Ao final confirmouse o que xa moitos supoñiamos hai tempo, Paz Lago vai de número dous na lista do PP.
Esto poderiase ver como unha integrante dunha lista máis sinón fora polas veces que botou a lingua a pacer antes de tempo. Cansouse de repetir a moitos dos seus achegados e íntimos que ela XAMAIS iria nunca lista con Catalina, quedou claro que a súa palabra pouco valor ten.
Despois do que predicou, de xurar e perxurar o final tivo que facer o que lle mandaron, pero eso non a exculpa pois ante todo precisase dignidade e ante todo palabra, deixarse de formar parte das intrigas palaciegas nas que andiveron metidos nos últimos meses con ceas en Madrid e reunións sin fin.
Pero inda é máis pavero ver como xustifican a ausencia de 3 dos actuais concelleiros do PP, din que dous non repiten porque xa levan 8 anos como concelleiros, Angel e Manuel López, cantos anos leva Paz? e o terceiro non repite por vontade propia, Martín, non me extraña porque esta máis desaparecido que o Cáliz de Cristo.
E falando de cristos non podemos olvidar a fractura que houbo cando foi o intento do contrato por 20 anos da limpeza, e agora volvemos a ser tan amiguitas, non o cree nin Rajoy montado no Maropa.
Pero esta ben que se presente pois asi Vilalonga tera a oportunidade que tanto reclama de pagarlle o servizo a parroquia nas urnas, pois o 22 de maio é a mellor oportunidade para deixar claro a desconformidade dos veciños polo abandono da parroquia.
As clases de inglés no senado a teñen moi ocupada porque so temos que ir a hemeroteca e ler aquela entrevista no Diario de Arousa o 9 de decembro de 2009 onde dícia que estaba a preparar a sua primeira iniciativa sobre un tema referente a Sanxenxo que en poucos meses coñeceriamos, pois meses non sei pero máis dun ano xa vai ala.
Xa sei que no PP levase moito o de fai o que eu che mando e non o que eu fago porque moito mirar o qe fan os demaís e despois eles non saben nin cumprir o que din. Hai tempo que deixou de ser a eterna sonrisa do PP e pasou a ser a persoa que esta afogando as asociacións e clubes do concello, os únicos que están a facer algo pola cultura e polo deporte no noso municipio, e agora cando lles reclaman o que lles deben en moitas ocasións a culpa era de Catalina, e agora Catalina di que non hai cartos, e si Catalina tanto lle ataba as mans e non lle da vía libre para actuar dentro das súas responsabilidades como vai xustificar agora que non pode pagar o que ela mesma prometeu? escondendose en Madrid e esperando que a guillotina pase polo pescozo de Catalina e ela seguir obedecendo e caladiña para que ninguén lle mova a silla.
Da igual que os nenos non teñan colexio, da igual que a Telleira acabe sendo unha ruina, da igual que a cultura en Sanxenxo se reduza as festas das parroquias para participar nas procesións, xa da igual todo, pero o que non da igual son 3.126,55 € o mes fixos + 2.318 por ser viceportavoz nalgunha comisión do senado (ela o é en 3) + 1.822 para dietas.
Sumando estas cifras temos o valor da palabra da senadora, o resto so é falar po vento.