Persoal funcionario
* 10 para a policía local de promoción interna + 1 de promoción libre
* 7 para a entidade local de promoción interna
Persoal laboral
* 3 prazas para a entidade local de promoción interna
Total prazas: 21 prazas
Tal é como se pode ver no seguinte enlace: Doga a partir da páxina 140.
O número de prazas convocacas non chegan nin a cuarta parte das que solicitaban os sindicatos, que na última reunion a principios de outubro falanban da necesidade de 125 prazas. Nesa reunión 3 dos 4 sindicatos presentes levantaronse e marcharon da reunión e na prensa leiamos as seguintes declaracións de Salvador: "Para Durán, la postura adoptada por tres de los sindicatos que participan en las negociaciones, «es una incongruencia, otra burrada más» por parte los representantes de los trabajadores del Ayuntamiento de Sanxenxo. «Tratan de torpedear un proceso que se está levando adiante de xeito impecable», dijo." ( A Voz)
Pois no Doga de marzo deste mesmo ano podiamos ler o seguinte a partir da páxina 101:
Prazas para a entidade local:
* 18 para funcionarios de carreira.
* 34 para persoal laboral
Prazas para a Xerencia de Urbanismo:
* 1 para funcionarios de carreira
* 7 para persoal laboral
En total: 60 prazas.
Seguro que maña sae Salvador falando do número importante de prazas convocadas e froito dunha intensa laboura levada man a man cos sindicatos e na procura de que os servizos do concello funcionen con maior axilidade e dar un mellor servizo aos veciños e veciñas de Sanxenxo. Esta convocatoria de prazas faise polo compromiso que ten este goberno cos traballadores do concello.
Xa lle pillei o truco de redacción de notas de prensa da de prensa do concello, que sinxelo é pillalos. E falta coñecer a valoración dos sindicatos ao respeto: estarán conformes? protestarán? permaneceran calados?
Os datos están ahí, a lectura deles é sinxela de facer.