Achéganse unhas datas nas que botamos unha ollada cara atrás e empezamos a lembrarnos si fixemos todo aquelo que prometemos, se cumprimos cos nosos compromisos e incluso ata lle vemos a parte positiva de como transcorreu o ano, si a parte positiva.
Agora é cando toca revisar si as contas cadran ou temos que facer algún remendo de última hora así que me puxen a botalas e ata case me dan, non sei si sucedera o mesmo nas do Concello pois ultimamente seica cartos non hai e ata andan pensando en facer unha xira para pedir polas portas dos conselleiros da Xunta, polas da Deputación e incluso se hai que ir a Madrid vaise a Madrid que como ben lin nalgún lado “deséxannos que o vindeiro 2008 veña ben cargado de ilusión e felicidade, para que os proxectos, tanto particulares como os colectivos, vaian adiante e non traian maior benestar e confianza no futuro.”
Vou empezar a contar os días que faltan para ver como no 2008 vamos poder disfrutar dos nosos pisos de INSULA alí pretiño do Carrefour e do Día para que non perdamos tempo en facela compra e así poder facer horas extras para pagar a hipoteca pois de paso que sacudes as alfombras xa fas o pedido pola fiestra e os domingos dende as mesmas fiestras poderemos ver como o Sanxenxo FC xoga no novo campo de fútbol da Cidade Deportiva de Sanxenxo, iso si ¿onde haberá máis cola na taquilla para ver o partido ou na fonte de Fontoira a coller auga? Esperemos que non seque pois si algo temos en común a maioría dos veciños e que moitos imos collela auga alí e moitas veces tes a mesma conversa co que esta o lado enchendo a sua garrafa: Non creo que volvamos coincidir pois como van arranxar as fontes pois xa vou a que teño a 5 minutos da casa pero o peor e cando volves a por auga e che preguntan que fas alí e lle dis: é que inda estan arraxando as 2 primeiras e como hai sequia non topan o manancial para poñer o caño.
Pero o que agardo con emoción é ver como nos ratos de tempo libre vou poder ir os novos museos a ver as exposicións pois un día podo ir a Casa de D. Fernando de Portonovo a ver unha serie monográfica de como nos anos 20 os mariñeiros pescaban as xoubiñas, logo outro día pásome pola Casa do Priorato de Arra para ver si a parra que ten máis de 200 anos vai dar unha boa colleita para logo poder facer unha boa foleada. Logo tamén debo ir o Pazo de Quintáns a ver como os romanos salgaban as sardiñas que logo levaban para Roma. E non debo deixar de ir As Telleiras pois alí podo ver dende as exposicións ata contemplar os parrulos que hai na enseada e dar un longo paseo pola beira da ría que xa a teremos acondicionada co seu paseo de madeira, os seus banquiños, papeleiras e farolas ata chegar a Revolta e o mellor vai ser ver como podes deixar o cativo ir na sua bici polo carril bici, Ah perdón, o carril bici non vai hai senón que vano facer na PO-504 dende Sanxenxo ata Vilalonga pero como tamén teñen previsto por beirarrúas amplas, bancos, arbores e ata van deixar aparcar agás nas 2 rotondas que se van facer así os días nubrados quédanos esta nova ruta para pasear. E inda nos queda a visita o Monte do “Castro” de Dorrón pois seguro que daquela xa está comprado e acondicionado, Vicaño xa estara tamén acondicionado e tamén o borde do litoral que vai dende A Granxa a Areas pois xa que non hai nin eucaliptos, nin pinos, nin toxo, nin fento todo e por as zapatillas de deporte e veña a facer sendeirismo.
O problema chega cando o neno che diga: “Mamaiña lévame a practicar o swing” e xa me vexo cargada coa bolsa e os paus eses que inda pesan o seu e coller rumbo cara o campo de Golf de Monte Faro, hai o que non se fai por un cativo.
Agora que me decato teño que ir facela compra que xa estou desexando ver como será o novo mercado de abastos de Sanxenxo.
Así que despois de moitos anos de espera seguriño que no 2008 vamos ter espazos dabondo onde pasalo ben, pero que non se lle ocorra a ninguén ir facelas festas ai pois seguro que aparece a Poli Local con concelleiro de Seguridade Cidadá a identificar o persoal.
Así sen máis polo de agora déixovos para que poidades botar as vosas contas e fagades o inventario.
Xa vedes esta é a grandeza destas datas así que amiguiños, veciños, meus bos lectores, compañeiros blogueiros, os do traballo, comentaristas "ANONIMOS", comentaristas con "SINATURA", coñecidos, as miñas amigas do correo, os xornalistas, os novos, os que entran por primeira vez, os concelleiros que gobernan, os da oposición e a todos aqueles que entran a ver o que se coce por estes lares, portádevos ben que vos espero ver no vindeiro artigo e BOAS FESTAS.