Parece ser que a as oracións de Semana Santa deron onte os seus froitos, logo de non poder pasear coa peineta e a mantilla agarrando o seu bastón de mando polas rúas de Sanxenxo por culpa da choiva nada mellor que clavar as banderillas no clube de piragüismo.
Despois de decidir que non ian recibir a raia de ouro resulta que a directiva do clube mantén unha reunión co patrón maior de Portonovo e despois de 2 horas de explicación resulta que saen hoxe na prensa dicindo que van recoller a raia de ouro xa que foi proposta pola cofradía, si esta claro que para apagar os lumes e non estrepeen a campaña nada mellor que mandar un apagafogos. Imaxinádesvos o ridículo que farian ao non poder entregar a raia de ouro e esto estanse encargando de que non suceda a toda costa, e si hai que mandar mensaxeiros mandaranse e si hai que presionar presionarese, porque unha vez que se anunciou en prensa non se pode buscar un sustituto a última hora.
Foto sacada da Voz |
Esta foto corresponde a protesta feita polo clube para denunciar os perigos aos que estan expostos os nenos que practican este deporte.
Pois ese perigo seguiran a sufrilo por moita raia de ouro que teñan, pois a raia de ouro non implica seguridade senón baixada de pantalóns dunha directiva ante as presións.
Claro que tamén podemos ler no Diario de Arousa como o patrón maior lles ofrece apoio nas próximas prostestas dentro da medida das súas posibilidades, pois como ata o de agora, moito non se lle veu o pelo,o que debería dicir é que a cofradía vaise volcar ao 100% para lograr unha ubicación canto antes posible e non dicir que si podemos vamos, e a realidade é que ou cambia o governo o día 22 de maio ou os rapaces terán que esperar outros 12 anos. Cal foi o apoio da cofradía estos últimos anos para que tivesen unha nova sede en condicións? Parcial ou total? e non vale que me digan que son patrocinadores,
12 anos nos que estiveron enganados e Catalina sempre foi consciente de eso pois primeiro como concelleira e logo como alcaldesa, moveron a ubicación da sede do clube ao igual que se moven as fichas do xadrez, so que neste caso o xaque mate deronllo ao clube e para rematar coronan este engano cunha raia de ouro.
Paseando por onde ia ir a sede |
Xa me imaxino o discurso mentras pon a raia : " neste próximo ano faremos a sede, comprometome como veciña de Portonovo" pois MENTIRA, pero neste caso non ten a quen botarlle a culpa, xa non lle queda a ninguén a quen botarlla.
Porque hai que lembrarlle que moitos son os que apostaron dende un principio para ubicar esta sede no entorno do porto. Pero cando o BNG lle mencionaba de estudiar esta posibilidade a rechazan sin escoitala para dicir que mellor na praia de Baltar, e resulta que agora a directiva do clube di que a mellor ubicación é a do porto, canto tempo perdido. Primeiro pasean a maqueta do porto, logo a foto montaxe da sede na punta da praia de Baltar, se o final inda diran que mellor no porto deportivo de Sanxenxo, que seguro que Nauta estara encantada de cederlle un dos locais para que os nenos poidan seguir practicando este deporte coa seguiridade que se merecen. E sinón fora pola afición das obras faraónicas de Telmo Martín e a tozudez e prepotencia desta muller a sede a día de hoxe sería unha realidade, pero non, enchia a boca dicindo que o concello faría a sede sin axuda do bipartito e de paso gastaba 7,5 millóns de euros en Punta Vicaño, rexeitando axudas pero cando entra o Feijoó na Xunta vai correndo chorando para solicitar esa axuda que antes tanto presumía de renunciar e despois do paseo polas táboas comenten un erro de libro: esquecerse do deslinde de costas. Pero no fondo este deslinde veulles o pelo porque a día de hoxe o concello non ten capacidade económica para afrontar esta sede, cuantía que leva xa uns anos sin aparecer nos orzamentos do concello, co cal a intención está máis que clara: a sede de piragüismo NON é prioritaria para Catalina pero manter o soldo galáctico como alcaldesa SI, e si para eso ten que presionar fara todo o posible, pero o seu momento de gloria non llo arruinan uns cativos que como ocio teñen o de palexar pola ría de Pontevedra, non, eso non está dentro dos seus plans.
E a miña pregunta é despois de 12 anos dos cales 4 de mandato de Catalina porque este ano lle dan a raia de ouro ao clube de piragüismo? acaso nunca se lles ocurreu propoñer antes a este colectivo? e sigome preguntando si esta é a aposta da cofradía de pescadores cal foi a proposta do concello?