lunes, 30 de noviembre de 2009

O orzamento do 2010.

Nestes momentos debería estar co pleno, xa que como dixen hai uns días cambiouse a data de celebracións do pleno (cambio que se debería anunciar na web do concello).

Os orzamentos deste ano dividense do seguinte xeito:


....................................2009 .................. 2010
Entidade local ......30.470.027, 17€ .......24.302.690, 77€
O.A. Terra ............ 5.222.000,00€ .........4.447.000,00€
O.A. Xerencia .........2.753.631,31€ ........ 3.638.736,85€
NAUTA................... 12.275.536,30€ ... ... 12.275.536,30€
INSULA ...................10.994.901,74€ ....... 10.418.917,34€

Sumatorio provisional 61.716.096,52€ ....55.082.881,26€
Eliminacións internas -6.468.631.31€ .....-6.822.773,05€
TOTAL ORZAMENTO 55.247.465,21€ ....48.260.108,21€



A diferencia entre o 2009 e 2010 traducese nunha minoración de 6.987.357 €, mantendo asi a tónica destes últimos anos que logo de ter un orzamento de 114 millóns de euros cada ano vai disminuindo.
A realide deste concello traducese en que a capacidade orzamentaria deste concello situase o redor dos 30.000.000 millóns de euros. Calquer orzamento que supere os 40.000.000 é un orzamento inflado e irreal para poder presumir cara a galería.
Si os 48.260.108,21€ lle restamos os 10.418.917,34€ de INSULA e restamoslle algunha partida en investimentos que non se vai executar acercariamonos a realidade orzamentaria do concello.
Outro dato significativo é que as cifras de NAUTA son as mesmas para o 2010 e para o 2009, vamos que se limitaron a copiar o do ano 2009.

Tan pronto teña máis datos xa os colgarei.


viernes, 27 de noviembre de 2009

Apareceu o convenio

Ao final hoxe resolveuse o conflito cos sindicatos: a firma dun convenio o luns.

Este é parte do comunicado de prensa: " Los sindicatos representados en la Mesa de Negociación del Ayuntamiento pontevedrés de Sanxenxo esperan firmar, el próximo lunes, un documento que garantice la convocatoria de plazas de promoción interna en 2010.

Este documento, que deberá ser certificado por la alcaldesa de Sanxenxo y el concejal de personal, incluirá la convocatoria adicional de alrededor de 29 plazas pendientes de la Oferta Pública de Empleo (OPE) de 2007, según un comunicado de los sindicatos CCOO, CIG, CSIF y UGT.

Con la firma de este escrito, que se anexará al acta de la Mesa de Negociación, los sindicatos esperan poner fin a los conflictos surgidos con esta Administración local por su "falta de predisposición" al diálogo."

Salvador hoxe ofreceulles ese trato, agora hai que agardar para ver si cumplen co que tiñan previsto os sindicatos entre outras cousas ir ao pleno. Claro que por eso se dou tanta presa hoxe Salvador en anunciar este trato para evitar que dita protesta se producira o lúns, xa que vendo as declaracións destes días e o pouco dialogo que había que de repente aparezca hoxe co convenio, uiiiiiiiii, a min dame que esto é para calar bocas. Pero xa veremos.


jueves, 26 de noviembre de 2009

A casa en ruinas coñecese en toda Galicia.

Deixovos o vídeo da nova que saeu na TVG falando da casa en ruinas da que hai uns días colguei as fotos.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Como di o presentador: a casa esta ne ruinas e afea a coñecida como vila turística por excelencia.

Xa pode estar contento o concelleiro de Medioambiente e o de Urbanismo por permitir que semellante situación sexa vista pola tele. E non digades que non sabiades nada porque esto levase denunciando hai máis dun ano, pero claro como certos expedientes se perden na Xerencia de Urbanismo, ¿¿casualidade ?? NON, desgoberno e falta de xestión.

Pero a vara do raseiro é moi distinta, so hai que escoitar as medidas tomadas na casa cuartel de Noalla.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A unhas abrimos expediente de ruina e derribo e noutras facemos a vista gorda. Sei que hai moitas casas en estado ruinoso repartidas por todo o concello, pero o deber do concello é tratar a todas por igual, e si hai denuncias dos veciños darlle a atención debida, non perder as denuncias e os expedientes.

Para saber porque non se pode tirar a casa cuartel de Noalla pincha aqui..

A mediodía


Hoxe as 12 da maña os sindicatos ian facer unha rolda de prensa no concello para explicar as súas demandas e aclarar o porque das súas protestas, pedindo o salón de plenos.

Pero claro xa a alcaldesa programou un acto paralelo: "a visita institucional de Louzán", que ben para volver a presentar o tan sonado aparcadoiro da rúa Luis Rocafort.

Para recordar as diversas presentacións deste proxecto vos deixo un par de enlaces:

* Un nuevo párking liberará en Sanxenxo 600 plazas para aparcar de data do 17/9/2008
* El parking de Luis Rocafort tendrá 600 plazas y las obras comenzarán en otoño do 28/2/2009.

Si o final en Sanxenxo van sobrar aparcadoiros xa que Insula presenta nos seus orzamentos a construción de un aparcadoiro en Sanxenxo e outro en Portonovo.
O primordial e arranxar a rúa Luis Rocafort que da pena ver esa rúa no estado en que se atopa e sendo unha das vías principais de acceso a Silgar.

Por outra banda o concello agora prioriza os aparcadoiros frente a obras necesarias como as garderías ou a ampliación do colexio de Dorrón, estaran agardando de que o colexio caia para incluilo no novo rexistro que crearon, rexistro do que falarei estes días, que non me esquezo, ou o colexio de Vilalonga que esta masificado e necesitase un novo debido a antigüedade das instalacións e do seu estado.

Pero claro a solución foi darlle unha aula do Pazo Emilia Pardo Bazán para que os sindicatos fixeran a rolda de prensa e así non andar molestando polo concello durante a visita de Louzán, pero según as últimas noticias que teño é que se suspende esa rolda pero van protestar igual no concello.

Agardando por un par de datos e ver o que pasa na rolda de prensa e na visita de Louzán sigo recopilando información.


miércoles, 25 de noviembre de 2009

O salvapatrias

Hai tempo que o que sae hoxe no Diario de Arousa moitos xa o sabiamos:

"La negociación con los trabajadores no parece ser una de las cualidades de Salvador Durán, edil de Personal" o fin moitos se dan conta, máis vale tarde ca nunca. Como contei onte o luns os sindicatos levantaronse no medio da reunión. Inda que lle podemos recoñecer o merito de unir aos sindicatos: "Pocas veces las centrales sindicales logran unificar su postura ante un conflicto, pero en Sanxenxo lo hicieron. El comité de empresa del Concello y los representantes de l
os trabajadores en la administración local dejaron el pasado lunes con la palabra en la voca al concejal de Persoal, Salvador Durán, cuando éste les presentaba el presupuesto para el próximo año. Y es que el documento no sólo no convence a los trabajadores, sino que lo tachan de “tomadura de pelo”." Que o documento é unha tomadura de pelo ninguén o dúbida, pero o de Salvador empeza a clamar o ceo pero como agora o deixan de Alcalde-sustituto pois xa pensa que ten a razón.

Según me contaron hoxe a 1 da tarde vai a ver unha concentración de traballadores na entrada do concello para comenzas protestas e facerse oir.

"“En 2008 conseguimos o compromiso de Durán de que se farían fixas 29 prazas, e isto iríase regularizando nos tres próximos exercicios. A día de hoxe non se fixo nada, nin aparece nada previsto no orzamento do vindeiro ano, e isto parécenos unha burla aos traballadores”," e como pensedes que pensa facer algo, mal imos, xa que a política de persoal de Salvador é a de prometer e prometer pero logo na de na.

Pero mentres "Salvador Durán criticó también la “frivolidad” con la que desde los sindicatos se están tratando las cuestiones relativas al personal municipal en un momento especialmente complejo “no que moitas familias deste concello están a sufrir as consecuencias da crise económica mentres outros reclaman melloras dende unha posición privilexiada”." ajajajajaj, moitas familias estan a pasalo mal mentres el e o resto de concelleiros do PP ben que enchen os petos co soldo que se puxeron e so intentan aguantar o ano e pico que lles queda no posto, pero políticas de emprego non a fan porque non saben. Pois hoxe cando se senten a comer o cocido no Mardivino os 4 "asesores empresarios" podenlle dar ideas, uii vai ser que algún mellor non dea ideas porque inda lle custa manter as suas empresas.

Día contra a Violencia De Xenero

Hoxe é o día contra a Violencia de Xenero por iso quero deixar unha canción adicada a muller.




A tódolas mulleres que padecen males polo so feito de nacer muller.

LETRA:
A meu gaiteriño, /ainda me acordo, /cando baixabas polo monte abaixo,/e viñasme ti dicindo.

Bota carne no pote, Marianiña, /bota carne no pote, Marianá, /un molete enteiro. /enservelletado, /unha bota con viño, chupáená!

Muller, fartura de loita /qué che hei decire eu, muller?! /Ti és coma a terra nosa, /e a terra é coma ti é!

Deixeivos a entrambas soias /anque convosco quedei /Valeira está a terra, morna /ti, sementada, abofé. (bis)

E o vento decia /pronto hai de volver!, /pra tira-la fame, pra poder comer... (bis)

Ai, muller, cántas noitiñas, /te deitaches coa tristura?,/e o vento, frio traguía,/as novas dos que marmuran.

E o vento decia,/pronto hei de volver...

RECITADO FINAL:
Ti és o milagre da terra /e, a terra é un milagre teu /mistura de mel e cerna/de fera e de anxo do ceo.

Pariches de pé o fillo, /como fan no monte as bestas. /E hoxe que volto vencido,/para que eu venza ti te deitas.

O voltar, qué che hei decir?!/Maldito o día e a hora /en que te deixei aquí /pra percurar vida fora! /O inverno da emigración /roubóunos a primavera, /quén eu era, xa non son, /e ti non és a que eras!
Xa poden os leiros dar /colleitas ben abondosas, /poden en Madrí falar /con palabras ben fermosas, /que nunca nos han de pagar /a nosa fame de outrora!

E O VENTO DECíA, /PRONTO HEI DE VOLVER / PRA TIRA-LA FAME,/PRA PODER COMER...

martes, 24 de noviembre de 2009

Dous pes para un banco

Hoxe non podia deixar de comentar as novas que nos ofreceron os doús concelleiros do PP:

1º vou con Salvador xa que sae na prensa prensentando os orzamentos do 2010 en lugar da concelleira de Facenda que anda tan perdida como Paz e Martín, inda terei que chamar a Lobatón para ver si os topa. Salvador di o seguinte: " el edil durante la presentación de las cuentas relativas a la partida de personal a las distintas Mesas de Negociación, tanto de la entidad local como de sus organismos autónomos, que tuvo lugar esta mañana y en la que Durán recordó la fuerte caída de ingresos experimentada en 2009, superior a los 4,5 millones de euros que, sumados al descenso previsto para 2010, cifrado en unos 2 millones de euros “contabilizan unha perda entorno aos 7 millóns en dous anos”.Ante este escenario y “nun exercicio de sensatez e responsabilidade tamén debemos adaptar a estas circunstancias a partida destinada a persoal”" pero o que non dis que nesta reunión cos sindicatos rematou como o rosario da aurora xa que supostamente estes levantaronse da reunión cando lles dixeste que nada de pagar as horas extras e algúns complementos como o de Nocturnidade. Deixaronte coa palabra na boca. Veremos como responden os sindicatos.
Por outra banda dis: "Los primeros en dar ejemplo han sido, pues, los miembros del equipo de Gobierno que han eliminado de las cuentas para 2010 cuantías como las reservadas al salario de la concejala de Cultura, que renunció este año al sueldo municipal cuando fue nombrada senadora, o las destinadas a otros altos cargos como asesor de la alcaldía o coordinador de la Xerencia Municipal de Urbanismo, puestos que desaparecen." Que fácil é dar exemplo a conta dos demais, a senadora renunciou ao soldo no 2009 porque non pode compatibilizar os dous e o do senado e maior. E os que estan despedidos claro que non van cobrar no 2010 hai chegaría o conto. Conta outra que esa non cola.

2º agora vou con Angel e as súas declaracións no Diario de Arousa. Hai temas que sinon se saben defender mellor estar coa boca pechada.
a) "Nauta Sanxenxo non dispón de ningún local que poida albergar este organismo autónomo, pois están ocupados e xerando rendibilidade para os veciños deste concello”." En Nauta hai locais baleiros, so falta mirar para o que ocupaba SEDESA.
b)"“o Goberno do Partido Popular quen promoveu unha política de aforro de alugueres, a través da adquisición de patrimonio público ata entón inexistente, e que permitiu instalar servizos municipais, como por exemplo as bibliotecas, en locais agora públicos”." Si moito aforro so falta ver os 4 alugueiros que se pagan en Vilalonga mentras a Telleira esta pechada.
c)" “plan que quedou aparcado de momento grazas á lei dos 500 metros do BNG e do PSOE, que impediu que puidesen saír adiante inxustificadamente desenrolos na vila de Sanxenxo nos que o Concello obtería aproveitamentos como baixos, feito que favorecería a reubicación da Xerencia nun local propio" jajaja, a mesma lei que o PP prorrogou inda que podia derogala como fixo con outras.
Angel botarlle a culpa o Bipartito xa non ten sentido xa que no 2004 gobernaba a Xunta o PP e ademáis a Xunta non ten competencias nos alugueiros de locais para a administración local, senón que é competencia do concello, esto soname a escusa de mal pagador, a que non che quedou máis remedio que sair na prensa e claro seguimos botandolle a culpa ao bipartito cando xa non esta gobernando.
Xa sei que vos queda ano e pico e logo a vivir das rentas dos froitos destes últimos catro anos vivindo a conta dos veciños, recordade que todo ten un principio e un fin, o voso pode ser no 2011. O final o epitafio deste grupo debería ser: "Si yazco aqui es por culpa del bipartito".

Vou seguir cantando a canción preferida do PP: Vamos a contar mentiras, tralara, vamos a contar mentiras, ....

AMPLIACIÓN AS 19:45
Claro que Salvador vai sair maña na prensa dicindo: ""O feito de que os dirixentes sindicais convoquen aos funcionarios e ao persoal laboral do Concello de Sanxenxo a participar nunha asemblea xeral en horario de traballo é un exemplo máis da irresponsabilidade que veñen amosando, ademais dunha falta de respecto á institución e aos veciños", señaló esta mañana el concejal de Personal del Concello de Sanxenxo al conocer la convocatoria realizada conjuntamente por CC.OO., CIG y UGT." E digo eu: non é a mesma falta de respeto que práctica o seu equipo ao poñer un pleno un luns as 9:30 da maña cando a maioria dos veciños estan en horario laboral, incluido os membros da oposición, ou ¿acaso as normas cívicas son para algúns sos?