Xa se esta agotando o plazo dos 100 días de cortesía que se lle soe dar os alcades e presidentes unha vez que toman posesión dos seus cargos por parte da poboación por aquilo de que lle vaian collendo o "tranquillo" as novas tarefas que van a desenrolar os próximos 4 anos. Pero no caso de Sanxenxo de esos 100 creo que sobran 90 pois vendo como se vai perfilando o panorama político, social e económico nada me fai mudar de opinión: primeiro seguimos co tema dos soldos que agora non saben coma xustificar unha rebaixa imposta polos altos mandatarios do PP e a única opción que lles queda e inventar absurdas excusas e mirar a palla no ollo alleo a ver si asi os veciños nos aburrimos e deixemos pasar o tema porque da vergoña local pasamos o a se-lo faime-rir de Galiza. Despois podemos seguir cun repaso as contas do ano 2006 onde se reflexa que dos 58 millóns presupostados so se executaron menos do 50% e logo presumen para este ano dun orzamento de 114 millóns no cal aparecen as mesmas partidas que nos últimos 8 anos e que seguen sen executarse, e logo pensan que comprando Punta Vicaño xa cumpriron pero o que hai que saber é como financiaron esa compra: parte dos cartos saíron da mala venta das vivendas sociais que se construirían en Monte Faro é que solucionarían gran parte da problemática da vivenda existente e o resto uns 3,55 millóns dun préstamo que pediron o ano pasado e que estaba destinado para outras obras, total vamos estar endeudados durante 20 anos e xa podemos pasear por Punta Vicaño unha zona que por expropiación se tería adquirido por menos da metade da metade da metade do que pagaron. Menos mal que temos 10 vivendas en Bordóns para 10 afortunados xovenes do concello rodeadas de vexetación foránea, osease eucaliptos pois os carballos estan sendo cortados sen que Medioambiente se pronuncie, porque coa presa que leva Insula para promover vivenda antes vexo como as rans crian pelo.
E logo onde están todos esos espazos públicos, infraestruturas, equipamentos,.. que se ían conseguir cos convenios cos SU e os Peris? Porque tódolos días saen na prensa dicindo que van a facer obras, a arranxar o que xa hai pero logo no transcurrir dos meses seguen peor do que se atopaban, por exemplo o Pazo de Quintáns de Noalla que esta de pe de milagre, o arranxo das fontes e lavadeiros porque na maioría das parroquias seguen no mesmo estado e nas que cada día que pasa a maleza as invade con maior forza, o muiño de Fontoira que se tirou para levantar o Carrefour e alí seguen as pedras entre as herbas (sempre e cando estean todas porque o interese por preservalas e ben pouca), a casa do Priorato en Arra que segue no mesmo estado que hai 3 anos, a limpeza dos couces dos regatos que nalgún caso para non ter que limpar deixan que o canalicen para cerrar fincas e logo acaba desaparecendo, a completa ignorancia dos camiños primitivos e a súa recuperación se total é mellor facer rondas e estradas novas soterrando e destruíndo a pouca herdanza do pasado que posúe Sanxenxo mentres noutros lugares estase a recuperar o patrimonio cultural eiqui no noso concello impera a lei do formigón e o de arrasar todo por diante sen preocuparse o máis mínimo se ten valor porque o valor que eles contemplan é o dos cartos.
Se pensan que os veciños temos pouca memoria que non se esquezan que nas hemerotecas e nos arquivos quedan gardados os feitos e as promesas e que algún día asomaran para pedir contas e o máis triste é que seguramente van a reflexar que estamos gobernados por un grupo incapaz de consolidar os seus propios actos, como ben decía Castelao: “Cando un home sabe que a realización dunha idea vai producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria, non debe recuar ante a posibilidade do triunfo,...., porque o home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.”