jueves, 9 de septiembre de 2010

Como aparcar en Sanxenxo?

Xa estamos en setembro e parece que os problemas de aparcamento inda non estan solucionados.











Estas fotos son de hoxe a maña, os coches aparcan enriba da praza dos Barcos a pesares de estar o aparcamento a escasos metros.
Eu a verdade é que levo días sin ver a grúa por Sanxenxo ou Portonovo e claro a comodidade é total mentras a Policía Local en vez de estar patrullando pola vila a saber onde andaran.

Algúns estarán na oficina porque cando vas ali sempre hai uns cantos e hoxe a lo menos dous estaban a 1:30 na carretera da Adina, antes da frábica de Leiro, co multamóvil simulando unha avería. Tiñan o capo do coche levantado mentras un estaba sentado no asento do copiloto e o outro na acera apoiado na ventanilla do copiloto de chachara. O menos si simlan unha avería que se poñan a mirar para o motor do coche e mancharse un pouco as mans de graxa que apoiados na ventanilla so fan o paripé.

Pero sigamos falando dos aparcamentos. Todos sabemos que en Sanxenxo son escasos e as prazas de estacionamento libres cada vez son memos.
En Sanxenxo temos 2 aparcamentos privados: o municipal, que se gasta unhas tarifas altas comparados a outros noutras vilas de similares características ou cos de Pontevedra e Vigo.
E por outro lado temos o de Fonte de Ramos, con tarifas máis baratas e igual de céntrico que o municipal.
E logo temos frente o hotel Terraza a leira cedida ao equipo de fútbol para recaudar algúns cartos.
E logo temos un aparcarmento gratuíto detras da igrexa de Sanxenxo, algo descoidado, pero que é o máis usado para facer as compras na praza de abastos.

En Portonovo hai dous aparcamentos xestionados por outro equipo de fútbol: o que esta xunta a rotondo de entrada da vila, preto a frábica de xeo de Leiro, e o outro situado cerca da praia de Canelas.
Estes aparcamentos son leiras acondionados para elo. O outro día comentabanme que o de Canelas o primer finde de setembro permaneceu pechado co que moitos que se achegaron a esa praia contando con esas prazas de aparcamento tiveron que buscar outras alternativas.

Polo tanto o debate é que si se conceden esas parcelas para dar un servizo público a vez que se recauda para o equipo non deberían estar regulados? Descoñezo si hai algún seguro de responsabilidade civil ou a implicación do concello pero si publicitan que hai eses aparcamentos non deberían controlar que funcionasen correctamente?

Que opinades?