jueves, 9 de septiembre de 2010

Como aparcar en Sanxenxo?

Xa estamos en setembro e parece que os problemas de aparcamento inda non estan solucionados.











Estas fotos son de hoxe a maña, os coches aparcan enriba da praza dos Barcos a pesares de estar o aparcamento a escasos metros.
Eu a verdade é que levo días sin ver a grúa por Sanxenxo ou Portonovo e claro a comodidade é total mentras a Policía Local en vez de estar patrullando pola vila a saber onde andaran.

Algúns estarán na oficina porque cando vas ali sempre hai uns cantos e hoxe a lo menos dous estaban a 1:30 na carretera da Adina, antes da frábica de Leiro, co multamóvil simulando unha avería. Tiñan o capo do coche levantado mentras un estaba sentado no asento do copiloto e o outro na acera apoiado na ventanilla do copiloto de chachara. O menos si simlan unha avería que se poñan a mirar para o motor do coche e mancharse un pouco as mans de graxa que apoiados na ventanilla so fan o paripé.

Pero sigamos falando dos aparcamentos. Todos sabemos que en Sanxenxo son escasos e as prazas de estacionamento libres cada vez son memos.
En Sanxenxo temos 2 aparcamentos privados: o municipal, que se gasta unhas tarifas altas comparados a outros noutras vilas de similares características ou cos de Pontevedra e Vigo.
E por outro lado temos o de Fonte de Ramos, con tarifas máis baratas e igual de céntrico que o municipal.
E logo temos frente o hotel Terraza a leira cedida ao equipo de fútbol para recaudar algúns cartos.
E logo temos un aparcarmento gratuíto detras da igrexa de Sanxenxo, algo descoidado, pero que é o máis usado para facer as compras na praza de abastos.

En Portonovo hai dous aparcamentos xestionados por outro equipo de fútbol: o que esta xunta a rotondo de entrada da vila, preto a frábica de xeo de Leiro, e o outro situado cerca da praia de Canelas.
Estes aparcamentos son leiras acondionados para elo. O outro día comentabanme que o de Canelas o primer finde de setembro permaneceu pechado co que moitos que se achegaron a esa praia contando con esas prazas de aparcamento tiveron que buscar outras alternativas.

Polo tanto o debate é que si se conceden esas parcelas para dar un servizo público a vez que se recauda para o equipo non deberían estar regulados? Descoñezo si hai algún seguro de responsabilidade civil ou a implicación do concello pero si publicitan que hai eses aparcamentos non deberían controlar que funcionasen correctamente?

Que opinades?

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Pulgas en Portonovo.

Si no verán en Vilalonga eran protagonistas as avespas agora tocalle o turno a Portonovo pola praga de pulgas.


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

lunes, 6 de septiembre de 2010

Reflexións detrás dunha barra

Hoxe quero deixar unha reflexión que me achegou un hostaleiro deste concello e no que formula algunhas preguntas moi interesantes:

Reflexión sobre o turismo en Sanxenxo


Eu son propietario dunha taberna,que paga os seus impostos todo o ano,e este veran deime de conta dunha cousa: E moito mais rentable dar todo de baixa e establecerse en plan pirata xa que, en calquer casa particular podese montar un restaurante e dar comidas a un modico e a veces non tan barato precio popular, vendo a calidade do servicio (Vexanse FURANCHOS E LOUREIROS).

En calquer quiosco de praia podes ver unha carta de comidas como en calquer restaurante,¿e unha cousa que eu non entendo? ¿Grifo de pedal ou de cobado?¿redes mosquiteiras? ¿Gomas no piso da cociña para que non resbales? ¿Temperaturas das neveras? E todas esas cousas que che pide Turismo e mais Sanidade ,¿non hay quen pida licencias de apertura dos locais e mais da sua actividade?.

Queremos un turismo de calidade e ¿Qué e o que lle ofrecemos? Por que, que nadie se equivoque pero Sanxenxo vive do turismo non da construcciòn, e esto esta quedando demostrado a partir de este ano, ¿A que fabricas podemos ir a traballar?.

Non quixera meter a pata a falar do que non sei pero eu creia que un Quiosco sò pode vender: Prensa, refrescos, helados, lambonadas ,e algun bocadillo envasado o vacio. Prohibese-lle por tanto calquer tipo de elaboración de comidas.

Non me vou a meter cos precios, nin tampouco co a cantidade de xente que traballa en eles nin de que maneira estan, xubilados o en estados hixienicos lamentables. Que non nos pase nada si algun destes furanchos arde ou que non haiga unha explosion de gas e que non pille a nadie dentro porque,¿Haber donde estan os papeis de industria destas instalacions ? ¿Por qué hay unha bombona de butano nun quiosco?.

Non vamos a falar tampouco dos FURGONETA -BAR que veñen cada pouco po-las praias a vender a sua mercadoria a precios tamen populares .

Tampouco quero quedar atrás sin falar das nosas famosas festas gastronomicas, que se supon adicada a un sò producto e ofertan unha gran cantidade e variedade productos que o fin a estrela da festa a que estaba adicada queda sò no cartel, sendo o churrasco,tortilla,paella (Moi tipica de Galicia) e os criollos os reis da festa para gusto dos bolsillos dos organizadores.

Personalmente son dos que que quero o pè do meu negocio haixa mais empresas para facer unha competencia san pero, por favor ¿Cómo queremos ter servicios si en este pobo noso a mayoría dos negocios estan ilegais?

¿Seguimos na edade media neste concello? creo que si, o que mais e o que menos non vai, non quere ,non pode, denunciar a un veciño e eu son de estos, digo eu que cada un faga na sua casa o que queira mentres que a min non me moleste pero, ai ahora estame a ir a carteira a min e mais a moitos veciños de Sanxenxo, personalmente a miña facturacion de este ano baixoume moito respecto o ano pasado, e son moitos cartos, dan ganas de dar todo de baixa e ser pirata coma todos,ou ben ir o xulgado e denunciar con nombre e apellidos a todos estos locales, pero como vas a facelo si e a propia policia e concejales os que teñen que facer esto e velos dentro facendo as suas comidas e cenas de empresa.


¿Non hai inspectores de turismo,sanidade ? ou como e a miña opinion que e : como estos locais non existen non vamos a eles.

Un saúdo
.

sábado, 4 de septiembre de 2010

Narbón e Sanxenxo

Por todos é coñecido os numerosos pleitos urbanísticos aos que se enfronta o concello de Sanxenxo, o 90% destes casos son pleitados por José Luis Narbón. Dende a época de Telmo vense contratando asistencia xudírica externa para xestionar moitos dos pleitos.

E hoxe no País fai un bo resumo de quen é Jose Luis Narbón, a súa vinculación co PP de como pasou a de ser Director Xeral de Urbanismo na época de Cuiña a litigar contra a Xunta.

Aquí vos deixo unha parte do artigo:

" 84.600 euros al año de Sanxenxo

Las administraciones del Partido Popular están resultando un negocio rentable para José Luis Narbón, que el pasado 3 de marzo se hizo con un contrato con el Ayuntamiento de Sanxenxo por 84.600 euros al año. En este caso, el expediente se tramitó por procedimiento abierto, que contó con dos ofertas. Una ofrecía el servicio por 79.600 euros anuales. La alcaldesa, Catalina González, optó por la de Narbón.

En realidad, el ahora asesor de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras ya venía ejerciendo las labores que se le adjudicaron en este nuevo contrato, consistentes en la asistencia jurídica, emisión de dictámenes y asesoría general para la Gerencia de Urbanismo, sólo que hasta 2009 lo realizaba a través de su despacho. La colaboración de José Luis Narbón con el Ayuntamiento de Sanxenxo se remonta al mandato de Telmo Martín. Con este de alcalde también presidió la Gerencia de Urbanismo Encarnación Rivas, en la actualidad secretaria general de Ordenación del Territorio y Urbanismo.

Los contratos con el Ayuntamiento de Sanxenxo sucedieron a una larga trayectoria en los gobiernos de Manuel Fraga. En ellos, además de director general de Urbanismo, Narbón ejerció como vicepresidente de la Comisión Superior Urbanística de Galicia y del Instituto Galega da Vivenda e Solo, presidente de las cuatro comisiones provinciales de Urbanismo, y consejero de las Sociedades de Xestión Urbanística (Xestur) de Ourense y Pontevedra y de la Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal. También fue vocal de las comisiones gallegas de Medio Ambiente y de Equipamientos Comerciales."


Para seguir lendo premer aquí........... Narbón na Xunta

viernes, 3 de septiembre de 2010

Que tristura

Non hai unha sen dúas, e en Sanxenxo esto cumplese moi a miúdo. Si onte amosabamos un vertedoiro na entrada de Sanxenxo hoxe vamos amosar outro vertedoiro pero neste caso en Monte Faro, preto da entrada da pista que desemboca na carretera de Gondar que vai a capela de San Tomé.

Pois según o veciño que me envia as fotos, nese lugar sempre aparecen escombros, plásticos, .... a pesares de estar pegado a estrada.







Sendo un punto frecuente onde sempre se tira lixo non sei a que esperan para vixiar un pouco máis esta zona e outras do concello. Unha verdadeira tristura ver como esta quedando o noso concello.

jueves, 2 de septiembre de 2010

Novo Punto Limpo

Houbo un tempo no que entre a rúa Progreso e a avd. de Madrid estaba o río de Lavapanos, moitos dos nosos maiores lembran ese río. O estado actual deste emprazamento é o seguinte:










































Esta propiedade municipal esta feita unha escombrera e polo tanto a súa limpeza, conservación e coidade correspondelle o concello e o servizo de medio ambiente municipal. Claro que como esta tapiada o que pasa por diante non ve o lixo pero si pode tirar lixo dentro, vai chegar o día que rebose e sobresalga tanto a maleza como a basura e logo si que iran a limpar, e máis tratandose da entrada de Sanxenxo. Estas fotos foron enviadas por veciños farto de facer reclamacións, peticións e demáis e a medida que pasan os meses todo sigue igual.

Claro que hoxe anunciannos que en agosto recolleron 70.000 toneladas de lixo , tendo en conta o servizo deficiente co que contamos, e os vertedoiros incontrolados que hai polo concello non sei si este novo foco sera unha sucursal do Punto Limpo, zona de deposito de diversos materiais para que os veciños de Sanxenxo non teñan que trasladarse ata o Punto Limpo oficial.

Onde estaran os ríos de antaño? onde esta o río que cruzaba a Carabuxeira? Canalizados ou secados.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

Socorristas

A partir de hoxe so haberá 15 socorristas en Silgar, Canelas, Areas e Montalvo.

"«Tratamos, hace años, de firmar contratos durante los tres meses (julio, agosto y septiembre), pero fue imposible ya que la mayoría de los socorristas son estudiantes», precisó Antonio Folgada, responsable del Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.De hecho, de los 64 socorristas contratados a principios de verano, ahora solo quedan prestando servicio un total de 15. Los vigilantes cubrirán los arenales de mayor afluencia y riesgo. En este sentido, las playas de bandera azul de Silgar, Areas, Montalvo y Canelas todavía dispondrán de socorristas, apuntó Folgada." A Voz

Este ano houbo postos de socorrismo sin socorristas e agora resulta que a maioria das praias quedan sen este servizo, praias como a da Lanzada con numerosos usuarios e sendo unha praia con bandeira azul e con risco, pero claro como vixian os do Grove que se dean unha voltiña pola zona de Sanxenxo igual que estiveron facendo todo o verán, asi de paso aforramos un socorrista nesa zona.

Pois vai sendo hora que se empece a cambiar o xeito de contratación e primar aqueles que teñen dispoñibilidade de estar os 3 meses, co plan novo eliminanse os examés de setembro e so os que inda están polo plan vello teñen probas en setembro, agora que si me din que nestes 15 días despedindo a 50 persoas o aforro é sustancial a cousa cambia, pero cando se trata de vidas non se debe primar o aforro senón o servizo.
Para unhas cousas tan aforradores e para outros mans abertas.

Este verán foi o máis desastroso en xestión de praias e limpeza, xa non sei si é porque están xa en plan pasotismo e non teñen nin capacidade nin gañas e deixan que todo pase ata que chegue outubro.

PD: para quen non viu o pregón deste ano aqui vos deixo dous enlances para poder velo e xuzgar.
Parte 1 : http://www.youtube.com/watch?v=rSudpf-FxvE&feature=related
Parte 2 : http://www.youtube.com/watch?v=RfCQ3hqxXrg&feature=related