Parece que o relato bíblico do Antigo Testamento se fixo realidade en Sanxenxo, sendo Goliat a Xunta de Compensación do polígono e o concello e David unha veciña que loitaba polo que consideraba xusto e seu.
Pois ben, David na súa loita contra Goliat volveu gañar, por moito que Goliat desplegou a súa defensa encabezada polo que consideraban o mellor avogado de pleito urbanísticos mentres que David resistia o pelexa cunha avogada de oficio. Nin os grandes son tan grandes e nin os pequenos tana débiles cando a razón os avala.
Entrevista publicada hoxe no Diario de Arousa:
Sen coñecementos urbanísticos e cun avogado de oficio tres en realidade logrou unha sentencia ratificada posteriormente polo TSXG que anula o Proxecto de Compensación do polígono industrial de Sanxenxo.
Que opinión lle mereceesta sentenza?
Que non cambiará nada. O Concello fará algo para arreglar o problema rapidamente e eu quedarei como estou.
Como empezou este problema?
Porque fixeron o proxecto á maneira deles. Só respetaron aos que tiñan a maior parte do solo, aos máis fortes. Gesai tiña o 45% do chan aproximadamente, e tamén tiveron en conta os intereses de Mourigada, Fernández Gondar, etc, e os demais, o que lle tocara.
Canto se entera de que a vostedes llo dan en dúas parcelas, diríxese á Xunta de Compensación?
Si, e tamén ao Concello. Houbo unha reunión e falei con Alberto Chas, redactor do proxecto e secretario da Xunta de Compensación, e tamén con Manuel Barbeito.
E cal é a súa postura?
Nun principio dixéronme que si, que as ían a unificar. O que máis me animou foi Manuel Barbeito, que me dixo que non ía a permitir que se sacaran un euro e ía a facer o posible porque todo quedara ben para min. Pero o único que buscaba era que sacara da Xerencia un recurso de reposición que presentara por unha discrepancia de metros nas parcelas de orixen.
E que interese podía ter para Barbeito ese recurso?
Eu non sabía que con ese recurso interposto non podían aprobar o proxecto de reposición, pero eles si que o sabían. Eles tiñan que engañarme a min para que eu o retirara e eles puideran seguir adiante sen cambiar nada. A xerente de Urbanismo, Encarnación Rivas, nunca me deu toda a información. Ao revés, animoume a que falara con Manuel Barbeito e díxome que el podía facer de intermediario para resolver o meu problema. Eu críno, e volvín a dirixirme a Barbeito.
E que pasou?
Díxome que ía facer unha reunión para buscar unha solución. E fíxoa, pero para nada. Eu confiei nel e deixelle que me preparara os papeis para retirar o recurso de reposición. Fíxoo na oficina del e eu firmeillos, ó igual que miña nai, Elisa Camiña, porque tiñamos un recurso interposto cada un.
E a partir dese día?
Acabouse o apoio. Eles xa se sacaran o problema de encima. Eu si soubera que o proxecto estaba paralizado por eses recursos, non actuaría así. Negociaría doutra forma e agardaría a que me resolveran o meu para retiralo. O único que fixo Manuel Barbeito foi ir a xunto Encarnación Rivas e dicirlle que tirara para adiante con todo como estaba.
E vostede non foi falar con Encarnación Rivas?
Claro que fun, e o que me dixo era que ela estaba alí para defender o PXOM, non para solucionar os problemas, que para iso estaban os xulgados.
Eles non lle fan ningunha proposta?
A min fáltanme uns 200 metros cuadrados. Dixéronme que si eu quería todo xunto e coa superficie total, porque houbo unha adxudicación por defecto, tería que pagalos a prezo de mercado. É dicir, o proxecto de compensación fixa un prezo por metro de uns 90 euros, e a min queríanmos cobrar a 150. É dicir, a prezo de mercado, facendo negocio.
E non chegan a acordo...
Non, porque estanme cobrando o que xa era meu.
Sentiuse indefenso?
Claro. Eu e máis miña nai pagamos en efectivo, non en terreo, e non pensamos que iso sería así. Despois vimos que para recuperar o noso aínda nos querían incrementar máis os gastos, con cousas que non contabamos.
Eres a única persoa descontenta co proxecto de equidistribución?
Non, hai bastantes máis. A algúns deixaronlle a parcela en rexime de proindiviso e non poden facer nada nelas.
Como se lle ocurre denunciar o tema?
Porque non estou de acordo co que fixeron, porque ese re- parto que eles decidiron perxu-dícame.
E por que busca un avogado de oficio?
Fixen todo a nome de miña nai e polos seus recursos tiña dereito. Non quería que este tema me costase máis cartos.
E viron claro como prantexar o tema?
Non. De feito chegaron a dicirme que unha persoa soa non podía tumbar o proxecto.
E como chegaron a detectar a irregularidade no xeito de aprobar o plan?
Iso xa foi a segunda avo- gada. A primeira só mantivo unha reunión conmigo e xa renunciou. Logo a segunda iba a plantexalo porque non había continuidade, pero eu pedinlle que estudiara o Plan Parcial con calma, funllo buscar ao Concello, leveillo e dixo que había un defecto de forma.
Ela presentou este segundo recurso tamén?
Non. Eso fíxoo o terceiro, pero avisoume de que eu tiña pouco que facer.
E agora?
Para min é o momento de revisar o proxecto e correxir os erros, pero dubido de que haxa interese en facelo.
Algúns dos promotores do polígono son veciños seus. Síntese decepcionado por eles?
En parte si. A Manuel Barbeito coñezoo dende cativo. Preparoume para recibir a confirmación e eu confiaba moito nel.