ALS, o graniño imobiliario de Louzán
Sanxenxo xa ten un novo partido froito dunha excisión do PP. Louzán, Telmo Martín e mesmo o conselleiro Hernández teñen moito que ver no seu nacemento. Pero, quen está detrás desta formación?
Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 31/01/2011
A pasada semana confirmouse a fractura do PP de Sanxenxo. Un grupo de militantes críticos coa labor da actual alcadesa Catalina González e as inxerencias de Rafael Louzán por non convocar un congreso local para designar o candidato a alcaldía, decidiron crear un novo partido; ALS (Agrupación Liberal de Sanxenxo).
Unha situación semellante á que hai catro anos fracturou ao PP de Tomiño, coa creación dunha nova formación que obtivo dous concelleiros, impulsada polo ex conselleiro Diz Guedes que se presentou en Tui tamén con outra formación, e que provocou a perda da alcaldía. Hoxe, os membros do “partido do ladrillo”, como se lle coñece volven estar dentro do Partido Popular polas intensas mediacións de Rafael Louzán.
Tamén en Sanxenxo, o novo partido está integrado, na súa maior parte, por importantes militantes populares e, a súa aparición, pode provocar que o PPdeG perda a súa hexemonía neste concello. E, quen está detrás deste novo partido?. O seu presidente Francisco Villaverde, xa anunciou a algúns dos compoñentes desta agrupación, a maioría ex concelleiros do PPdeG.
Quen é quen?
Francisco Villaverde, o presidente, foi concelleiro de urbanismo con Telmo Martín e foi na lista coa actual alcaldesa. Ocupando esta concellería construíu un chalet en zona de dominio público e foi denunciado polo colectivo “Salvemos Pontevedra”. A obra foi declarada ilegal e esta pendente de recurso.
Máis en GC preme no seguinte enlace para ir a noticia completa ALS
Onte tamén neste medio e noutra información que fala sobre o Porto de Sada e o Gürthel tamén mencionan o porto deportivo de Sanxenxo:
"Na adecuación do porto de Sanxenxo, tramitada sen licencia e por urxencia sen xustificación: "As catro empresas finalmente baremadas obteñen todas a mesma puntuación final do concurso: son ARIAS HERMANOS S.A., CORSAN-COVIAN S.L., EXTRACO S.A., e OYS NOROESTE S.L. A mesa de contratación propón a esta última como adxudicataria por considerar a súa oferta como a máis vantaxosa no seu conxunto, sen precisar ningún outro criterio obxectivo para tal apreciación".
A información completa premendo no seguinte enlace Porto Sada