Non sei si o mércores no concello seguiran a folga ou non, pero as veces vendo como esta o noso concello da a sensación de que se esta en folga todo o ano.
E por iso volvemos facer algún recordatorio de como están as rúas e hoxe vou comenzar por un camiño que esta que da pena, é un camiño sen saida que esta ao lado do campo de futbol do Sanxenxo, na zona de Baltar.
Pero xa non é que non desbrocen ese camiño senón que os servizos de teléfono e luz se ven afectados co mal tempo xa que as ramas das árbores caen enriba do cableado.
E como a todo can lle son pulgas esta zona esta chea de lixo e da pena. A pesares de que o concello ten un almacén nesa zona miran cara outro lado para non ver o lixo que se acumula semana tras semana.