viernes, 31 de agosto de 2007

Da escaleira o traxe de raias sen pasar polo faiado

Sigo sen sair do meu asombro, cada día que pasa xa non sei se vivo nun pobo sen lei ou estou soñando, pois esta mañan lendo a prensa atopome con estes dous titulares: " El concello concede licencia a una obra que hace un mes decía que era ilegalizable" (Diario de Pontevedra) e este outro: "La Xerencia de Urbanismo legaliza la casa precintada en el PEI 2 de Portonovo" (Diario de Arousa), estes dous titulares reflexan o que sería un caso máis dos que se veñen sucedendo a cotio no noso concello pero a maneira de conceder esta licencia e para que salga na portada da revista "El Jueves".
Resulta que se construe unha casa con sótano, planta baixa para garaxe e dúas vivenda, máis baixo cuberta, máis coñecido como faiado ou buhardilla cunha bonita escaleira para subir e asi poder gardar os tratos no mencionado faiado, e claro como excede o volume de edificación paralizan a obra, ata aqui parece que todo é correcto. Porque incumple a normativa. Solucción: tirar a escaleira.
Onte celebrase a comisión de urbanismo e o chegar a ese punto a unha pregunta da oposición que pensan facer o respeto o técnico municipal vai e resposta que o tirar a escaleira xa non hai acceso o faiado co cal xa non computa no volumen de edificabilidade. Sorprendeme este tipo de explicacións tan técnicas que dan os nosos responsables así nadie se pode queixar de que non entenden o que din (eso si os páis estaranse preguntando para que estudou 5 anos se para decir eso non faia falla ser arquitecto).
Enton a hora de votar producese a seguinte votación, PSOE E BNG votan enterado e PP e VIPS enterado e conforme.
¿ E o concelleiro de Urbanismo que dixo o respeto? ¿Esta de acordo? Pois quedamos coa dúbida pois según comentan non abreu a boca, e que "Falar sen pensar é tirar sen apuntar" como ben dicen os vellos do lugar que para iso son a voz da experiencia: antes que equivocarse e mellor estar calado
Pero que non se preocupen os donos pois sempre hai soluccións que seguro que o representante do Vips lle pode instalar un ascensor que é moito máis práctico para subir as cousas o faiado e así non danan as lumbares nin as costas, porque claro non ia deixar sen vivenda o pai dunha compañeira de partido, e menos privar a unha familia de ir de vez en cando ó faiado a ver se topan algún traxe para carnavales ou un trebello para unha feira de antigüedades, ou un gardapolvos para meter o traxe de raias, ¿ que sería das típicas casas de Galicia sen faiado?
¿E agora que vai dictaminar o Xulgado de Cambados? porque algo terá que decir despois das denuncias que se presentaron e si dictamina que é ilegal ¿quen se vai facer cargo das costas? Ou ¿como xa non hai escaleiras tampouco hai exceso de volumen?, o que non sabia eu é que unhas escaleiras ocuparan tanto.

E por certo ¿esto sentará precedente? pois eu si quero facer unha casa so con non poñer escaleiras xa teño licencia, inda que faga un rañaceos porque asi non excedo do volume de edificabilidade. ¿Hai alguen que venda accións de empresas de ascensores? habrá que ir mercalas antes de que suban porque en Sanxenxo os ascensores van a ser moi demandados e seguro que próximamente veremolos ata para poder subir os piornos e asi non exceder o volume de edificabilidade.
Xa mo decia meu avo: Por ben ou por mal, ten o escribán da túa man. Sobre todo se o escribán é quen che concede a licencia.

lunes, 27 de agosto de 2007

Porque as boas palabras non manteñen e queremos feitos

Remata o verán e agora comeza un período onde as verdades contades a medias e os feitos mal feitos van a demostrar a capacidade e vontade dos nosos concelleiros porque xa se sabe que “O ben chega a poucos e o mal a todos”

Para elo vamos intentar descifrar o papel que xoga cada uns deles no actual goberno.
Unha das que máis me desconcerta é Susana Fernández Trelles actual concelleira de Facenda, Económia e Emprego, (soldo: 399.326Pts o mes ; 28.000€ o ano )así que vou analizar cada unha das areas:

Facenda: este é o apartado máis claro pois xa todos sabemos iso de que “Facenda somos todos” e que os impostos temos que pagalos relixiosamente senón xa nos vemos con requirimentos, sancións, recargos e ata embargos das contas que malamente somos capaces de manter en números verdes porque sempre nos están ameazando con entrar en vermellos.

Economía: aquí hai máis xugo para quitar pois temos que dividir este apartado en 3 áreas: Económia municipal, Economía dos concelleiros e Economía veciñal.
Economía municipal: según os últimos resultados do ano 2006 estamos gastando case o mesmo do que ingresamos, pero non nos equivoquemos non gastamos en obras nin en execucións senón en gastos de persoal e en redaccións de proxectos para que creamos que teñen plans e ideas inda que logo pasen os meses e non os vexamos executados, pero eso si as fotos das simulacións están como para créelas. Así que unha vez que se acaben as entradas procedentes das áreas de Urbanismo xa que unha vez case executado o Pxom acabouse a galiña dos ovos de ouro ¿cales serán as ideas da nova concelleira para dinamizar a economía municipal?
Economía dos concelleiros: este é o punto máis claro pois con eses soldos eu non me preocuparía pola economía pois para unha boa tempada xa esta resolta, inda que a partir de setembro sufra unha rebaixa imposta por altos cargos alleos o concello.
Economía veciñal: esta é a máis negra e cada vez esta peor, subida de impostos (urbana,...), prezos da vivenda imposibles, ¿que plans ten o goberno para este punto ?


Traballo: ufffffffff, que tema máis peliagudo, pois xa sabemos que aquí a maioría dos postos de traballo son temporais e a industria e escasa. Para dar un empuxe a creación de emprego constrúen un parque empresarial pero que o ritmo que vai ten para rato pois entre outras cousas inda están solucionando o tema dos accesos coa autovía e todo por falla de previsión, as licencias demóranse no tempo por que aínda non está acondicionado para que as empresan comecen a instalarse e hai dúas que xa puxeran as primeiras pedras e están paralizadas e para elo que unha delas e afín o PP que senón inda xa derrubarían (non creo como exemplo todas as execucións pendentes de derribo que se acumulan nos despachos.) e polo tanto o famoso edificio adicado o emprego tamén se demora co cal todos os proxectos (se os hai) están paralizados.

E despois hoxe levántome coa nota de prensa de que en Sanxenxo se venden un 30% menos de pisos, pero que o prezo aumenta lixeiramente, eu que tamén son de números por favor Susana a ver si mo explicas porque a miña economía como o da maioría de veciños xovenes de Sanxenxo esta destinada a ir cada día a peor e por moito que na casa me digan: “Rapaz vai sendo hora que non volvas por aquí tódolos días a ver si ........ (osease a moz@) te leva con ela unha boa tempada” e eu pregúntolle para onde porque en Sanxenxo véxoo difícil como non sea para Dena, Barrantes ou Poio sáeme mellor irme a vivir de hippy que xa se sabe que “Uns nacen para santos e outros para pes de bancos”

Pois dende aquí esperamos ver ese plan que nos vai aliviar a economía e co cal vamos a ter maís emprego porque supoñome que nestes 3 meses daríalle tempo a ter algunha idea que nos mostrar ou ¿soio vai facer o que lle van mandar?. Que aínda que teña dedicación parcial tenlle que adicar 20 horas semanais o concello e dicir a intentar mellorar tamén a situación dos veciños (que bonito seria si se cumprise, pero como o home non vive soio de ilusións temome que vai a ser complicado de que se cumpra)

jueves, 23 de agosto de 2007

O que ten que servir ten que sufrir

Se “ o traballar é virtude e o non traballar é saúde” algúns dos nosos concelleiros deben estar como carballos pois xa que hai outros que lles estan a acaparar o protagonismo, pois nestes días coincidín con algún que outro concellal e fixeime en varios detalles: no primeiro foi na pirámide de poder que se ostenta nas filas do PP onde os experimentados copan o sitio dos novatos pois o mércores 15 ala me vou ver o partido de fútbol en Portonovo como bo aficionado dos deportes e cando me fixo para o palco entre outros vexo a Angel e a Paz é entón pregúntome ¿Onde está o concellal de deportes? E despois dun rato vexo a Martín sentado nas bancadas como un espectador máis, ¿acaso non lle correspondería estar a el sentado no palco e non o concellal de Urbanismo ou a titular de Cultura? Si Martín, que eras obediente nadie o nega pero o menos non te deixes asoballar e reclama o sitio que che corresponde por dereito electoral que xa sabes que “ a tal amo, tal criado”.

No segundo detalle é que cando se presentan nalgún acto sempre están nun recuncho falando entre eles e se non se lle acerca algún veciño a falar con eles alí seguen fora de escena. A min dáme que será para que nadie lles reproche o tema dos soldos e eles así non ter que da-la cara, creo que estan a seguir a estrataxema da avestruz.

E no terceiro e que Caty soio acode as procesións onde pode pasear o bastón de mando e as ceas-galas-benéficas onde acude a xente de alta alcurnia e a algún que outro concerto. E o resto de festas máis populares e de menos envergadura ¿porque non acode? Será para que o presuposto de gastos de representación non se lles dispare e lle quede algunha calderilla a fin de mes.

Pero seguro que todos estos detalliños se arranxan durante as festas de Sanxenxo que para iso teñen un presuposto de case 200.000€ mentres que nas outras parroquias os veciños vémonos e desexámonos para que non desaparezan porque se temos que contar coas cantidades irrisorias que aporta o concello non darían máis que para contratar a unha charanga, mentres recorres casa por casa pedindo unha axuda. Pero en Sanxenxo e outro conto, ¿como van ir polos chales, pisos de luxos, adosados,.... pedindo para facer as festas? Pois terían que ir como van no resto das parroquias pois acepto que son as patronais pero de ahi o desagravio económico co resto parece unha inxustiza e unha tomadura de pelo. A ver se toman nota e se lles adica un pouco máis de orzamento e esforzo como a mal chamada Festa do Turísta cando lle corresponde San Xines ou San Xenxo que para iso pasean por España presumindo que forman parte do goberno de dito pobo.

E como deixar escapar a ocasión para darlle un toque de atención sobre a nova páxina web do concello pois tiveron moita presa por colgala antes de que estivera acabada pois entre outros detalles so se pode consultar en castelán, acaso ¿o galego non ten o mesmo dereito? Pois o 80% (máis ou menos) dos veciños falamos galego e non temos vergoña de recoñecelo inda que vivamos no Sanxenxo rural e non temos vista o porto deportivo e a Silgar. E dende logo o resto de idiomas que para iso presumimos de ser un concello turístico. E despois esta o apartado adicado a Insula onde suprimen información que é vital para quen queira acceder a unha destas vivendas e incomoda para o goberno do PP, ¿acaso uns dos requisitos non é ter uns ingresos mínimos que rondan os 17.000 € e un máximo arredor dos 24.000€? ou iso non é importante, para eles non pois con eses soldos non terán problemas de topar vivenda ou como información de que para obter descontos por protección oficial hai que estar inscripto no rexistro de solicitante de vivenda protexida da Xunta de Galicia.

As presas non son boas conselleiras e máis vale tarde que nunca, pero se ofreces información procura amosala toda e non parte pois cando se dedice non amosala é señal de que non interesa e como soe pasar neste santo concello temola que buscar por outros lares ou que alguen de boa fe a filtre. ¿Será porqué “o que cala consinte”? Ou ¿sera porqué o “que ten cu ten medo”?

viernes, 17 de agosto de 2007

A cortesía do pobo

Xa se esta agotando o plazo dos 100 días de cortesía que se lle soe dar os alcades e presidentes unha vez que toman posesión dos seus cargos por parte da poboación por aquilo de que lle vaian collendo o "tranquillo" as novas tarefas que van a desenrolar os próximos 4 anos. Pero no caso de Sanxenxo de esos 100 creo que sobran 90 pois vendo como se vai perfilando o panorama político, social e económico nada me fai mudar de opinión: primeiro seguimos co tema dos soldos que agora non saben coma xustificar unha rebaixa imposta polos altos mandatarios do PP e a única opción que lles queda e inventar absurdas excusas e mirar a palla no ollo alleo a ver si asi os veciños nos aburrimos e deixemos pasar o tema porque da vergoña local pasamos o a se-lo faime-rir de Galiza. Despois podemos seguir cun repaso as contas do ano 2006 onde se reflexa que dos 58 millóns presupostados so se executaron menos do 50% e logo presumen para este ano dun orzamento de 114 millóns no cal aparecen as mesmas partidas que nos últimos 8 anos e que seguen sen executarse, e logo pensan que comprando Punta Vicaño xa cumpriron pero o que hai que saber é como financiaron esa compra: parte dos cartos saíron da mala venta das vivendas sociais que se construirían en Monte Faro é que solucionarían gran parte da problemática da vivenda existente e o resto uns 3,55 millóns dun préstamo que pediron o ano pasado e que estaba destinado para outras obras, total vamos estar endeudados durante 20 anos e xa podemos pasear por Punta Vicaño unha zona que por expropiación se tería adquirido por menos da metade da metade da metade do que pagaron. Menos mal que temos 10 vivendas en Bordóns para 10 afortunados xovenes do concello rodeadas de vexetación foránea, osease eucaliptos pois os carballos estan sendo cortados sen que Medioambiente se pronuncie, porque coa presa que leva Insula para promover vivenda antes vexo como as rans crian pelo.

E logo onde están todos esos espazos públicos, infraestruturas, equipamentos,.. que se ían conseguir cos convenios cos SU e os Peris? Porque tódolos días saen na prensa dicindo que van a facer obras, a arranxar o que xa hai pero logo no transcurrir dos meses seguen peor do que se atopaban, por exemplo o Pazo de Quintáns de Noalla que esta de pe de milagre, o arranxo das fontes e lavadeiros porque na maioría das parroquias seguen no mesmo estado e nas que cada día que pasa a maleza as invade con maior forza, o muiño de Fontoira que se tirou para levantar o Carrefour e alí seguen as pedras entre as herbas (sempre e cando estean todas porque o interese por preservalas e ben pouca), a casa do Priorato en Arra que segue no mesmo estado que hai 3 anos, a limpeza dos couces dos regatos que nalgún caso para non ter que limpar deixan que o canalicen para cerrar fincas e logo acaba desaparecendo, a completa ignorancia dos camiños primitivos e a súa recuperación se total é mellor facer rondas e estradas novas soterrando e destruíndo a pouca herdanza do pasado que posúe Sanxenxo mentres noutros lugares estase a recuperar o patrimonio cultural eiqui no noso concello impera a lei do formigón e o de arrasar todo por diante sen preocuparse o máis mínimo se ten valor porque o valor que eles contemplan é o dos cartos.

Se pensan que os veciños temos pouca memoria que non se esquezan que nas hemerotecas e nos arquivos quedan gardados os feitos e as promesas e que algún día asomaran para pedir contas e o máis triste é que seguramente van a reflexar que estamos gobernados por un grupo incapaz de consolidar os seus propios actos, como ben decía Castelao: “Cando un home sabe que a realización dunha idea vai producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria, non debe recuar ante a posibilidade do triunfo,...., porque o home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.”


jueves, 9 de agosto de 2007

¿Quen manexa o barco?

Cada día teño máis claro a resposta a esta pregunta, a min sempre me dixeron que "onde hai patrón non manda mariñeiro" pero últimamente no concello de Sanxenxo hai moitos patróns e poucos mariñeiros e algunha que outra redeira recentemente titulada patroa ou aquel dito que di : "que gaiteiro pago non toca ben"

Da igual que os mariñeiros que manteñen o barco a flote (osease os veciños de Sanxenxo) se subleven, se queixen do mal funcionamento do mesmo, protesten polos soldos da patroa e dos que lle seguen, ....., pero cando reciben a chamada do armador (coñecido popularmente como Feijoo) baixan as orellas e non lles queda máis remedio que acatar ordenes.

Decir que estou indignada seria pouco, pois ante a falla de responsabilidade e de respecto os veciños veuse confirmada esta semán. Despóis das numerosas críticas, reproches, comentarios,... que se manifestaron con respecto os soldos que foron aprobados no pleno o día 9 de xullo con irrisorias xustificacións van agora a rebaixalos. Pero non nos equivoquemos, non é porque o pobo llo pedise senón porque Feijoo lle obligase a facelo para non contradecilo, e ainda por riba quere trasladar este feito o Parlamento de Galicia para que o resto dos alcaldes se sumen a iniciativa e sobretodo naqueles donde hai coalicións. Pero Caty de que vas a dar exemplo? de suma obediencia o PP porque os veciños non nos fas nin caso e recordoche que unha inmensa minoría son os que te sentaron nese sillón e non foi Feijoo que ven sabes que por él e polo teu mestre (Telmo) ti non eras a candidata elexida e que saiste elexida candidata por rebote ou porque outr@s elexidos faltaronlle agallas para presentarse.
¿A rebaixa implica menos atención os veciños? Se antes os soldos se xustificaron porque se ia dar servizo os veciños as 24 horas agora tamén se rebaixara a atención e a dedicación pois a menos soldo menos traballar, excepto Martín e Almudena que se lles incrementa ¿Porqué?. E deixade xa o conto de que non cobrades nin plenos, nin comisións,.. non os cobrades porque a lei non volo permite senon tamen os cobrariades. E deixade de marear a perdiz co bruto e o neto pois todos sabemos a diferenza e a retención que aplicades os soldos (ven sabedes que hai un mínimo e un máximo) poñedela para que parezca que cobrades menos, pero hai algo que che chaman declaración da renta onde seguro que a máis dun lle sae a devolver e eso non o contades, se tan legales sodes e vades de cara ¿porque non facedes públicas as declaracións da renta do ano 2006 e logo as do 2007? claro, iso non vos interesa porque ahi é donde se vos descubriría o pastel e non teriades excusas, porque ahi é donde realmente os veciños coñeceriamos os ingresos reais e declarados. É a xustificación de que Cati exerce como presidenta de varias sociedades sobra, pois nadie che obligou se estas ahi e por decisión propia e se non queres traballar e afrontar os teus deberes renuncia. E non me veñades co de "o que fai a man dereita que non o descubra a esquerda"

So pido que nos deixen de tomar o pelo, si aprobaron eses soldos que apanden con eles, que teñan a suficiente sensatez e cordura para aguantalos e non que cada vez que a cúpula do PP teña que arremeter contra a Xunta vos baixedes as orellas, porque a imaxe de marionetas que estades amosando e vergonzosa. Se non sabedes acatar as vosas propias decisións como vades representarnos?.

Esta claro que o patrón do barco "Concello de Sanxenxo" para pesca de baixura está gobernado por quen todos sabemos (Caty en cabeza visible seguida dos caciques e abellas que a rodean) para a pesca de altura esta Feijoo e os grandes promotores e peixes fortes deste país. E nos, os pobres mariñeiros vemonos afogando nunha marea chea de incertidumbre e inxusticias que por moito que nos cansemos en amosar o final soio acabamos dando lances o vacio.

viernes, 3 de agosto de 2007

Adeus a Carballeira "O Pombal de Bordóns"




Esta é a fabulosa vista da situación na que se atopa a carballeira " O Pombal de Bordóns" e da que proximámente van a disfrutar os mesmos de sempre e para elo so teñen que levar por diante uns 300 carballos.
Si, máis ou menos, total para que serven as árbores si no lugar que ocupan podemos construir nunha primeira fase 33 chalets, coa sua piscina rodeados de zonas verdes protexidas cheas de eucaliptos e pinos para que os cativos, na maioria deles madrileños porque co prezo que teñen ningún de Bordóns vai ir a mercar ali, poidan facer acampadas en plena natureza o pe da casa respirando aire puro co cal se colocan pola falla de costume.
Se mirades a páxina da promotora WWW.pombaldebordons.com señalizando claramente a zona protexida e amosando en verde máis claro a zona de construcción que parece o istmo do Grove seguro que os compradores quitan dúas conclusións:" se total son soio 300 carballos, se plantamos no xardín unhs brezos, unhas roseiras e un limoeiro xa contribuimos coa natureza" e "xa que nos fixeron o favor de deixarnos semellante zona para poder ter unha casa en Sanxenxo vamos a ser uns desagradecidos e deixar que unhas árbores perxudiquen a nosa calidade vida."

E eu preguntome cando vaia as festas de Bordons ¿como accedo?¿donde aparco?¿que sombra vou a ter para poder comer o pulpo e botar unhas parrafadas cos veciños? si, porque se non o sabedes os accesos a dito SU inda non se saben por onde van e como van a ser. Moito lles gusta a estos facer primeiro os tellados e logo a cimentación, pero é normál pois necesitan a madeira para puntais e para montar o encofrado e que mellor unhas taboas de carballo da zona que para eso foron plantados (para dar madeira).
E onde estan os ecoloxistas? ¿É a conselleria de Medio Ambiente? pois que eu sepa os carballos son unha especie protexida, pero debe ser en toda Galicia menos en Sanxenxo, ou será como Cati pasase os requerimentos da conselleria polo forro estes xa non se van a molestar en mandarlle máis e así aforrar papel para que non se talen máis árbores?¿é o río que pasa por ali?

E o peor é que moito aprobar a execución do SU 29 pero non preveen accesos para chegar ali.

miércoles, 1 de agosto de 2007

Todo sigue igual

Despois de leer que comenzaban as rebaixas nos soldos da corporación onte celebrouse o pleno do mes de xullo e todo segue igual, a rebaixa non asomou por ningún lugar aplicaranna para setembro pois as vacacións xa están presupostadas e non van facer cambios de última hora, porque despois empeza o tempo das vacas flacas e de apretalo cinturón pois a rebaixa supón un descenso da calidade das súas vidas e polo tanto no servizo os veciños pois as xustificación era que ian estar as 24 horas do día e agora estarán algunhas menos que pa iso van cobrar menos.
E menos mal que por lei non poden cobrar nin comisións, nin plenos, ...,inda que anden a decir por ahi que eles non o van a cobrar non é por falta de gañas e porque a lei non llo permite. Polo que me contaron o de onte durou ata as 12 da noite e porque se aplazaron dúas comisións, porque dende que o Puma se lle da por replicar a todo e vai de abanderado da legalidade e defensor das causas imposibles as sesións non avanzan e asi o único que vai a conseguir que a xente se
aburra e non asista os plenos.
Porque está ben ser legal pero pesado e aburrido non que para iso xa nos chega con Sabariz a leer todas las leis existente e por existir.
E a asistir os plenos, sobretodo os máis polémicos, deberiase asistir porque é ahí onde te enteras
do que realmente contan e como xustifican os seus actos e non deixar que se confien e que
pensen que estamos todos satifeitos cos seus logros
(que por certo inda non vin ningún, pero doulle os 100 días de cortesía).

Pero seguimos igual por non decir peor: o tema da basura sin solucionarse (para que si conta co beneplácito do CTEs e mentras o domingo o que se acercaba o porto deportivo respiraba un aroma que desconxestionaba os conductos nasais e sempre e cando non pisases as zonas cheas de aceite e restos liquidos que unha vez sacado o lixo permanecian as manchas decorando o chan), o do rio Barbeito (perfume gratuito pos de Portonovo, e natureza salvaxe en pleno corazón do pobo), asfaltados de pistas pero cos postes de Fenosa no medio (serán as novas rotondas que prometeron no Plan Circula, estan ben son pequenas e aforraron o presuposto para construilas), pasan dos requerimentos da Conselleria de Medio Ambiente porque eles o valen
(home vanlle decir que non a Nino Mirón e o resto da troup,) e se total as consecuencias imos pagalas entre todos.
E asi poderia seguir con un sin fin de cousas máis pero como seguro que cando volva a escribir todo VAI SEGUIR IGUAL para que alargarme máis pero voulles deixar unha frase de Teresa de Calcuta : "Si no se vive para los demás, la vida carece de sentido" porque eles aplicaronna mal xa a que predican reza asi: "Si los demás no trabajan para ti, la vida carece de ingresos".