Xa pasaron as eleccións e agora toca o turno de contar as anécdotas e incidencias e entre elas temos as de Vilalonga para non variar, pois sempre pasa algo. Inda que eu voto noutro colexio do concello sempre vou levar a miña aboa a votar a Vilalonga inda que todos os veciños saben que o servizo de taxis do PP funciona a perfección nada máis hai que mirar os continuos viaxes que fai o peugeot escuro entre outros, logo temos o xefe do escuadrón do PP, o ex-concellal de Relacións Veciñais o mando dos apoderados de toda a vida, que tan pronto como entras no colexio xa te estan a facer a radiografía da túa intención de voto. Este ano dito ex-concellal foi denunciado ante a garda civil polo reparto de votos diante do colexio, porque tarde ou cedo todo cae polo seu propio peso, inda que esta é unha práctica habitual, a garda civil procedeu a tomar nota dos seus datos e do que o acompañaba así como do vehículo que utilizaban pois como din algúns veciños este ano cambiou a gabardina verde polo coche para non mollarse e con isto so demostra como algúns entenden o dereito exercer libremente o voto. Xa esta ben de tanto caciquismo rancio. Meus pobres, co contentos que andaban a maña que parecía que lles houbese tocado a lotería, víanse gañadores, víanse gobernando, vían a Rajoy como presidente e xa estaban a prender a mecha dos foguetes para logo sobre as 10 da noite bater coa realidade: Non habían gañado, habían perdido e todo porque de pequenos nadie lles había contado o conto da pobre leiteira.
E faime graza ver como o PP anda a reclamar 200 votos en tres concellos pero consinten este tipo de irregularidades e so saíu a noticia en dous periódicos e incluso a canle de televisión TeleSalnes non comentou nada do asunto pero tampouco fixo mención a que esta tamén foi denunciada por que o domingo poñía imaxes fixas do PP mentres soaba a música do PP e se veia algún mitin que outro do PP, ¿que intenta o PP ocultando esta información?
O peor disto é que nas próximas veremos os mesmos facendo as mesmas cousas e inda por riba seguro que mofándose dos demais, o que demostran e que lles vale todo con tal de gañar. Por iso lle vou recomendar que lea algún libro de C. Bukowsk que sempre dicía que "a diferenza entre unha democracia e unha dictadura consiste en que na democracia podes votar antes de obedecer as ordenes" ou incluso que apliquen aquela frase que dicía Octavio Paz : "Un país sen eleccións libres é un país sen voz, sen ollos e sen brazos"