No orzamento que aprobou o luns o equipo de goberno do PP volveron esquecer a sede de piragüismo de Portonovo. Os meniños que practican este deporte en Portonovo volven a ser os grandes olvidados inda que seguro que no panfleto do PP para a campaña prometeran unha nova sede.
Todos os de Portonovo lembran aquela famosa maqueta de ordenación do porto de Portonovo onde se incluia dita sede do clube, maqueta da que tanto Telmo presumia, logo chegou Catalina e volveu pasear a dita maqueta anunciando que o proxecto de remodelación do porto era vital para Portonovo. Cando no 2008 Portos dicía de por a sede na entrada do porto.
Andiveron movendo a sede de aquí para alí, e así foron pasando os meses ata que decidiron poñela nunha esquina de Baltar, enriba da praia, espazo que non se contemplaba no PXOM para tal fin.
Modifican o PXOM para poder facela ahi, e asi se anunciaba en febreiro do 2009 e xa nese día nos preguntabamos si Costas non tiña nada que dicir.
Agora Costas falou e a alcaldesa veulle de perlas, si antes a culpa era do bipartito agora é de Costas que quere incluir a sede dentro do deslinde maritimo-terrestre, vamos con tal de non asumir a súa incapacidade para xestionar esta infraestructura ao final acabara botandolle as culpas aos miniños que practican piragüismo podendo practicar vela na escola municipal.
Pero a sede de piragüismo sufre unha chea de atrancos pero a sede do clube naútico fixose sin problema e sin ser necesaria a licenza municipal por estar dentro de portos.
En abril de 2009 aprobase o plan de usos do porto, tal é como se pode ver no mapa que se amosa pinchando neste enlace: MAPA. Doga completo AQUI
Eso si, non se olvidan de facer unha visita a "futura" instalacións coa conseguinte campaña publicitaria no verán do ano pasado, pero esqueceron por datas ou contar toda a verdade, pero a esto xa estamos acostumados hai tempo.
Tempo tiveron dabondo, xa non valen as escusas de mal pagador, nunca mellor dito xa que recoñeceron que non poden pagar nin as subvencións que prometeron as asociacións e clubes do concello.
En Vilalonga os nenos no entroido fixeron unha parodia da inauguración do novo colexio no Revel e de ali a uns días xa estaban todos sentados en Santiago para así evitar máis protestas. Vanse facer manifestacións dende o clube de piragüismo? pois non estaria nada mal que lle sacasen os colores a alcaldesa que tanto presume de ser de Portonovo e que teña así os cativos, inda que si o valoramos tanto por parte da alcaldesa como dende Terra de Sanxenxo na que se atopa a concellería de deportes os nenos pouco lles importan, xa o demostraron sacando o servizo de transporte para as actividades extraescolares.
A realidade esta clara: co PP e con Catalina os de piragüismo teran que seguir esperando.