miércoles, 30 de junio de 2010

As herban acabaran por invadirnos


Esta claro que expoñer as vergonzas do concello a luz pública da resultado. E nesa laboura atópase Mario que cada vez que entra no blog xa sabe a onde mandar os de servizos o día seguinte.

Hai uns días falabamos dun parque no Sear e do seu estado e hoxe un veciño da zona mandame a foto do parque que xa foi limpo. Colgo a foto do antes e do despois:










Non parece o mesmo parque, vaia cambio, si so facia falta pasarlle a desbrozadora de vez en cando.

Onte colgabamos unha imaxe do lixo acumulado en Padriñán e hoxe vemos o resultados da queixa.











A cousa xa mellorou, pero inda lle faltan un par de horiñas máis de adicación para deixar o entorno limpo, agora que o detalle da tele é moi significativo.

E postos a denunciar hoxe mandame outras duas retando de novo a Mario e o grupo de goberno a ver si conseguer limpar o seguinte entorno, e como di o veciño que me remite as fotos sempre e cando dea co lugar:







Bueno unha pista: este é o lavadoiro do Sear, moi bonito, rehabilitado pero sen poder acceder a el coa cantidade de herba que hai.

E Mario non te preocupes que hai máis, agora vamos ver si en turismo tamén se poñen as pilas.

Seguimos tarde e aumentan as queixas.

En primer lugar quero agradecer as persoas que me estan enviando as fotos e así vamos coñecendo o estado de Sanxenxo.

Pois ben hoxe vamos comenzar anunciando que en Areas xa dispoñen de bancos para sentarse e poder disfrutar do entorno.










Pero este mobiliario urbano ten a súa vantaxe xa que non precisa moito mantemento, non como os bancos do paseo de Silgar e da praza de Pascual Veiga que para non variar, as mentes pensantes deste concello, ocorreselles pintalos a partir de onte, claro e logo despotrican aos catros ventos que a tempada de verán hai que alongala o máximo posible, pois adecentar o paseo a estas alturas non é alongar senón máis ben acortar. Que isto xa tiña que estar feito hai semanas.












Agora que para promoción turística a que fai Sanxenxo das festas patronais das parroquias, é amplisima é adicalle un bo cacho na páxina web do concello tan so había que entrar estes días para poder ver o cartel das festas de Vilalonga, porque brilaba pola súa ausencia. Sen embargo o día 11 deste més xa podiamos ver como na web do concello si anunciaban as de San Antonio de Sanxenxo, ou se anuncian todas ou ningunha, non podemos discriminar.
Pero San Pedro non quedou sen publicidade xa que a que lle negou o concello, porque debe considerar que os visitantes da web non son festeiros, deulla onte a TVG no programa Na Punta do Pé.


Aqui vos deixo o enlace para ver o programa: NA PUNTA DO PE premendo no vídeo do 29/06/2010. Podese ver a xornada do día de San Pedro e a verbena da véspera.

Este verán pinta movido e de onde non hai non se pode sacar, por iso non se pode esperar miragres.

martes, 29 de junio de 2010

Máis lixo.

Din que non hai duas sen tres, pois para mostra as seguintes fotos que foron sacadas esta mesma tarde moi preto do punto limpo e que me fixeron chegar por mail.





A ver si cun chisco de sorte poñen un dos contedores dos que estaban na famosa ringleira ou a menos que teñan a ben pasar de vez en cando a limpar, porque tanto lixo non se acumula nun par de días.

E como dato curioso as bolsas que estan cheas de botellas moi ben colocadas. No noso rural viven persoas maiores que non dispoñen de medios para levar o lixo, como o caso do vidrio, a uns cantos centos de metros.

Polo tanto seguiremos dandolle suspenso os concelleiros de Mediambiente e o de Servizos pero teremos que darlle un 10 a de turismo por promocionar tan ben a Ruta do Viño, con so ver a sinalización e o entorno da gañas de descubrila.











Cousas de verán.


En moitos sitios do rural do concello sufrese a falta de contedores de basura onde depositar o lixo producindose así que se acumulen as bolsas fora pero isto non so sucede no rural xa que as veces esta falta chega incluso as zonas de praia. Que isto non é ningunha novidade xa todos os sabemos, pero é que o deste concello é de misterio, onte podiamos ver unha fila dunha docena de contedores nun sitio no que non hai moita influencia de xente e hoxe o pasar por alí xa habían desaparecido.
Pero aquí o lixo non fai máis que xerar noticias, dende posibles favores ata resolverlle a papeleta do depósito dos restos orgánicos a algúns establecementos en decrimento do resto da poboación.

Vivimos nun concello turístico e por iso os pequenos detalles hai que coidalos pero tamén hai que dispoñer dunha infraestructura eficaz e sobretodo ter ofrecer unha imaxe seria.
Aquí estamos acostumados a que se abra un negocio en calquer lado a pesares de non ter o entorno urbanizado, claro que así logo atopamonos cos postes da luz e de teléfono polo medio das rúas.

Esto lembrame que hai cousa dun ano máis ou menos o camión da recollida da basura tivo un accidente na parroquia de Aios por culpa do cableado de teléfonica, pois o pasar o camión enganchouse nos cables e caiulle un poste de formigón sobre a cabina e por sorte o conductor hoxe pode contalo xa que os danos no camión foron considerables, pero claro moitos vos preguntaredes a que se debeu este accidente ou porque conto isto, pois porque este accidente se produxo porque a alguén se lle ocurreu sacar o poste de teléfono polas "bravas" pero esqueceu que os cables quedaban pendurados a moi pouca altura.

E casos como iste suceden a miúdo no noso concello, casos nos que os veciños vemos como sigue imperando a política de " fasllo porque é amigo meu" ou mesmo o favor polo favor.
E claro todo isto xera un malestar no ambiente e a medida que vas falando coa xente vanche relatando un sinfín de pequenas falcatruadas.

Falcatruadas que o único que conseguen que mentras uns gozan de servizo outros teñamos que ver como o lixo se amorea porque onde fai falla dous contedores so hai un e logo presumimos da nova recollida lateral, inda que este verán en moitos sitios a recollida farase como tódolos anos MANUAL.

lunes, 28 de junio de 2010

Sempre a última hora




































Hai días que non veñen anunciando que as praias están listas para o seu uso.

Pois ben estas fotos estan sacadas na praia de Areas as 5:30 da tarde e chea de xente.

Polo tanto que me expliquen que facia este barco a esa hora, quizais rematar o que tiñan que ter feito hai tempo?

Ou ben non esperar a hora punta e facelo a primeira hora da maña.
Moitos usuarios non daban creto o que estaba ocorrendo, xa que decían que non era a hora máis adecuada.

viernes, 25 de junio de 2010

Carreteras? Non, peor que as corredoiras dos anos 30

Novas queixas dos veciños na TVG:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A grúa en Sanxenxo


En Sanxenxo sabese que chega o verán non polo sol ou pola calor senón cando se tarda en cruzar a rúa Progreso de punta a punta case media hora, cando comenzas a sufrir os atacos e sobretodo cando vias pasar a grúa a cada instante.

Pero este verán a imaxe da grúa non sei si se dará, hai un días contaba nun artigo como debido a un erro da nova Lei de Seguridade Vial a policia local non podía avisar a grúa para retirar os coches mal estacionados ata que os concellos se adaptasen a nova normativa pero si a policia local pode sancionar a infracción.

Pero hai días que moitos veciños están requirindo os servizos da grúa senón que llo pregunten os que viven na rúa Carlos Casas presentando incluso escritos dirixidos ao sarxento da policia local para que mande a grúa a retirar os coches que nesa rúa dificultan os accesos as vivendas.

Pero cal é a situación de Sanxenxo?

1º.- Sanxenxo inda non emitiu o decreto que permita que os policias locais podian solicitar os servizos da grúa como se esta a facer noutros concellos de España corrixindo así o artigo 85 da nova lei no que otorga a facultade de avisar a grúa a autoridade encargada a xestión do tráfico, é dicir, os alcaldes, pero non aos axentes encargados da vixiancia do tráfico.

2º.- O servizo de grúa segue sin adxudicarse: o 10 de novembro do 2009 resolvese que as empresas que se presentaron para optar a este servizo de grúa non cumprian o disposto da claúsula 4º do prego de condicións e polo tanto declarase deserta a adxudicación. A adxudicación iase facer por un prazo de 4 anos tal e como se pode ler no anuncio da adxudicación con data do 9 de xullo de 2009.

Polo tanto tal é como nos teñen acostumados en Sanxenxo a que a adxudicación de certos servizos se fagan cando xa estan vencidos os contratos anteriores, so hai que recordar o caso da contratación para a limpeza dos edficios públicos, o caso da recollida de basuras que inda segue sin adxudicarse, ...., e este non ia ser menos. Ou pensan chamar a algunha grúa para que preste os servizos sin pasar antes por un proceso de adxudicación? Pero primeiro teranse que adaptar a normativa.