Na páxina 22 do informe de Greenpeace sobre o litoral galego apararece Sanxenxo, e pon o seguinte:
En Sanxenxo, o ex alcalde, Telmo Martín, viuse favorecido
polo novo PXOM, que recualifou tres fincas rústicas adquiridas
por uns 150.000 euros por unha empresa da súa propiedade,
Construcuatro, entre os anos 2000 e 2004, antes de que se
aprobase o documento urbanístico. Tras a aprobación, vendeu
as fincas por 2,78 millóns de euros a Construziona, de
Ramón e Eladio Cuíña Crespo, irmáns do que fora conselleiro
de Política Territorial da Xunta con Fraga.
As fincas sitúanse na zona húmida de Baltar en Portonovo e
están incluídas no catálogo de zonas húmidas de Galicia. Tras
a venda, o propio Martín asinaba un convenio urbanístico con
Construziona e renunciaba ao aproveitamento ao que tiña
dereito o concello a cambio dun millón de euros.
O BNG denunciou que o PXOM de Sanxenxo recualifou
once zonas verdes. Nunha delas, Punta Festiñanzo,
construiranse 277 chalés nunha extensión de 122.662
metros cadrados a cen metros do mar. Esta urbanización,
aprobada no mes de xaneiro, pouco antes da entrada en
vigor da prohibición de construír na franxa de 500 metros
desde a liña de costa, situarase en solo forestal que foi
cualificado como urbanizable e que sufriu a vaga de incendios
do pasado verán.
O pasado mes de maio, un día antes da aprobación da Lei do
litoral, o Concello de Sanxenxo aprobaba dous plans parciais
para urbanizar as praias de Montalvo e Major. Os plans carecían
dos pertinentes informes dos servizos xurídicos