Xa esta aí a Semana Santa na que os turistas e visitantes se acercaran a Sanxenxo e co cal me pregunto ¿que se van a atopar os que nos visiten? Pois atoparanse a autovía sen rematar e cun polígono que segue paralizado cando dicían que no 2007 estaría a pleno rendemento. Vindo pola estrada da costa toparanse cunha Granxa desfeita, arrasada polas máquinas escavadoras e por un urbanismo desaforado inda que hoxe salgan os veciños queixándose de que esta actuación vai cambiar a orografía da paisaxe para chegar a Sanxenxo e toparse co mal estado das estradas e por non esquecerse dos míticos atascos pero ¿que se fixo neste ano dende Turismo?¿cales foron as medidas que tomou Almudena como concelleira desta area? Pois aparte da creación da empresa de turismo non sabemos nada máis, ningunha iniciativa nin medida ¿como xustifica o soldo?¿solo por acudir a feiras de turismo? Menos mal que non cobran por rendemento e ademais coa creación da nova empresa de turismo ¿e necesario a súa dedicación exclusiva?¿non sería suficiente unha dedicación parcial? A verdade e que sendo unha zona turística, un concello que se vende como o máis turístico de Galiza non se ve que coiden moito esta area co cal me da por pensar que neste concello hai moitos seguidores do humorista británico Jerome K. Cando dicía que “Gústame e fascíname o traballo. Podería estar sentado horas e horas mirando como outros traballan”
Pero como non so de turismo se vive en Sanxenxo e esta é unha boa semana para dedicala o lecer así que ilusa de min pensei que a oferta cultural do concello me podería sorprender con algunha actividade: unha exposición, un concerto, algunha proxección, ..... pero a parte das procesión NADA de NADA, se a culpa e miña por facerme ilusións pero como sempre acudirei os concellos veciños que sempre hai algo. E logo estráñanse que nos queixemos pero e que non hai nada, ¿a que adican o orzamento de cultura? porque a parte de dar subvencións as asociacións e as obras de teatro non sei que máis fan. Ah! si xa sei: a laconada dos xubilados.
Paz, recorda que se temos suficiente vontade case sempre teriamos os medios suficientes. Xa ben nos podería sorprender con algo novo porque a parte de ser a substituta de Cores Tourís e estar pensando en que vas a ser a próxima deputada da Xunta pola comarca recorda que te debes o concello de Sanxenxo que para iso tes dedicación exclusiva.