RESPUESTA AL SR. RODRÍGUEZ
OPINIÓN
GERARDO FERNÁNDEZW
Como tiña calculado entrou ó trapo , cal “touro desbocado”, tras a publicación da miña carta aberta, esquecendo no seu frenesí, responder aquelas cuestións importantes que de novo lle reenvío. Sendo eu home de pouca formación, (cuestión de épocas) sorpréndeme que califique o meu escrito como pobre, pois non é máis pobre que a súa resposta que entendo non foi escrita por vostede, xa non polas abundantes fallas ortográficas pois isto pódelle pasar a calquera que asegura que será alcalde, senón pola ausencia de respostas e argumentos relacionados coas miñas preguntas, e unha resposta tan pobre non está acorde cun home da súa formación, con tanto criterio literario e non menos titulación académica.
Pola contra, vostede si merece que lle conteste, por afirmar a mentira de que na visita ás obras da Casa de Cultura “salió su presidente dorándole la píldora a la alcaldesa”, (non sei quen lle contou esta mentira, supoño que o mesmo que conta o número de asistentes ás asembleas), repetíndolle que a última vez que falei coa alcaldesa foi por teléfono nun programa de radio, esixíndolle explicacións diante de vostede mesmo. Pero si que lle vou dar a razón en algo, enganáronme cando aseguraron que buscarían unha solución para o problema da acampada, igual que me enganei ó pensar que os concelleiros da oposición denunciarían esta ilegalidade coma así o fixo o Sr. Otero, a quen felicitamos publicamente igual ca o Sr. Villaverde pola súa colaboración, pero estas felicitacións a vostede non lle molestan, non as menciona, tan só lle importan as da Sra. Alcaldesa, por que será?
Por outro lado, non entendo que vostede asegure que resolverá o problema cando chegue ó goberno municipal, quen lle vai crer despois de tantos anos sen que vostede fixera nada ó respecto, tivo tempo dabondo e nin sequera denunciou a ilegalidade, acordouse do ciclista Pereiro e da Torre de Hércules, pero non se acordou das inxustizas sufridas ano tras ano polos veciños de A Vichona.
É posible que dentro de pouco apareza vostede a “pedir o voto”, estarémolo esperando coas mesmas preguntas, cansados de concelleiros incompetentes que non resolven os problemas municipais. Mentres tanto, vaia ensaiando as respostas:
Que intereses ocultos ten para non denunciar unha ilegalidade recoñecida por vostede mesmo en reunión veciñal como si o fixeron outros compañeiros da Coorporación?
Por que non actuou se cría que os veciños se equivocaban? Por que non os axudou se tiña clara a ilegalidade?
Por que non fixo nada durante os máis de tres anos que leva na Coorporación para evitar esta ilegalidade que ten tan clara, non obstante, asegura que o fará cando chegue ó goberno? A que estivo esperando? Por que nos saturou diariamente con notas de prensa cos problemas e solucións de Sanxenxo, si as pode deixar para cando goberne, do mesmo modo que pensa facer coa polémica acampada?