lunes, 31 de marzo de 2008

Sanxenxo sorprende. ¿A quén?


Hoxe quero lembrar a campaña publicitaria do ano 2006 que fixera o PP sobre o Sanxenxo do futuro (con web incluída) e a súa visión, os beneficios do PXOM, alagando a riqueza do pobo,....., sacaban cada día unha páxina a color nos periódicos titulada “Sanxenxo sorprende” e cada día expoñían un tema así ata 8 páxinas distintas.

Na primeira titulada facíanse a seguinte pregunta ¿é posíbel deseñar a paisaxe de Sanxenxo? e de seguido a explicación ” Sanxenxo sorprende cando o coñeces a fondo porque non responde aos tópicos. O urbanismo pode facerse ben, creando unha paisaxe de máis calidade, de máis valor. Con este criterio deseñamos o Plan Xeral de 2003. Un proxecto de Sanxenxo futuro. Estudamos con rigor as distintas necesidades, analizamos as potencialidades do territorio. Conxugamos logo todos os factores nun deseño da paisaxe máis atraente. Protexendo os espazos de valor natural e cultural, especialmente as zonas costeiras. Facendo que os propietarios contribúan aos grandes proxectos para todo o municipio. Unhas regras iguais para todos. Agora existen unhas normas claras sobre o que se pode edificar e o que non, con seguridade xurídica, ¿Sorprendido? Deseñamos a paisaxe desde 2003 ”.

E así día tras día ata un total de oito cos lemas: Deseña, protexe, respira , colabora, devolve, integra, cumpre, depura. Pois a día de hoxe case que se cumpriu:

  • Deseña: veciños non vos preocupedes que dende o concello xa temos uns planos la mar de bonitos, vamos que o concello vai que quedar feito unha obra de arte, iso si de formigón.

  • Protexe: na protección da paisaxe investiron tempo e esforzo e como exemplo temos a Granxa, Festiñanzo, Faro, Major, ... e que solo se lles ocorreu os nosos antergos plantar eucaliptos, carballos e pino co ben que quedan uns chales co seu céspede e barbacoas, e non falemos da protección do patrimonio como por exemplo os museos dos que disfrutamos: pazo Quintáns, Casa do Priorato, Casa de D Fernando, Telleira, muíños, fontes ,.... e destacan a protección non so da costa senón tamén de terra adentro, menos mal que mencionan a Ons e Cíes.

  • Respira: “Sanxenxo ten aire e respira” xa respiramos cando vamos paseando pola beira da Ría de Arousa, paseamos polo gran parque de Vicaño, e como ben din na propaganda “e ademais declaramos zonas verdes tramos emblemáticos de Vicaño, Paxariñas ou Festiñanzo” (a que respira ben e a rapaza que esta sentada sobre a herba do Val de Dorrón xusto por onde ía ir a Ronda)

  • Colabora: o urbanismo que colabora, o urbanismo é un traballo de equipo, si, exemplos temos e eles tamén o din “o urbanismo moderno mira máis alá da leira propia, máis alá da licenza illada”, cemiterio de Dorrón, polígono,...

  • Devolve: “o bo proxecto urbanístico crea valor, non destrúe a paisaxe..... para construír vivendas sociais” seranche as de Vigo porque aquí inda non se viron, e o que é devolver inda non me enterei de ningunha devolución.

  • Integra:Por iso creamos Insula Sanxenxo a empresa municipal de vivenda, para que o incremento do valor do solo reverta en vivendas de calidade accesibles para os cidadáns de Sanxenxo”, e eu sen enterarme que había disto en Sanxenxo , eu tiña entendido que había problemas de humidade pero vivendas non.

  • Cumpre:Sen atención constante e profesional, as agresións á paisaxe multiplícanse. Por iso creamos a Xerencia de Urbanismo”, esta é a única verdade que lin e a conclusión é clara: en Urbanismo non hai atención profesional porque as agresións a paisaxe cada dia multiplícanse máis, eu a isto chámolle visión de futuro,

  • Depura:Hai que contar cos que somos agora e cos que imos ser máis adiante crear infraestruturas precisas ” o que dicía antes visionarios que se non chega a ser por isto non me daría conta da utilidade das depuradoras da Granxa e Paxariñas. E non quero ser mala, que conste, e que antigamente inda había montes pero agora non hai e temos que tirar da cadea, o progreso éche o progreso.

A verdade é que a campaña en si non tiña desperdicio ningún e vale a pena recordala inda que so sexa para ver os santos que aparecen nas fotos , e falando de santos e xa que o PP ten liña directa coa Conferencia Episcopal poden pedir un milagre para Urbanismo, que xa o dícia o Papa Juan Pablo II: “O diálogo, baseado en sólidas leises morais, facilita a solución dos conflitos e favorece o respecto da vida, de toda vida humana. Por elo, o recurso das armas para dirimir controversias representa sempre unha derrota da razón e da humanidade¿en quen se inspiraría? Porque seguriño que o tercer mensaxe de Fátima era o que ía pasar en Sanxenxo porque dita reflexión non deixa lugar a dúbidas,e isto dito por un Papa non quero imaxinar o que di o AnxoCaido nas tenebras.


A dirección da páxina web é a seguinte: http://www.sanxenxofuturo.org/gall/index.htm