sábado, 22 de diciembre de 2007

En Sanxenxo armouse o BELEN

Estamos nunhas datas nas que se montan os Belens e este blog non podia ser menos e ter o seu propio, e como tódolos bos Belens habra cousiñas novas que se incorporen a medida que pasa o NADAL

Espero que vos guste e aproveito para desexarvos BO NADAL E ANINOVO. Pasadeo ben nas festas e coidadiño cos excesos que en xaneiro toca apretar o cinturón e non precisamente para lucir cintura.

Quero aproveitar para mandar saúdiños a tódos aqueles que contribuen a que o blog siga adiante, asi que o dito graciñas e esperovos no vindeiro ártigo.

Preme dúas veces na foto para vela máis grande

sábado, 15 de diciembre de 2007

Tempos de lembranzas e reflexión

Achéganse unhas datas nas que botamos unha ollada cara atrás e empezamos a lembrarnos si fixemos todo aquelo que prometemos, se cumprimos cos nosos compromisos e incluso ata lle vemos a parte positiva de como transcorreu o ano, si a parte positiva.

Agora é cando toca revisar si as contas cadran ou temos que facer algún remendo de última hora así que me puxen a botalas e ata case me dan, non sei si sucedera o mesmo nas do Concello pois ultimamente seica cartos non hai e ata andan pensando en facer unha xira para pedir polas portas dos conselleiros da Xunta, polas da Deputación e incluso se hai que ir a Madrid vaise a Madrid que como ben lin nalgún lado “deséxannos que o vindeiro 2008 veña ben cargado de ilusión e felicidade, para que os proxectos, tanto particulares como os colectivos, vaian adiante e non traian maior benestar e confianza no futuro.”

Vou empezar a contar os días que faltan para ver como no 2008 vamos poder disfrutar dos nosos pisos de INSULA alí pretiño do Carrefour e do Día para que non perdamos tempo en facela compra e así poder facer horas extras para pagar a hipoteca pois de paso que sacudes as alfombras xa fas o pedido pola fiestra e os domingos dende as mesmas fiestras poderemos ver como o Sanxenxo FC xoga no novo campo de fútbol da Cidade Deportiva de Sanxenxo, iso si ¿onde haberá máis cola na taquilla para ver o partido ou na fonte de Fontoira a coller auga? Esperemos que non seque pois si algo temos en común a maioría dos veciños e que moitos imos collela auga alí e moitas veces tes a mesma conversa co que esta o lado enchendo a sua garrafa: Non creo que volvamos coincidir pois como van arranxar as fontes pois xa vou a que teño a 5 minutos da casa pero o peor e cando volves a por auga e che preguntan que fas alí e lle dis: é que inda estan arraxando as 2 primeiras e como hai sequia non topan o manancial para poñer o caño.

Pero o que agardo con emoción é ver como nos ratos de tempo libre vou poder ir os novos museos a ver as exposicións pois un día podo ir a Casa de D. Fernando de Portonovo a ver unha serie monográfica de como nos anos 20 os mariñeiros pescaban as xoubiñas, logo outro día pásome pola Casa do Priorato de Arra para ver si a parra que ten máis de 200 anos vai dar unha boa colleita para logo poder facer unha boa foleada. Logo tamén debo ir o Pazo de Quintáns a ver como os romanos salgaban as sardiñas que logo levaban para Roma. E non debo deixar de ir As Telleiras pois alí podo ver dende as exposicións ata contemplar os parrulos que hai na enseada e dar un longo paseo pola beira da ría que xa a teremos acondicionada co seu paseo de madeira, os seus banquiños, papeleiras e farolas ata chegar a Revolta e o mellor vai ser ver como podes deixar o cativo ir na sua bici polo carril bici, Ah perdón, o carril bici non vai hai senón que vano facer na PO-504 dende Sanxenxo ata Vilalonga pero como tamén teñen previsto por beirarrúas amplas, bancos, arbores e ata van deixar aparcar agás nas 2 rotondas que se van facer así os días nubrados quédanos esta nova ruta para pasear. E inda nos queda a visita o Monte do “Castro” de Dorrón pois seguro que daquela xa está comprado e acondicionado, Vicaño xa estara tamén acondicionado e tamén o borde do litoral que vai dende A Granxa a Areas pois xa que non hai nin eucaliptos, nin pinos, nin toxo, nin fento todo e por as zapatillas de deporte e veña a facer sendeirismo.
O problema chega cando o neno che diga: “Mamaiña lévame a practicar o swing” e xa me vexo cargada coa bolsa e os paus eses que inda pesan o seu e coller rumbo cara o campo de Golf de Monte Faro, hai o que non se fai por un cativo.
Agora que me decato teño que ir facela compra que xa estou desexando ver como será o novo mercado de abastos de Sanxenxo.

Así que despois de moitos anos de espera seguriño que no 2008 vamos ter espazos dabondo onde pasalo ben, pero que non se lle ocorra a ninguén ir facelas festas ai pois seguro que aparece a Poli Local con concelleiro de Seguridade Cidadá a identificar o persoal.

Así sen máis polo de agora déixovos para que poidades botar as vosas contas e fagades o inventario.
Xa vedes esta é a grandeza destas datas así que amiguiños, veciños, meus bos lectores, compañeiros blogueiros, os do traballo, comentaristas "ANONIMOS", comentaristas con "SINATURA", coñecidos, as miñas amigas do correo, os xornalistas, os novos, os que entran por primeira vez, os concelleiros que gobernan, os da oposición e a todos aqueles que entran a ver o que se coce por estes lares, portádevos ben que vos espero ver no vindeiro artigo e BOAS FESTAS.

jueves, 6 de diciembre de 2007

Agaias ou servilismo partidista

Agaias, gustaríame ver a todos aqueles que presumen de telas e critican os que según eles non as teñen porque firman como anónimos en diversos foros ou blogs que existen, cando as cousas cambien en Sanxenxo.

Si, como ben imaxinades vou escribir esto a raíz dun artigo que lin na Revista de Adina, que por certo é a primeira vez que a nomeo, porque parece que molesta a proliferación deste tipo de cadernos na rede falando do que pasa en Sanxenxo e vou puntualizar certas frases que resalto en negrita: “enfocados dende o punto de vista de quen os comenta ou redacta” será porque a maioría dos que escribimos somos persoas normais e correntes e non temos a nosa disposición a infraestrutura mediática do concello e polo menos neste blog hai liberdade de expresión sexan do partido que sexan e perdóenme que non houbese estudado periodismo nin teña un curso en redacción pero estou moi orgullosa de escribir como o sinto; “vistos dende detrás das cores de certos políticos” que queredes que vos diga que me encanta que se xogue a saber si son socialista, nacionalista, galeguista, liberalista,..., o que teño claro a día de hoxe e que son muller, iso si popular non son, sinto pero é o que hai, e non creo nos cabaleiros xusticeiros de causas perdidas que algúns intentan facernos ver apelando o respecto, a educación, os valores,....., e solo nos faltaría que nos puxesen como exemplo as últimas actuacións da representante do concello nalgunhas reunión veciñais, iso si é saber estar, así que “dime de que presumes e direiche de que careces
confúndese política con intereses persoais e sobre todo co traballo de persoas desinteresadas” e moi importante que se saiba esta diferencia pois algún/as non as teñen claras e con respecto as A.A.V.V. Teño que dicir que si moitas se deixasen de partidismo e realmente mirasen polas asociacións a xente teriamos outros conceptos delas porque máis que A.A. Veciñais son Herriko-tabernas do PP e síntoo pero eu si podo dicir que este espazo e altruísta, gratuíto e desinteresado e que a autora del non percibe nada e si lle dedica o tempo que cree convinte sen restarlle minutos o traballo ou a miña familia.
Os que buscan o lucro, e do grande, son os políticos que publican estos blogs .... detrás de pseudónimos” xa non sei si chorar ou rir, eu política, jeje, vouno dicir por última vez: son unha persoa que sabe moi ben como se manexa o concello e o PP como xa dixen unha vez pero non son política inda que nalgún tempo si fun simpatizante - colaboradora de certo partido do cal estou desilusionada e souben abrir os ollos a tempo antes de que me cegasen e me comprasen de forma práctica, e agora volverei a ver como se fan as quinielas a ver quen son ou deixo de ser, que máis da quen sexa eu non obrigo a nadie a ler este blog nin a escribir fago como puro entretemento e seguirei aportando os datos que creo que debo amosar e vou seguir opinando do que crea convinte pese a quen lle pese e guste a quen lle guste pois o que escribo aquí dígoo moitas veces a hora do café e quedariades mudos de oír falar o que din os meus compañeiros sobre a situación na que se atopa o concello. E que as miñas opinións sexan tomadas por partidistas non me ofenden pois a dia de hoxe nadie é imparcial e menos os que levan esta palabra como bandeira da sua labor, e como ben digo sempre a hemeroteca esta hai para recordarnos a nosa parcialidade.

E si esto É UNHA CRITICA ABERTA A REVISTA DE ADINA firmada por min: Iris, nome ultimamente en boga e xa vos digo que non vaiades mirar o censo é perdelo tempo, e é máis a este paso vereime como van as cousas en Sanxenxo case que terei que mudar de concello porque aquí non hai quen poida mercar un piso e dame moita magoa ver como amigos se ven obrigados a mudarse de concello. Seguro que algunha máis abra firmada por ANONIMO e si quero animar a todos aqueles que teñan algo que dicir que o fagan con nome, cun mote, con anónimo ou como queiran pois niso consiste a LIBERDADE DE EXPRESION e este dereito queda moi clariño na Constitución Española que hoxe festexamos.

E claro que moitos de nos aportamos ideas outra cousa e que nos fagan caso que pode ser o mesmo caso co voso, reclamamos a limpeza e conservación do patrimonio, a coherencia na postura do concello, que velen polos veciños e non por eles, pedimos novas ofertas de ocio, servizos básicos en todo o concello,..... claro e logo de alí a uns días topámonos con declaracións como: “Non hai cartos para rehabilitación”(Alcaldesa) “É necesario contratar unha empresa externa para coñecer o patrimonio municipal”(Interventor),...,

So me queda dicir que si tanto molesta a existencia deste blog e de outros é por algo, porque se din cousas que non interesa que se lles estea a recordar, que os veciños insistamos en recordarlles as suas obrigas, ...e seguirei na miña liña e os que fan un drama polo que aquí se conta primeiro que analicen o que estan a facer e busquen as posibles solucións que tampouco llo vamos a dar todo feito pois a obriga deles e de solucionar os problemas veciñais e que os veciños disfruten dos servizos polos cales se lles cobra impostos. Animo a Jose por Cousas de Portonovo, animo a Salvemos Sanxenxo, animo os da Veiga, animo a aqueles que queren empezar o seu blog , animo a todos aqueles que escriben nalgúns destes e vou rematar dicindo ¿SE GOBERNASE OUTRO PARTIDO OS QUE PRESUMEN DE AGAIAS FIRMARIAN CO NOME? Non, non vos enganedes porque algúns dos que tanto falan deixan algún comentario detrás dun alias ou anonimamente ou non se atreven a escribir por medo a que os do PP os descubran e lles boten a bronca. Don Quixote confundia muiños de vento con xigantes pero en Sanxenxo confunden Agaias con Servilismo.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Todo é toxo e por rozar

Hoxe vamos repasar as andainas de Angel Casal Moldes (565.712 pesetas/mes; 47.600 €/ano; dedicación exclusiva) antes concelleiro de Deportes e Xuventude na época de Telmo unha area que lle correspondía cos estudos feitos pero co cambio de cabeza de lista tivo un ascenso e pasou a ocuparse de Urbanismo inda que a maioría das veces non o pareza, ademais é o voceiro do grupo popular así como primer tenente de alcalde, función que xa tivo tempo de probar en máis de unha ocasión.

O urbanismo en Sanxenxo dirixise dende a Xerencia de Urbanismo a través do xerente quen é o que supervisa o desenvolvemente do plan urbanístico e revisa as licenzas e o papel de Angel queda relegado a firmar, como todos ben sabemos esta area é a máis polémica pois sobre o deseño do PXOM do concello recaen as sospeitas de especulación e dun urbanismo feito a medida duns poucos e case tódalas semanas vemos como un novo contencioso cae sobre un SU ou asoman os problemas dunha mala redacción e xestiona por parte dos responsables. Onte domingo saia na Voz de Galicia esta comparativa de Sanxenxo e Zarauz: "O Sanxenxo vasco conserva a sua identidade; Zarauz é o País Vasco o que Sanxenxo a Galicia. Pero con diferencias. No paseo que bordea a praia non hai edificios de mais de tres alturas. O concello crece ordenado cara ó interior e nas dúas faldras que caen cara a praia non hai máis que catro casas antigas moi anteriores a Lei de Costas de 1988 ” e o turismo segue a ser a fonte principal de ingresos para esta localidade sen ter un urbanismo desaforado e centrado nuns poucos metros de costas cun paseo sobreurbanizado. ¿Queremos masificación ou espazos amplos?¿O novo Sanxenxo que estamos a ver e o que realmente queremos?

A verdade é que Angel non ten moitas opcións a equivocarse porque case nunca abre a boca, vexamos hai un pleno sobre o enlace do polígono unha materia competencia de urbanismo e el non abre a boca en ningún momento e as poucas veces que o fai e lendo os apuntes que trae o problema presentase cando no turno de réplica xa non ten anotacións entón xa non di nada ou a alcaldesa toma a palabra, a Angel so o escoitamos nalgunha declaración de prensa ¿para que a de dar máis explicacións? Pero todo ten a súa explicación a mellor maneira de ocultar a ignorancia é mandar a outros por diante así mentres van e veñen a un dálle tempo a estudar a materia e outras veces chega con firmar o que che poñen diante e non facer preguntas. se ten un equipo preparadísimo con unha capacidade de lóxica asombrosa que teñen respostas como que se se derruba unha escaleira xa non se excede o volume de obra edificada e a Angel acabarémolo chamando o concelleiro de precintos pois e onde mellor o podemos ver en acción: vai o polígono a parar unha nave en construción e de alí a uns días séguese obrando na dita obra e dubido moito que sexa por perigo de derrube senón máis ben co feito da entrega dun pisos que estan dentro doutra nave que o dono ten presa por trasladar, vai logo a Noalla a precintar unhas obras, logo vémolo no tema do edificio Boavista de Portonovo, pero xa sabe que o que vale para un roto vale para un descosido e vémolo sustituindo os seus compañeiros nas suas tarefas dende lendo a Valle Inclán como entregando diplomas, ou acudindo a todo tipo de eventos. H. D. Thoreau dicía que “é tan difícil verse a un mesmo como mirar para atrás sen volverse”, pero a veces hai que reflexionar se o que se esta a facer esta ben ou vamos polo camiño equivocado porque sempre valera unha corrección a tempo que unha desfeita a larga.