A data de hoxe, no informe da liquidación do orzamento do ano 2.009, e referíndose á data actual dise textualmente: “é de crucial importancia, e obriga inescusable desta Intervención, lembrar que os dereitos froito de un convenio de monetarización no ámbito do PERI 5 non foi ingresado a data, polo que existe un prexuízo a Facenda pública e ao Patrimonio público do solo que debe ser solucionado de inmediato. Trátase de un tema esencialmente GRAVE se non se soluciona debidamente.”
Asi nos luce o pelo despois , e logo presumen da mágnifica xestión urbanística que estan a facer, si antes tiñamos o exemplo da compra de Punta Vicaño, o estado do polígono industrial, o recurso de Monte Faro agora sumamos outro capítulo máis o PERI 5
O BNG a través de David Otero, manifestou que “Catalina González neste asunto traspasou a liña da irresponsabilidade, causando esta actitude un grave prexuízo aos veciños e veciñas de Sanxenxo. Esta claro que si no ano 2.007, cando se tiñan que ter cobrados estes cartos (539.631,31 €) e non se cobraron, na actualidade e vendo que non está desenvolvido este PERI 5, todo indica que non hai garantías de cobro” (WEB BNG)
E o interventor di que é esencialmente GRAVE esta situación, vamos que outra medallita para la alcaldesa a costa dos veciños de Sanxenxo, moito presumir dos convenios que fan e logo non os cobran, si señora,
e agora cando os vai cobrar?
Cati, Cati, que con eses 539.631 euros xa tiñas para unhas cantas inversións, e deixalos así perderse no olvido, como se nota que non son teus, e logo aumentas o patrimonio do concello, xa me diras como porque vendo estes casos máis ben o disminues.