martes, 31 de marzo de 2009

Ultima hora.

Hoxe a mediodía produciuse a dimisión do Portavoz do BNG, Roberto Fernández Lores, tanto da portavocía como de concelleiro, quedando como portavoz o concelleiro David Otero e como novo concelleiro Albino Caneda.

viernes, 27 de marzo de 2009

Seguimos a baixa.

Este ano o orzamento de Sanxenxo volvese a reducir por tercer ano consecutivo, este ano roldará os 50 millóns de euros.

E para ver o retroceso que sufre o orzamento municipal nestes últimos 2 anos podese ver na seguinte táboa:

Ano ------------- Orzamento------------Liquidado.
2002-----------56.687.461€ ----------- 23.582.531€
2003-----------29.921.500€ -----------20.154.912€
2004----------- 39.165.249€ -----------21.174.049€
2005-----------38.611.908€------------20.834.295€
2006-----------58.207.474€------------36.961.374€
2007----------114.662.348€------------33.327.012€
2008---------- 65.038.380€---------- Inda non presentaron contas.


Este dato foi presentado hoxe a prensa pola concelleira de Facenda, eso si aclarando que inda esta pendente do documento final. Como se pode comprobar o retroceso orzamentario é moi notable e as diferenzas entre o orzamentado e o liquidado é a clara evidencia de que por facer uns megaorzamentos é nada máis que para vender fume pois na realidade si executan un 60% xa nos podemos dar con un canto nos dentes.

Inda me acordo cando presentaron os 114 millóns de euros e o final so foron capaces de executar pouco máis de 33 millóns de euros, vamos que botando as contas son uns hachas.

Pero veciños de Sanxenxo non vos preocupedes que os soldos non sufriran ningunha merma co cal os concelleiros gobernantes poderan seguir traballando de maneira inagotable.

¿Irresponsabilidade ? ¿De quen?

Hoxe na prensa podemos volver a ler unha irrisoria frase do tenente alcalde que di sobre un concelleiro da corporación que calífica os seus feitos como unha “grave irresponsabilidade por parte dun concelleiro desta Corporación”. Xa non é a primeira vez que o di pois cada vez que algún concelleiro da oposición denuncia algo xa o estan tachando de irresponsabilidade pero tenente alcalde ¿realmente coñecedes o que significa esa palabra?

* Irresponsabilidade é ser concelleiro de Urbanismo é non saber nin a metade do que se coce alí.

* Irresponsabilidade é conceder licenzas que non se poden dar.

* Irresponsabilidade é dicirlle os veciños que se lle van facer unhas obras e eses veciños seguen esperando por elas ano tras ano.

* Irresponsabilidade é ir escornando contra todo aquel que non esta dacordo convosco.

* Irresponsabilidade é ir recordándolle a xente que ou traballou no concello ou ten pendente unha licenza para que sirvan o PP, inda que estas prácticas son máis caciquís que outra cousa.

* Irresponsabilidade é cobrar un megasoldo por non facer nada.

* Irresponsabilidade é ser unha marioneta o servizo duns poucos.

* Irresponsabilidade é ter unha chea de técnicos e cometer os erros que se cometen sen depurar responsabilidades.

* Irresponsabilidade é gobernar Sanxenxo sen ter idea do que iso implica.


Alguén dixo que a veces a mellor defensa é un bo ataque pero si para defender unha actuación do grupo do goberno teñen que quedar co cu o aire por falta de argumentos iso é rirse dos veciños de Sanxenxo. Asi que me parece que en Sanxenxo hai moitos irresponsables.

Agora que tamén o teatrillo que as veces sae na prensa de ataque entre o PP e o VIPS tamén me parece irrisorio porque moito enfrontarse a través de notas de prensa para logo nos plenos ir agarrados da man e levantala o unísono, 9 concelleiros levantan a man dos cales 8 a levantan sen rechistar por si las moscas e o decimo concelleiro a levanta do argumento de “non estou dacordo pero apoio o grupo municipal que goberna

Por iso tenente alcalde voulle recordar o que dixo David Viscot, recoñecido psiquiatra estadounidense, no seu día: “Aceptar a nosa vulnerabilidade en lugar de tratar de ocultala é a mellor maneira de adaptarse a realidade



miércoles, 25 de marzo de 2009

¿turismo en Sanxenxo? non, paseantes si.

Na web do concello podo ler as seguintes as seguintes verbas que a alcaldesa lles dixo a un grupo de estudantes de turismo: ““Temos moi claro cales deben ser as directrices que marquen o futuro do turismo de Sanxenxo e que darán continuidade ao traballo que vimos desenvolvendo dende o ano 99, cunha forte aposta deste Goberno por materializar unha oferta que dea resposta ás inquietudes dos visitantes”, señaló la alcaldesa, Catalina González.

El puerto deportivo de Sanxenxo, la cercanía del municipio al Campo de Golf de Meis y la futura construcción de uno propio con capacidad para 18 hoyos que estará ubicado en Montefaro, además de la adquisición de tres destacados edificios históricos de gran riqueza patrimonial, todo ello unido a los hoteles de alta gama y a la constante incorporación de nuevos servicios, son a juicio de la regidora, algunos de los importantes reclamos de los que dispone este destino y que deben seguir potenciándose y ampliándose.”

Que dende o ano 99 se fixeron políticas turísticas en Sanxenxo ninguén o pode negar pero nestes 2 últimos anos ¿que se fixo? ¿que política se esta a seguir? Porque a parte de crear Turismo de Sanxenxo SL non se fixo nada novo, a non ser asistir a última feira de turismo en Castela- León na que para promocionar Sanxenxo se ian facer dúas ceas-espectáculo para amosar a variedade cultural de Sanxenxo, xa me gustaría saber a min que espectáculo deron porque a riqueza cultural de Sanxenxo ocupáronse de que non exista.

Logo fai mención a creación dun campo de golf de 18 buracos, como nos buracos non planten outra vez pinos o do campo de golf nestes momentos é simplemente unha ilusión dos novos ricos.

Pero o que máis gracia me fixo e que me fai escribir isto e ler que “a adquisición de tres destacados edificios históricos de gran riqueza patrimonial” comprar compráronse pero ¿para que? Para ver como ano a ano os edificios corren o risco de derrube, para ver como ano a ano queda esquecido a súa rehabilitación, pero a este paso dentro de pouco poderemos vender turísticamente que Sanxenxo conta con ruinas de edificios de gran riqueza patrimonial.

Pero para cachondeo xa son as seguintes declaracións: “A lo largo de los diez últimos años, el Concello de Sanxenxo está incidiendo de forma especial en el cuidado de la costa “mimando ás nosas praias o que nos permitiu pasar de ter unha bandeira azul en 1999 ás 13 actuais” ¿que estan incidindo de forma especial no coidado da costa? Claros exemplos os temos na Granxa, os veremos en Punta Festiñanzo, no especial coidado que se fai na parte da costa que da a ría de Arousa, bueno temos Silgar, o Porto Deportivo e Punta Vicaño.

Sigamos mirando cara o outro lado mentres o turismo en Sanxenxo esta descendendo porque turismo non é unha cantidade de xente que chega a Sanxenxo e se adica a pasear toda a tarde por Silgar e en Sanxenxo fallan as iniciativas turísticas e culturais e sobre todo unha política innovadora e atractiva cara o visitante porque non solo se vive durante dous meses o ano senón que o turismo hai que potencialo durante todo o ano.


lunes, 23 de marzo de 2009

Fondo Estatal II

O venres no Aturuxo opinaba sobre a utilidade que se lle vai dar os cartos do Fondo Estatal de Investimento Local e de si realmente se vai crear emprego como era unha das suas finalidades. Pero hoxe quero facer unha reflexión máis cércana deste investimento xa que o PP se enche a boca falando da crise e de que non hai cartos para obras.

Este Fondo esta dotado de 3.022.429 euros que van a ser invertidos en 32 obras que según eles son demandadas polos veciños:

* . Pavimentación de viais Municipais en: A Granxa, en A Costa e Magaláns en Dorrón; en Piñeiros, en Gondar, en Dadín – Vilalonga, en Contumil – Nantes, en Sear - Bordóns.

* . Acondicionamento do acceso ao núcleo de Nantes

* . Colector de pluviais e pavimentación do vial Municipal en Lagarei- Vilalonga.

*. Abastecemento de auga e pavimentación dos viais Municipais: en Dadín – Nantes, en Aldariz, en Seixal – Padriñan, Calle Coruña en Sanxenxo

*. Servizos urbanos e pavimentación en Baltar.

*. Colector para a recollida de pluviais: na Salgueira, na Carabuxeira, no Vilar.

*. Instalación do alumeado público en Nantes.

*. Execución de pasos de peóns elevados para a mellora da seguridade vial.

*. Construción, subministro e colocación de marquesiñas para bus en varias parroquias.

*. Ensanche e pavimentación do vial Municipal en Barreiro.

*. Execución de 32 nichos funerarios no cemiterio de Dorrón.

*. Instalación da rede de saneamento e pavimentación do vial Municipal en Miraflores

*. Soterrado da liña de baixa tensión e instalación de alumeado público na Carabuxeira

*. Melloras no edificio socio – cultural e usos múltiples de Vilalonga

*.Reposición do firme e servizos afectados na rúa Rosalía de Castro – Esquina Calle Vigo en Sanxenxo.

*. Reforma do mercado municipal de abastos de Vilalonga.

*. Ensanche do vial Municipal en Lagarei

*. Rehabilitación da casa de cultura de Bordóns.

*. Acondicionamento da carreteira das Canterias a Igrexa de Noalla.


32 obras por 3 millóns e pouco de euros e diredes que estes euros estanche moi repartidos e que se van empregar en un montón de obras e vanse facer porque para cobrar eses euros hai que ter as obras feitas e xustificadas e logo as vendemos como unha boa xestión.


Pero a este goberno hailles que recordar que no 2008 había unha contía de 26.606.866 euros para facer 63 investimentos dos cales a día de hoxe estan sen cumprir un 80% e a isto hailles que engadir un investimento de 10. 569.901 euros para Insula Sanxenxo SL para a compra de terreos na Vichona e as obras do “Bimbieiro” e da “Vichona” e 9.826.996 euros de Nauta Sanxenxo SL.

Que máis da si se fan os investimentos total os veciños non protestan con dicirlles que non hai cartos porque hai crise xa esta e logo facemos 32 obras cos fondos de ZP e todos contentos e así ocultan que nin a metade dos 63 proxectos foron capaces de facer ou desenvolver pero cartos para soldos que non falten.¿Onde están os euros deses 63 proxectos? Si o final benvidos os euros de ZP porque eses euros lograran tapar a ineficacia deste goberno a golpe de megacartel anunciador da obra e coa colaboración del “Gobierno de España”



martes, 10 de marzo de 2009

A citroen regalado non se lle mira o dente. Fondo Estatal. 1ª parte


Despois de ler esto no Diario de Arousa con relación a adxudicación das obras de pavimentado de algún camiño de Dorrón incluído nos Fondos Estatais: “Los criterios de adjudicación se basarán en el número de personal a contratar en situación legal de desempleo para la ejecución de los trabajos, conforme al espíritu del plan de lucha contra los efectos de la crisis en el mercado laboral, la reducción del precio y por último la oferta de mejoras complementarias a las proyectadas” ¿contratación de persoal? Acaso as empresas van a contratar persoal para obras de apenas un mes. ¿Redución do prezo? Acaso van a sobrar a sobrar cartos e si e así ¿a que se destinaran? Pois cando se lle enviou a solicitude o Ministerio ía todo co prezo taxado, aquí xa esta a primeira diferenza:

* Soterrado do cableado e alumado público na Carabuxeira: “INSTALACIONES ELÉCTRICAS DE SANXENXO, S.L.U., oferta realizar a devandita obra polo prezo de 48.249,98 Euros sen IVE, contratar a 3 persoas en situación legal de desemprego para a execución das mesmas e presenta melloras. PUNTUACIÓN TOTAL: 90,00 PUNTOS.
O concello remitiu o Ministerio un orzamento de
58.302,06€ . 48.249,98 + o 16%= 55.969,97 € a diferenza resulta de : 2.332 ¿onde se van a empregar estes cartos?

Esta é a única proposta que se pode ver no perfil do contratante da web do concello, as demais adxudicacións non aparecen e polo tanto o veciño de a pe non pode ver as resolucións nin mirar as propostas de contratación de persoas que puxeron as empresas e sobretodo como van a controlar que eses contratos se fagan.

*A Administración local dedicará 118.434,96 euros a pavimentación de pistas en A Costa e Magaláns, e outros 104.834,34 euros a dotación de firme en vías situadas en A Granxa de Abaixo. Pero na web do concello a día de hoxe inda non aparece nada no perfil do contratante.

Das empresas adxudicatarias cabe sinalar ata o de agora que unha delas e unha construtora dun que foi na lista do PP, outra moi afín o PP local e como non Inelsa, estas 3 empresas son as únicas de Sanxenxo xa que o resto son Sercoysa, Gonfal e CCS non son do concello, as dúas últimas teñen o domicilio en Cambados e no caso destas 3 o creación de emprego e inexistente, pois Sercoysa xa o deixou moi claro no presentación o concurso do alumeado da Carabuxeira polo que o fomento do emprego local esta máis que baixo sospeita así como que non esta esta favorecendo as empresas de Sanxenxo e si as foranéas ou moi ben relacionadas co partido, xa sei que algún dirá que o mercado é libre pero ¿non sería moito mellor axudar as empresas do concello en igualdade de condicións? Inda que fosen afíns o PP local o menos o beneficio quedaría no concello xa que o beneficio sería dobre porque a parte de conseguir que esas empresas non pechasen ou despedisen xente tamén estan contribuíndo coas arcas municipais xa que tributan no concello e non noutros concellos.

O que hai que ter en conta é que todas estas obras son pagadas polo Fondo Estatal de Investimentos e non polo concello como algún edil estalle facendo crer os veciños, son obras demandadas hai moito tempo polos veciños que tal como estan as arcas non había con que facelas e chegoulles algo de aire para poder realizalas pero recordarlle a Tino que a parte de vendelas como iniciativa do concello que explique ben de onde saen os cartos.

O menos todas as parroquias se veran beneficiadas por este plan e por unha vez non ira todo para Sanxenxo e Portonovo inda que se poderían facer outras obras o mellor máis necesarias o menos sitios como Bordóns ou Nantes tocoulles unha parte do pastel.


martes, 3 de marzo de 2009

Os 100 días

A todo goberno hailles que dar os 100 días de confianza e inda que algún cargo non vai ser novo na nova andaina terán que irse afacendo o novo posto.

A subida do PP no Salnés foi importante e por tanto suponse que sera recompensada con un conselleiro ou un alto cargo e por iso ábrense as apostas xa que Alfonso Rueda case seguro que sera conselleiro de Presidencia ou vicepresidente e representaría a comarca de Pontevedra ¿quen vai ir polo Salnés? Ou mesmo alguén vinculado con Sanxenxo ¿Telmo Martín?¿María Paz Lago? Ata incluso se baralla a posibilidade de que o alcalde de Meaño ascenda. Por iso a quiniela esta aberta sobre a posible representación do Salnés.

A partir de agora xa Sanxenxo non ten a escusa de que na Xunta non lle fan caso pero inda así espero que se vele polo benestar dos veciños antes que polas grandes obras faraónicas en detrimento da paisaxe ou da esencia de cada parroquia. Pero concederlle 100 días o goberno da Xunta de Galicia non significa concederllos a Sanxenxo pois por moitas inversións que veñan da xunta si son mal xestionadas de nada valen e moito menos si se priorizan obras que non corren presa.

A viñeta da semana

lunes, 2 de marzo de 2009

Resultados electorales

Eiquí os resultados das campaña electoral en Sanxenxo:

Censo: 14091
Votos: 9948
Nulos: 72
En branco: 139

Partido

Votos

P.P.

5211

PSdeG-PSOE

2767

B.N.G.

1511

UPyD

85

EU-IU

48

OV

35

+ G

17

TEGA

14

PH

12

PUM+J

12

F.P.G.

11

NÓS-UP

6

FE de las JONS

6

SDD

2