Se “ o traballar é virtude e o non traballar é saúde” algúns dos nosos concelleiros deben estar como carballos pois xa que hai outros que lles estan a acaparar o protagonismo, pois nestes días coincidín con algún que outro concellal e fixeime en varios detalles: no primeiro foi na pirámide de poder que se ostenta nas filas do PP onde os experimentados copan o sitio dos novatos pois o mércores 15 ala me vou ver o partido de fútbol en Portonovo como bo aficionado dos deportes e cando me fixo para o palco entre outros vexo a Angel e a Paz é entón pregúntome ¿Onde está o concellal de deportes? E despois dun rato vexo a Martín sentado nas bancadas como un espectador máis, ¿acaso non lle correspondería estar a el sentado no palco e non o concellal de Urbanismo ou a titular de Cultura? Si Martín, que eras obediente nadie o nega pero o menos non te deixes asoballar e reclama o sitio que che corresponde por dereito electoral que xa sabes que “ a tal amo, tal criado”.
No segundo detalle é que cando se presentan nalgún acto sempre están nun recuncho falando entre eles e se non se lle acerca algún veciño a falar con eles alí seguen fora de escena. A min dáme que será para que nadie lles reproche o tema dos soldos e eles así non ter que da-la cara, creo que estan a seguir a estrataxema da avestruz.
E no terceiro e que Caty soio acode as procesións onde pode pasear o bastón de mando e as ceas-galas-benéficas onde acude a xente de alta alcurnia e a algún que outro concerto. E o resto de festas máis populares e de menos envergadura ¿porque non acode? Será para que o presuposto de gastos de representación non se lles dispare e lle quede algunha calderilla a fin de mes.
Pero seguro que todos estos detalliños se arranxan durante as festas de Sanxenxo que para iso teñen un presuposto de case 200.000€ mentres que nas outras parroquias os veciños vémonos e desexámonos para que non desaparezan porque se temos que contar coas cantidades irrisorias que aporta o concello non darían máis que para contratar a unha charanga, mentres recorres casa por casa pedindo unha axuda. Pero en Sanxenxo e outro conto, ¿como van ir polos chales, pisos de luxos, adosados,.... pedindo para facer as festas? Pois terían que ir como van no resto das parroquias pois acepto que son as patronais pero de ahi o desagravio económico co resto parece unha inxustiza e unha tomadura de pelo. A ver se toman nota e se lles adica un pouco máis de orzamento e esforzo como a mal chamada Festa do Turísta cando lle corresponde San Xines ou San Xenxo que para iso pasean por España presumindo que forman parte do goberno de dito pobo.
E como deixar escapar a ocasión para darlle un toque de atención sobre a nova páxina web do concello pois tiveron moita presa por colgala antes de que estivera acabada pois entre outros detalles so se pode consultar en castelán, acaso ¿o galego non ten o mesmo dereito? Pois o 80% (máis ou menos) dos veciños falamos galego e non temos vergoña de recoñecelo inda que vivamos no Sanxenxo rural e non temos vista o porto deportivo e a Silgar. E dende logo o resto de idiomas que para iso presumimos de ser un concello turístico. E despois esta o apartado adicado a Insula onde suprimen información que é vital para quen queira acceder a unha destas vivendas e incomoda para o goberno do PP, ¿acaso uns dos requisitos non é ter uns ingresos mínimos que rondan os 17.000 € e un máximo arredor dos 24.000€? ou iso non é importante, para eles non pois con eses soldos non terán problemas de topar vivenda ou como información de que para obter descontos por protección oficial hai que estar inscripto no rexistro de solicitante de vivenda protexida da Xunta de Galicia.
As presas non son boas conselleiras e máis vale tarde que nunca, pero se ofreces información procura amosala toda e non parte pois cando se dedice non amosala é señal de que non interesa e como soe pasar neste santo concello temola que buscar por outros lares ou que alguen de boa fe a filtre. ¿Será porqué “o que cala consinte”? Ou ¿sera porqué o “que ten cu ten medo”?