Resulta que o protagonista da entrega da Raia de Ouro a "Vixa" foi o alcalde de Meaño. Como se pode ler no extracto da noticia que saiu onte no Diario de Arousa.
Si o ano pasado o protagonista foi a concesión da Raia de Ouro ao clube de piragüismo para apaciguar os integrantes deste clube despois de numerosas promesas para a construcción da nova sede que seguen sendo promesas e seguiran así moito tempo máis que agora teñen a excusa da crise.
Este ano é curioso ver as alabanzas ao alcalde do concello veciño e a facilidade que teñen neste concello para instalar empresas mentras que Sanxenxo non se fai nada para crear unha soa empresa nova.
Frase lapidaria deste texto é a seguinte: "cando nalgúns municipios os índices de desemprego eran moi altos en Meaño non existía, porque o alcalde sempre se preocupou de dar facilidades a quenes querían crear postos de traballo e eso notouse moito nese pueblo"
Seguro que os gobernantes do PP deste concello aplaudiron o discurso con gran fervor levados polo son da festa sin pensar realmente no significado das palabras desta muller que lles esta a dicir que si alguén quere crear emprego se vaia pa Meaño. Xa hai anos que moitos mozos/as se foron a vivir a Meaño ou a Barrantes porque as vivendas eran máis baratas e agora ata na entrega de premios en Portonovo se di que no concello do lado todo son facilidades.
Sinceiramente o discurso desta muller debería servir para facer reflexionar a Catalina e o resto do grupo municipal, inda que esto sei que é moito pedir e máis a estas alturas do partido.