viernes, 13 de enero de 2012

Os anticipos da deputación

A señora alcaldesa di que Sanxenxo é un concello solvente e dí que vai facer fronte as sentenzas que lle veñan inda que sexa a prazos.


Pero sin embargo nunha nota de prensa da deputación  lemos o seguinte:

A Deputación de Pontevedra anticipa mes a mes a seis concellos da comarca de Arousa 735.900 euros para que afronten gastos correntes e de tesourería
Rafael Louzán asinou o pasado venres unha operación de crédito de 30 millóns de euros para realizar estes anticipos ós 55 concellos adheridos ó ORAL na provincia.
A Deputación de Pontevedra anticipa mensualmente a seis concellos da comarcas de Arousa a cantidade total de 735.900 euros para que poidan afrontar gastos de Tesourería como pago de nóminas, proveedores, etc.
A citada cantidade é en concepto de adiantos dos cobros do IBI de urbana e especial, Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, IAE e outros que recada o Organismo de Recadación de Arbitrios e Taxas Locais (ORAL) pois os devanditos concellos teñen delegado este traballo no organismo autónomo da Deputación.
O importe que se anticipa a cada concello mes a mes é o resultado de dividir en doce partes as recadacións obtidas no ano anterior.
No exercicio de 2011, os seguintes 6 concellos da comarca de Arousa recibiron mensualmente 735.900 euros que foron repartidos nas seguintes cantidades pormenorizadas:
Cambados ( 114.918,16 euros); Meaño (53.811,20 euros); Meis (48.440,93 euros); Ribadumia ( 51.312,47 euros); Sanxenxo (388.927,34 euros); e Vilanova de Arousa ( 78.492,12 euros).

Entón a pregunta é: si Sanxenxo é un concello solvente para que precisa estos anticipos?