Unha das que máis me desconcerta é Susana Fernández Trelles actual concelleira de Facenda, Económia e Emprego, (soldo: 399.326Pts o mes ; 28.000€ o ano )así que vou analizar cada unha das areas:
Facenda: este é o apartado máis claro pois xa todos sabemos iso de que “Facenda somos todos” e que os impostos temos que pagalos relixiosamente senón xa nos vemos con requirimentos, sancións, recargos e ata embargos das contas que malamente somos capaces de manter en números verdes porque sempre nos están ameazando con entrar en vermellos.
Economía: aquí hai máis xugo para quitar pois temos que dividir este apartado en 3 áreas: Económia municipal, Economía dos concelleiros e Economía veciñal.
Economía municipal: según os últimos resultados do ano 2006 estamos gastando case o mesmo do que ingresamos, pero non nos equivoquemos non gastamos en obras nin en execucións senón en gastos de persoal e en redaccións de proxectos para que creamos que teñen plans e ideas inda que logo pasen os meses e non os vexamos executados, pero eso si as fotos das simulacións están como para créelas. Así que unha vez que se acaben as entradas procedentes das áreas de Urbanismo xa que unha vez case executado o Pxom acabouse a galiña dos ovos de ouro ¿cales serán as ideas da nova concelleira para dinamizar a economía municipal?
Economía dos concelleiros: este é o punto máis claro pois con eses soldos eu non me preocuparía pola economía pois para unha boa tempada xa esta resolta, inda que a partir de setembro sufra unha rebaixa imposta por altos cargos alleos o concello.
Economía veciñal: esta é a máis negra e cada vez esta peor, subida de impostos (urbana,...), prezos da vivenda imposibles, ¿que plans ten o goberno para este punto ?
Traballo: ufffffffff, que tema máis peliagudo, pois xa sabemos que aquí a maioría dos postos de traballo son temporais e a industria e escasa. Para dar un empuxe a creación de emprego constrúen un parque empresarial pero que o ritmo que vai ten para rato pois entre outras cousas inda están solucionando o tema dos accesos coa autovía e todo por falla de previsión, as licencias demóranse no tempo por que aínda non está acondicionado para que as empresan comecen a instalarse e hai dúas que xa puxeran as primeiras pedras e están paralizadas e para elo que unha delas e afín o PP que senón inda xa derrubarían (non creo como exemplo todas as execucións pendentes de derribo que se acumulan nos despachos.) e polo tanto o famoso edificio adicado o emprego tamén se demora co cal todos os proxectos (se os hai) están paralizados.
E despois hoxe levántome coa nota de prensa de que en Sanxenxo se venden un 30% menos de pisos, pero que o prezo aumenta lixeiramente, eu que tamén son de números por favor Susana a ver si mo explicas porque a miña economía como o da maioría de veciños xovenes de Sanxenxo esta destinada a ir cada día a peor e por moito que na casa me digan: “Rapaz vai sendo hora que non volvas por aquí tódolos días a ver si ........ (osease a moz@) te leva con ela unha boa tempada” e eu pregúntolle para onde porque en Sanxenxo véxoo difícil como non sea para Dena, Barrantes ou Poio sáeme mellor irme a vivir de hippy que xa se sabe que “Uns nacen para santos e outros para pes de bancos”