miércoles, 21 de enero de 2009

Inauguración

Hoxe inaugurase o enlace da autovía con polígono de Nantes, pero de maneira parcial pois falta o enlace da marxe do Pedroño.

Enlace que esta financiado con dúas partidas de 1,5 millóns de euros provintes do concello e da Consellería de Política Territorial e 500.000 euros da Xunta de Compensación.

Recordo cando se xerou todo este conflito que se encheron de vendernos que a Xunta de Compensación non tiña que facerse cargo deste enlace pois xa facía a rotonda da nova carretera que vai unir o polígono con a Altamira e no final desta autoestrada a rotonda corre a cargo do SU27, entón a alcaldesa dicía que esa carretera se ía construír no 2008, pois ben estamos no 2009 e inda non se moveu nin un so metro de terra nin moito menos ni un so papel para comunicar a afectación de terreos para a construción deste novo vial, vial que tanto servizo ía dar os veciños de Vilalonga. Coma sempre os de Vilalonga seguen esperando e seguiran esperando.

Vial que esta contemplado nos investimentos do 2008 cunha partida dun 1.500.000 euros, dicía a alcaldesa que ía firmar un convenio coa deputación para facer ese vial pero como sempre pasa todo queda en FUME, para non variar seguen vendendo FUME.

jueves, 15 de enero de 2009

¿Revolución?

Un grupo de vecinos apuesta por crear una plataforma para reivindicar mejoras(Diario de Arousa) parece que os veciños se van a unir para protestar e reclamar melloras para os lugares onde viven e piden “que se debe reducir en un determinado tanto por ciento cuestiones como “el rodaje de los vehiculos, los altos sueldos de algunos altos cargos, el recibo de la basura, el del agua al mínimo cuando no hay consumo, una bajada en el catastro ademas de un control del gasto en telefonía e alumbrado en las dependencias locales”.

Faime gracia ler esto uns días despois de que a alcaldesa saíra coa estadística de visitas de veciños co cal me pregunto ou ¿a alcaldesa non lles fixo caso nas súas reclamacións? Ou ¿as visitas non foron tantas? ¿que pasou coas reclamacións e as protestas? A alguén se lle esta vendo o plumeiro, esta ben que o pobo se una sempre e cando mire polo interese xeral e non partidario, porque para exemplo temos a plataforma CODESEVI que moito protestar no seu día polo local socio-cultural do Rebel pero xa nunca máis se volveu saber deles.

Dáme que esta plataforma esta detrás para xustificar o gasto dos cartos do Fondo Estatal e así poder dicir que son obras demandadas polos veciños, xustificar o chapapote en vez de fomentar o emprego e negociar coa deputación os asfaltados que lle corresponde porque moitas das obras que propoñen levan máis de 8 anos sendo prometidas polo PP e agora teñen que saír os veciños a recórdallo que estan sen facer, aquí chéirame a gato encerrado. Veremos as súas reclamacións e si tan descontentos están hoxe encheran o salon de plenos durante o pleno extraordinario que hai hoxe as 8:30 para debater o destino dos cartos do Fondo Estatal.

Pero o que hoxe si me chamou a atención foi “El TSXG anula la aprobación para el desarrollo del plan parcial del suelo del súper de Eroski” o Su 5 que esta encima da gasolineira do Vinquiño e no que se ía construír un Eroski e 300 vivendas. Inda que hai 10 días de prazo para o recurso de casación Eroski non vai quedar cos brazos cruzados.

Cada día demostrase que neste concello a área de Urbanismo é penosa, funciona fatal e sobre todo queda claro a falta de coñecemento das normas por parte dos seus responsables.
E para máis inri Fadesa pon a venta o solar que ten en Sanxenxo e no que se ían construír as famosas Casas de Maralta con vistas o porto deportivo. Pero xa que o formigón parece que escasea dediquémonos o chapapote.

viernes, 9 de enero de 2009

Estadísticas

Ultimamente parece que estan moi de moda dende o concello ofrecernos datos e estadísticas e claro a pregunta é ¿cales son os motivos de dalos sen confirmar?

O mércores lemos na prensa que Sanxenxo no 2008 gaña cerca de 350 habitantes, dato que non esta confirmado polo Ministerio de Interior, pero teño a impresión de que é unha forma clara para dicirlle os que len a prensa que os nativos de Sanxenxo non se van a vivir a concellos veciños pero claro veremos a realidade dentro dun mes cando vexamos o dato correcto pero tamén me gustaría que ofrecesen o dato de persoas entre 25 e 35 anos que deixaron de estar censados, e sino tempo o tempo que veremos que este dato vai ser moi utilizado pero tamén lles hai que recordar unhas declaracións feitas no 2005el crecimiento urbano que se planea desde el Ayuntamiento pretende acarrear un aumento de la población local. De hecho, el alcalde, Telmo Martín, se ha referido en reiteradas ocasiones a la necesidad de fijar población en Sanxenxo más allá de las temporadas vacacionales.
Un pilar fundamental dentro de su estrategia es la construcción de la ronda de Sanxenxo, a lo largo de la cual se pretende vertebrar un crecimiento urbano de unas cuatro mil nuevas viviendas, según las estimaciones del Concello. Una pequeña ciudad, según las propias palabras del regidor, con la que el municipio aspira a lograr a medio plazo un censo en torno a los veinte mil habitantes.Si cada piso que se construye en Sanxenxo atrajese hacia el municipio a al menos dos inquilinos, el censo municipal debería crecer a un ritmo anual de mil nuevos empadronados ” Vamos que de 1.000 que contaban quedanselle en 350 e inda non é un dato confirmado,

Logo lemos que as famosas “Xornadas de portas abertas” no 2008 provocaron 2.053 consultas e din que o record é de 77 veciños nunha sola xornada sería un dos días en que os colectivos con case tódolos seus membros se teñen que plantar no concello para que se lles escoite e inda din que 2 de cada 3 consultas son de urbanismo entón ¿para que esta a xerencia?¿para que tanto avogado?¿para que tanto persoal? Se logo hai que ir a xunta a alcaldesa.

Pero as estadísticas que si boto en falta son as da campaña de Nadal ¿cantos visitantes se acercaron nestas datas?¿cal foi a acollida do “innovador” programa cultural de Nadal?¿Cantos asistentes houbo na cabalgata? Porque alí estaba Salvador para contalos pero a alcaldesa e a concellala ¿recibiron as suas maxestades ou simplemente estaban ausentes? Preguntas que non interesan ser respostas non se vaia descubrir a nefasta campaña.