algúns carballos que serán respectados na proposta.

Como vemos aquí xa aparecen os 48.264m2 é a miña pregunta é ¿a consellería non contrastou o presentado co Plan Xeral?.

  • Na memoria descritiva e xustificativa da ordenación e das suas determinacións presentadas tamén na Consellería de Medioambiente aparece o seguinte: Superficie total: 48.264m2. Composta de 12 propietarios dos cales a superficie dos Irmáns Lafuente Lestón é de 26.510m2 co que posúen o 54,927%. Aquí podedes ver dito informe: http://aae.medioambiente.xunta.es/VerArquivo.do?idd=1395
  • Tamén se di que hai unha extensión de carballos que van a ser respetados e que se deixaran dentro dunha zona verde ¿será verdade?. Teremos que estar atentos.

A min con estes datos non me cadran as contas, seguriño algo máis, témome que sexa outro erro porque todo me fai chegar a esa conclusión a non ser que haxa informes que me demostren o contrario e os cales os veciños da pe inda non temos acceso. Faime graza ler no Diario de Arousa "Al parecer la presidenta de la Xerencia, Catalina González, achacó la diferencia a un error" ¿outro erro?¿presentaron mal o informe en Medio Ambiente?

Tamén non me estraña é que ler esta nova na Voz de Galicia e logo atoparse cun estudo científico da duración media dun coito case que é mellor profundizar nese estudo, si se equivocan nos minutos e resulta que aumentan seguro que non se comenten ilegalidades senón máis ben felicidade, así que responsables destes informes: equivoquense nos minutos e deixen os metros que corresponden o Plan Xeral.





jueves, 3 de abril de 2008

A entrevista

Atópome vendo a entrevista que lle fan a Alcaldesa na TeleSalnés e estas son algunhas das declaracións que fixo sobre a súa visión da situación de Sanxenxo e das que máis me chamaron a atención:

Parking: o concello xunto coa deputación barallan a construción dun parking na Avenida Luís Rocafort, pero a rua seguira sendo de titularidade provincial.”

Este veran moi pouco se pode facer para solucionar o problema de tráfico”.

PO-504: “fíxose un proxecto da man dos veciños e gastáronse 41.000€. Non hai novidades e que as únicas novas que teñen son da man da plataforma. O proxecto que o concello lle gusta sería o dunha Travesía Urbana , xa que o tráfico pesado rodaría pola estrada do poligono a Vilalonga”

Cemiterio de Dorrón: Recoñece que “houbo un fallo por parte do concello a hora de dar as licenzas, tratouse como unha ampliación pero logo tiveron que tramitalo como obra nova e non se decataton da franxa de separación dos 50m o conceder as licenzas”, ¿responsabilidades para cando?

Edar da Granxa:non hai inda a ubicación, a depuradora debería estar no SU 1, 8 ou 9 que son os que xeneran a necesidade da depuradora. Na reunión do xoves quedouse en que os propietarios do SU e mailo concello buscasen a ubicación pois debido a construción destas urbanizacións e necesaria a depuradora senón se construísen para o saneamento de Dorrón seria suficiente coa depuradora de Paxariñas”

Pero o que máis me estranou foi que non se mencionou para nada o Polígono nin se lle preguntou polo tema do enlace nin porque se retrasou a cesión do mesmo o concello ¿Por que?
Aquí o deixo para que quitedes as vosas propias conclusións.
E mentres lemos que a través de Política Territorial a Xunta proponse liberar a rede de estradas autonómicas de quitamedos asasinos e os que están a por na futura Autovía ¿que son?

Hai días que me parece estar vivindo noutro mundo.