martes, 13 de octubre de 2009

Monte Faro. Cap. II

Continuando co tema de Monte Faro vamos a seguir dando datos:

* A edificabilidade de 0,48 é a que figura nun cadro do PXOM pero esta é sobre a superficie edificable, non sobre a totalidade do sector (metros edificables máis sistemas xerais adscritos), que é a que se considera á hora de aprobar, e pasa a ser do 0,136 (menor do 0,20, por iso Telmo pudo vender a esención de facer vivenda protexida).

* O campo de golf contaría cun tamaño de 650.000m2 e o Parque Natural de 875.000 m2.

* Os dous solos de Monte Faro figuran no PXOM como de INICIATIVA PUBLICA a desenvolver polo sistema de COMPENSACION pero logo Telmo pasounos a un sistema de COOPERACION a desenvolver por empresas privadas ¿porque?

* A 22 de novembro de 2006 no informe de valoración do SU14 firmado por Encarnación Rivas aparece o seguinte:

6.- Pola Mercantil “Mirador de Sanxenxo, S.L:”, que acredita representar a propiedade do 70’56% da superficie do sector, polo que conta coa lexitimación esixida nos artigos 74.c) e 155.1) daLei 9/2002, maniféstase a súa intención de levar a cabo a transformación urbanística do sector de Solo Urbanizable Nº 14 mediante a presentación do correspondente Plan Parcial, coa asignación do sistema de actuación por COMPENSACIÓN.

7.- En relación con todo o anteriormente sinalado, subliñar a grande complexidade da iniciativa a desenvolver, dada a magnitude do ámbito, a fragmentación do parcelario, as competencias sectoriais concorrentes (medio ambiente e desenvolvemento sostible, estradas,patrimonio, augas, confederación hidrográfica) e a propia complexidade técnica do documento derivada das determinacións contidas na Ficha de Características do P.X.O.M. e das reservas legalmente establecidas.

En consecuencia, e cánto á posibilidade de elección do sistema de actuación nos termos do artigo 127 da Lei 9/2002, á xuízo da que subscribe, semella procedente acceder ao sistema de actuación por Compensación.


Polo que se pode ler nestes artigos supostamente cambian de iniciativa pública a privada porque o concello é incapaz de desarrollar estes SU.

10.- Doutra banda, ponse asemade en cuestión a esixencia de reserva do 20% da edificabilidade residencial para a promoción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública, toda vez que ao abeiro do establecido no artigo 64.f) da Lei 9/2002, cando a edificabilidade total do sector non supere os 0’20 m2 ( no caso que nos ocupa a edificabilidade total do sector é de 0’136) o Plan Parcial poderá suprimir esa reserva.

11.- A eses efectos, cómpre sinalar que pola Xunta de Compensación do S.U. 9, sector no que concorren as mesmas circunstancias de edificabilidade, solicitouse a mesma exención, sen que pola Presidencia desta Xerencia se accedese.

Elévase ante a Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo, PROPOSTA de:

1.- Prestar conformidade ao desenvolvemento do Solo Urbanizable Nº 14 pola Mercantil “MIRADOR DE SANXENXO, S.L.” mediante o sistema de actuación por Compensación.

2.- Prestar aprobación á valoración estimada de 4.797.796 € (Catro millóns, setecentos noventa e sete mil, setecentos noventa e seis euros) sobre a exención da obriga de reserva de edificabilidade destinada a vivenda suxeita a protección.”

* O redactor do PXOM foi Roberto AYA e que casualidade que o é tamén o redactor dos dous Plans Parciais, moita casualidade.

* No seguinte capitulo explicarei con detalle a valoración que fixeron e de porque eximiron a estes SU de facer vivenda con algún tipo de protección e agora din que eses cartos foron donados xenerosamente polas empresas.

* ¿Cal foi o primer contacto de Sanxenxo con Valencia? Pois foi con motivo da catastrofe do PRESTIGE, a maioria dos voluntarios que estiveron por esta zona eran de Valencia co cal Eduardo Zaplana en visita por Sanxenxo quixo que se recordasen eses feitos e para iso nada mellor que contribuir co concello: O PARQUE DE MAJOR.

domingo, 11 de octubre de 2009

Cando o raposo coida o galiñeiro.....

Hai cousa dun mes a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, máis coñecida como APLU, impoñía unha multa contra a nave que hai en Noalla por ser incompatible co ordenamento urbanístico vixente e, polo tanto, impide a actividade industrial que nela se realiza e ordena a reposición dos bens afectados ao estado anterior.

Pero esta non é a única investigación urbanística que este organismo ten en Sanxenxo. O que moitos non saben é que a directora desta Axencia é Encarnación Rivas Díaz, a ex-xerente da Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo, a mesma que cando sucedeu Catalina a Telmo na alcaldía ó día seguinte da toma de posesión Encarna foi destituída do seu cargo.

Logo do súa destitución fulminante como xerente, e desamparada tralo despido e ter que volver ó seu posto como arquitecta no concello de Pontevedra, o amigo Louzán a contrata nun posto a medida na Deputación de Pontevedra esperando dar o salto á Xunta co cambio de goberno. Salto que se produciu ó ser nomeada secretaria xeral de ordenación do territorio, presidir a APLU e vogal do consello de administración do ente público de Portos de Galicia e vogal da autoridade portuaria de Marín e da Ría de Pontevedra.
Se Catalina non a cría capacitada para o cargo de xerente da Xerencia de Urbanismo de Sanxenxo, agora parece que está capacitada para velar polo urbanismo de Galicia. Sigue lendo...

sábado, 10 de octubre de 2009

Monte Faro. Cap. I


Estes días Sanxenxo estivo saindo na prensa ligado o caso Gúrthel xa que en Monte Faro a empresa SEDESA é a urbanizadora do SU14. Por iso hoxe vamos facer un pouco de memoria e dar algunha pincelada.

* 26 de febreiro do 2002: Telmo anuncia a súa intención de que en Sanxenxo haixa un campo de golf.

* O 20 de marzo do 2003: no BOP publicase a aprobación do PXOM de Sanxenxo. Na páxina 3 aparece a relación dos SU que se van a desenvolver en Sanxenxo e aparece a seguinte anotación: “os números 13 e 14 serán desenvoltos polo Concello”. Na páxina 18 aparecen os aprovietamentos dos SU:
+ SU13: superficie 299.175m2. Vivenda colectiva: 64.622m2, individual: 64.622m2. Campo de golf. Sector Hoteleiro / terciario: 14.360 m. Edificabilidade 0,48. Sistemas Xer. Ads, 897.525m2. Nº de vivendas: 1.436
+ SU14: superficie 336.901m2. Vivenda colectiva: 72.770m2, individual: 72.770m2. Parque Natural. Sector hoteleiro / terciario: 16.171 m. Edificabilidade 0,48. Sistemas Xer. Ads, 1.010.073m2. Nº de vivendas: 1.347

* 7 de setembro de 2005: presentación do proxecto do campo de golf aos medios de comunicación por Telmo Martín e Encarna Rivas.

*15 de decembro do 2006: Mirador de Sanxenxo SL recibe o visto bo para a promoción do 1.377.928 m2 do SU14 por parte do Alcalde Telmo Martin e sendo xerente de Urbanismo Encarna Rivas actual Directora Xeral de Urbanismo.

*13 de abril do 2007: publicación no DOG de Plan Parcial en desenvolvemento do SU14 presentado por Mirador de Sanxenxo Sl.

* O 27 de setembro do 2007: a Xerencia de Urbanismo da vía libre a aprobación inicial do proxecto de estatutos e as bases de actuación do SU 14.

* Maio do 2009: No DOG sae o informe medioambiental presentado polo concello o 30 de marzo, a Consellería de Medioambiente rechaza as dúas urbanizacións de Monte Faro.


*10 de setembro de 2009: No DOG publicase a aprobación definitiva do plan parcial do SU14. Aqui resaltar un parrafo do punto terceiro que aparece no documento é do que máis adiante falarei: "a) Que a cesión en metálico efectuada a favor da Administración como consecuencia dos actos xurídicos citados na proposta de convenio foi efectuada voluntariamente polo conveniente privado no marco dos dez días outorgados pola resolución da Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo do 15 de decembro de 2006." ¿VOLUNTARIAMENTE?

O 70% deste solo pertence a Mirador de Sanxenxo SL pertencente ao grupo SEDESA, empresa que xestionan Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escribá, irmán e sobriño do ex-conselleiro de Agricultra da Generalitat Valenciana. O concello exime a esta promotora de construír 250 vivendas de protección a cambio de 3,8 millóns de euros.


Enlaces a visitar:
Polémico campo de golf en Sanxenxo.
Magnates do golf en Sanxenxo.
Os Cotino en Sanxenxo.
A Inmobiliaria Mirador de Sanxenxo abandona Sanxenxo.

*

viernes, 9 de octubre de 2009

Gürthel. Capitulo II

Hai uns días colgaba un artigo no que saian recortes de prensa onde se mencionaba a Sanxenxo xunto o nome de SEDESA e trama do caso GÜRTHEL, pois en esto non acaba máis que comenzar.
Por eso hoxe vou subir os datos recopilados onte e que saian noutros medios.
"Con respecto á súa posible coincidencia temporal con Pablo Crespo no Consello de Administración de Portos de Galicia, Telmo Martín asegurou que non recorda coincidir con el en ningunha reunión, xa que "cando eu entrei en política en 1999, el xa deixara de ter responsabilidades no partido" e insistiu en que "non teño ningunha relación persoal con el"." (Diario de Pontevedra)

Esta noticia ven despois de que aparecese o seguinte cadro no Xornal e como proba de que Feijoo continua mentindo cando di que non sabía nada de que Crespo era vogal do Consello de Administración de Portos de Galicia ata o 2005 cando foi destituido polo bipartito, Telmo tamén era vogal desta entidade, pero o máis curioso é que ¿como podes ter a un equipo de xente nun consello de administración e non saber quenes son? vamos como non aparecia debian pensar que non existia.
(preme na foto para ampliala)

Pero hoxe tamén quero facermo eco da nova que sacan os noso amigos do blog http://feijoomente.blogaliza.org/ e no que se fala da VOLVO OCEAN RACE 2005 e no que podemos ler datos como estes:
"Pilar Rojo era a Conselleira responsábel do ramo de deportes na altura de 2003-2005. Ao seu servizo tiña, como secretario xeral para o Deporte, a Lete Lasa, actual secretario. Lembremos, máis unha vez, que Lete Lasa tivo que ser rescatado apresuradamente desde Madrid por Feijóo, onde era director xeral para o Deporte baixo a dependencia directísima do Consejero Alberto López Viejo, capo da trama Gürthel en Madrid. Recuperados sen dúvida os competentes servizos de Lete Lasa, este tomou xa por asalto o buque insignia do gasto graciable da Xunta: os patrocinios do Xacobeo. Pero non adiantemos acontecementos." Preme para seguir lendo...

As veces é bo facer algo de memoria e recordar os cadáveres que un pode ir deixando polo camiño pois sinón están ben enterrados sempre poden aparecer en calquer momento. Por iso no próximo artigo recopilarei datos dos que hoxe volven ser actualidade.


miércoles, 7 de octubre de 2009

Blogocampaña 2009 contra a Pornografía Infantil

O 20 de novembro é o Día Universal do Neno, e dende este blog sumome a campaña contra a Pornografía Infantil.
Ese día este vídeo estara presente neste blog.



Máis información en: http://lahuelladigital.blogspot.com/2009/10/por-favor-no-nos-falles.html

martes, 6 de octubre de 2009

Foto denuncia

Hoxe vou colgar as fotos que me achegaron por mail o día 3 de outubro co seguinte texto:

estas fotos fueron tomadas a última hora de la tarde de hoy. mando una en la que se ve a un buen número de turistas caminando, para que no digan que no había gente. Una vergüenza, bolsas de basura, gaviotas comiendo los desperdicios orgánicos, restos de marisco. Alguien tendría que irse a la calle y dejar su concejalía. Á lo mejor también habría que tirar a algún hostelero al mar.






Grazas M.O.O. polo envio das fotos. Esta situación non é nova e xa non so as bolsas de basura senon o cheiro que hai nesa zona e a suciedade que queda, pois podese comprobar nas fotos como estan as lousas do chan.

OS DATOS:
No pleno do 26/08/09 levouse a modificación do contrato da recollida de lixos e limpeza viaria por parte da empresa "URBASER" na cal se contempla o seguinte:

"“Co obxecto de mellorar o servizo de recollida de lixo analizouse coa empresa adxudicataria “Urbaser, S.A.” unha serie de medidas de ampliación e reforzo do mesmo.
Estas medidas son a recollida de lixo polas tardes en zonas de alta utilización e recollida do contorno do porto deportivo de Sanxenxo, o servizo de limpeza viaria nas zonas de alta utilización e un servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras.
A recollida de lixo polas tardes en zonas de alta utilización e no contorno do porto deportivo de Sanxenxo tería un custo de
7.651,75 euros/mes (IVE incluído) durante os meses de xullo, agosto e setembro.
O servizo de limpeza viaria nas zonas de alta utilización, polas tardes, tería un custo de 3.664,93 euros/mes (IVE incluído) durante
os meses de xullo, agosto e setembro.
O servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras tería un custo de outubro a xuño, inclusive, de 7.400,57 euros/mes e
de 14.261,17 euros/mes nos meses de xullo, agosto e setembro. En ámbolos dous casos o IVE esta incluído nestas cantidades.
Deste xeito, o aumento total sería de 109.388,64 euros anuais e unha cifra rateada de 9.115,72 euros/mes, IVE incluído.
Analizado o expediente, o informe de fiscalización da intervención municipal e co fin de mellorar o servizo no seu conxunto, esta
alcaldía, propón ó Concello Pleno a adopción do seguinte acordo:
PRIMEIRO: aprobar un cuarto modificado do contrato asinado coa empresa “Urbaser, S.A.” para a recollida de lixo, facendo constar que esta modificación rexerá ata o remate definitivo do contrato cuxo vencemento é o día 31 de decembro de 2009, sen posibilidade algunha de prórroga."

Este contrato foi recurrido polo BNG entre outras cousas porque non foi un concurso aberto, senon que se concedeu este contrato a dedo.

Sometido o asunto a votación ofrece o seguinte resultado:
Votos a favor: Oito (Grupo do P.P.)
Votos en contra: Tres (Grupo municipal do B.N.G.)
Votos pola abstención: Tres (Grupo municipal socialista de Sanxenxo e grupo municipal mixto)
En consecuencia, proponse ao Pleno municipal a adopción do seguinte acordo:
PRIMEIRO: aprobar un cuarto modificado do contrato asinado coa empresa “Urbaser, S.A.” para a recollida de lixo, facendo constar que esta modificación rexerá ata o remate definitivo do contrato cuxo vencemento é o día 31 de decembro de 2009, sen posibilidade algunha de prórroga, polas seguintes contías (I.V.E. incluído):
- Recollida de lixo polas tardes en zonas de alta utilización e no contorno do porto deportivo de Sanxenxo: 22.955,25 euros (xullo, agosto e setembro).
- Servizo de limpeza viaria nas zonas de alta utilización, polas tardes: 10.994,79 euros (xullo, agosto e setembro).
- Servizo de mantemento, limpeza e baldeirado de papeleiras: 66.605,13 euros (outubro a xuño) e 42.783,51 euros (xullo, agosto e setembro).

O concello paga pero non vixía porque ¿co que se paga esa zona non podía estar máis limpa?

enlace da acta do pleno: preme aqui....


viernes, 2 de octubre de 2009

¿Gürtel en Sanxenxo?

Extracto da noticia que hoxe sae no Xornal:

"El dirigente del PP gallego Telmo Martín autorizó, cuando era alcalde de Sanxenxo, un proyecto inmobiliario a la promotora valenciana Sedesa, una de las empresas que figuran como implicadas en la trama Gürtel en los últimos informes policiales. El plan está ahora mismo paralizado por un documento de la Consellería de Medio Ambiente del bipartito, elaborado a comienzos de este mismo año, que alerta de que no respeta los valores naturales y paisajísticos del entorno.

En el PXOM de Sanxenxo de 2003, el grupo de gobierno de Martín calificó de urbanizables unos terrenos forestales en Monte Faro, a las afueras del municipio pontevedrés. Tras un extenso periodo de alegaciones y críticas por parte de la oposición, el Ayuntamiento dio luz verde en uno de los solares a un proyecto de la empresa Mirador de Sanxenxo, del grupo Sedesa.

El complejo constaba de más de 1.000 chalés y un campo de golf en el que también participaban otros promotores. Según los grupos de la oposición, el gobierno local les libró de la obligación de construir viviendas sociales. Xornal de Galicia se puso ayer en contacto con Telmo Martín, que declinó realizar declaraciones sobre este tema.

Finalmente, tras la presión ejercida por diversos colectivos vecinales y ecologistas, la anterior Xunta paralizó el proyecto, que además acumulaba un considerable retraso por la crisis económica."

Actualización: declaracións de Telmo:

"Martín, que se considera víctima de una "campaña" para desacreditarlo en Pontevedra --ya que actualmente aspira a la Alcaldía--, defendió que en su etapa de alcalde en Sanxenxo "no hubo ni una mínima irregularidad ni ilegalidad en ningún procedimiento", en referencia a las informaciones publicadas hoy en el periódico 'Xornal de Galicia'." Seguir lendo...


Esto é o que nos contan dende o Xornal, en breve colgarei tódolos datos que hai sobre este SU