Hoxe vou escribir algo breve aproveitando que teño cobertura, pois, atopome descansando uns días e ata finais de xaneiro non volverei a carga, pero isto non signifique que non estea ao corrente do que pode pasar en Sanxenxo, xa que procuro ler os mails tódolos días e por iso quero contar algúns breves:
1. As obras polas que me preguntaban do Hotel de Luna, parece ser que non teñen licenza, esas obras en principio tratase de pechar os balcóns, e claro si se pide licenza eso implica cambiar o volumen da edificación e se miramos o PXOM pode ser que se exceda na edificabilidade. Pero claro, pertencer a xestora que formou Catalina nos últimos meses supostamente debe ter a súa recompensa e según me contan na Xerencia estan ao corrente destes feitos polo tanto deberían paralizar ditas obras sinon teñen os permisos pertinentes.
2. Na carpa da festa de Bordóns apareceron unhas pintadas contra Salvador, non vou reproducir o que nelas se di porque entran no ámbito privado, que Salvador gañou moito enemistades esta máis que claro porque unha cousa é ser un inepto político e outra ser un prepotente.
3. Parece ser que a certo empresario de Vilalonga, Catalina como "recompensa" vaille dar uns meses de tranquilidade económica, so esperemos que todo estea en orden, e neste momentos os críticos ven como un posible apoio escapaselles cara o lado de Catalina a pesar de sair nas fotos das reunións críticas.
4. Cando regrese un apartado adicado as eleccións municipais que inda estou decidindo como vai ser.
5. Sobre Fitur a estas alturas xa nada sorprende, pois tódolos anos é o mesmo coa variación de ir un día antes coa excusa dunha reunión da asociación das "Villas Marineras" que resulta que se fai en Madrid cando nin Madrid esta nesa asociación e moito menos é mariñeira, a menos que conten como mariñeiro navegar en barquita polo Retiro.
6. Agora que xa dende a Xunta arranxaron o problema da Plisan en Salvaterra tal e como lle prometeron aos xaponeses que poderían dispor dos terreos a partir de febreiro, sorprendeme que agora os da Xunta de compensación do polígono de Sanxenxo so salgan na prensa co tema do aval e se olvidan de mencionar a cantidade de "negociacións" que supostamente estiveron facendo, esperaran a que volva a alcaldesa de Fitur para volver a saír na prensa ao igual que entra un elefante nunha cacharreria: facendo moito ruido, nada máis.
Sei que me queda algún tema no tinteiro pero nuns días volvo a carga con máis cousiñas e poida que algunha sorpresa.