domingo, 15 de noviembre de 2009

Os Locais e Dorrón

Neste dia chuvioso vamos facer un resumo das novas deste fin de semana:

“Un total de 18 agentes de la Policía Local de Sanxenxo han percibido un total de 54.420 euros en concepto de gratificaciones por los refuerzos y guardias realizados durante los fines de semana del verano de 2009.Otros 25 agentes recibieron 25.047 euros por trabajos nocturnos. ” (Diario de Arousa) ¿como se pode cobrar máis de 6.000 euros por traballar sobre uns 8 fins de semana durante 3 meses? 3 meses é a duración do verán. Primeiro hai que empezar a dicir que estas cifras son aparte do soldo que teñen, sendo a de Sanxenxo unha das mellores policias locais pagadas.
Vamos a ver: si se contratan auxiliares para axudar na tempada de verán ¿como se poden pagar esas cifras? Porque con 6.000 euros se pode contratar unha persoa durante 6 meses e dar mellor servizo aos veciños pero claro é mellor pagarlle os de sempre ¿para mantelos calados? Xa que hai un ano ben que despotricaban contra Salvador pedindo que se convocaran as oposicións para sacar as prazas fixas e que se repartisen estas horas extras e agora todo esta calado: “El retraso en los pagos de las gratificaciones y la exclusión de algunos agentes a la hora de hacer refuerzos o guardias provocó en 2008 que parte de la plantilla remitiese un escrito de protesta a Salvador Durán, edil de Seguridad ”. Pero como van a levantar a voz, si algún traballon 4 fins de semana se levanta un sobresoldo arredor de 3.600 euros e o mellor estando no seu mes de vacacións. Pero claro esta é a pescadilla que se morde a cola: os sindicalistas e xefes con sobresoldos mentras os novatos coa boca pechada non os vaian mandar a facer os traballos que nadie quere facer, e que non se pode comparar o de patear as rúas a estar sentado pendente do teléfono.

Pero o maís irrisorio desto é que durante o verán foron 18 axentes para facer os reforzos cun importe de 54.420€ e durante o segundo trimeste do ano forn 25 por un total de 25.047€, moito se cotizan as horas extras en verán. Vamos que con traballar 3 meses podes sacar o xornal que a calquera veciño lle custa gañar un ano como media. Para que logo no verán os chames para decirlle que hai mozos facendo botellón por Portonovo e nin se dignan en aparecer e inda as veces dicen que son poucos para tantos mozos. O que hai que facer é optimizar recursos e deixarse de pagar “gratificacións.” E Salvador recorda que despois da calma ven a tempestade e por pagarlle a algúns non significa que o reste vaia permanecer a un lado.
El Concello de Sanxenxo construirá un muro de contención en la carretera de Reis, en Padriñán. “Con esta actuación pretendemos evitar posibles derrubamentos da estrada, pois durante o temporal do pasado mes de xaneiro o muro existente sufriu un desprendemento nunha das súas marxes quedando nun estado de risco tanto para os peóns como para o tráfico rodado”, afirmó el Tino.” Vamos a ver Tino, esta obra xa debería estar feita xa que si o primer derrumbe data de xaneiro e estamos a novembro, claro e que viches que empezou a chover e non vai ser. Vamos aquí seguimos esperando ata o último día e por sorte nunca pasou nada porque o responsable seria o concello. Non se pode consentir tanta deixadez, senón queredes traballar pois pa casa.

E vamos seguir con Tino xa que últimamente é o máis mediatico de todos: “El gobierno estudia dedicar parte del terreno adquirido para la ampliación del CEIP Magaláns a la construcción de una nueva Casa de Cultura “ xa que a responsable de educación e de cultura debe andar polos madriles e non vai a posicionarse non se lle vaia estropear a carreira política vamos a aclararlle un par de conceptos a Tino. Primeiro asfaltades un terro para que se poida aparcar xunto o colexio e agora saides anunciando que lle vades a preguntar a Xunta canto terreo se necesita para a ampliación, non sei si nos tomades por parbos ou que andades a facer xa que en primeiro lugar actualmente a Xunta non contempla a ampliación de colexio, logo vades vos e adquirides terreos para a ampliación que pensabades necesaria, e inda falta algún terreo por adquirir, e agora resulta que vades facer unha casa de cultura.
Mira Tino neste momento so podo dicir: JAJAJAJAAJAJAJAJA, porque non se pode mintir en tampouco espazo, xa que inda non sodes capaz de facer as infraestructuras comprometidas hai anos, logo decides que os despidos da Xerencia son debidos a crisis e agora pensades que a casa de cultura vai colar, a día de hoxe sabes que a poucos veciños de Dorrón podes enganar. E falando do colexio ¿que pensa a Anpa desta redución de terreos? Moi contentos estaban co asfaltado do terreo e claro deronlle unha de area por 4 de cal. Porque a ampliación debera contemplar espazos de esparcemento para os nenos ¿ou pensan que con facer 4 aulas xa o pobo lles vai aplaudir?.

Pero xa sabemos que Sanxenxo é especial, antes era un concello Rico agora é simplemente un concello de papel couché.